{"id":12555,"date":"2017-06-23T00:00:00","date_gmt":"2017-06-23T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12555"},"modified":"2023-09-28T08:19:03","modified_gmt":"2023-09-28T08:19:03","slug":"a-deputacion-de-lugo-contrata-o-alumeado-do-paseo-do-rato-e-acada-un-aforro-de-615-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-de-lugo-contrata-o-alumeado-do-paseo-do-rato-e-acada-un-aforro-de-615-000-euros\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n de Lugo contrata o alumeado do Paseo do Rato e acada un aforro de 615.000 euros"},"content":{"rendered":"<p>O Executivo Provincial aprobou hoxe na Xunta de Goberno a adxudicaci\u00f3n destes traballos con 750.000 euros dos 1,4 mill\u00f3ns comprometido. O aforro permite levar novas melloras \u00e1 zona<br \/>\n&#8211; En 15 d\u00edas, comezar\u00e1n as obras nun treito de 7 quil\u00f3metros, situando 252 farolas e 283 luminarias LED. M\u00e1is seguridade na estrada tam\u00e9n con 1.500 metros de biondas<br \/>\n&#8211; Un sistema inform\u00e1tico permitir\u00e1 controlar os puntos de luz e regular a s\u00faa intensidade para aforrar custos e adaptalos \u00e1s condici\u00f3ns climatol\u00f3xicas<br \/>\nO Goberno da Deputaci\u00f3n contrata o alumeado do Paseo do Rato e acada un aforro de 615.000 euros<br \/>\nO voceiro do Goberno da Deputaci\u00f3n, \u00c1lvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno de hoxe a contrataci\u00f3n das obras de dotaci\u00f3n de novo alumeado p\u00fablico ao paseo do R\u00edo Rato e \u00e1 estrada LU-P-2925.Estas actuaci\u00f3ns, que, previsiblemente, comezar\u00e1n en 15 d\u00edas, foron adxudicadas con 750.000 euros. Santos Ramos explicou que \u201cdestinamos a estes traballos 1,4 mill\u00f3ns de euros e conseguimos un aforro de 615.000 euros no proceso de adxudicaci\u00f3n, que nos permite levar m\u00e1is mellora \u00e1 zona\u201d. Foron 22 as empresas que participaron neste proceso p\u00fablico de contrataci\u00f3n. As obras levaranse a cabo nun treito de 7 quil\u00f3metros, concretamente entre a Avenida de Madrid e o parque do Sagrado Coraz\u00f3n. Ser\u00e1n un total de 283 novos puntos de luz LED ecol\u00f3xicos, dos que 103 se instalar\u00e1n na estrada e 144 no paseo. A s\u00faa intensidade oscilar\u00e1 entre os 179 e os 12,5 vatios, tendo en conta a s\u00faa ubicaci\u00f3n, para respectar o medio ambiente. Colocaranse outros 3 proxectores no t\u00fanel que hai debaixo da rotonda do parque. Tam\u00e9n se instalar\u00e1 un sistema inform\u00e1tico que permitir\u00e1 controlar cada un dos 283 puntos de luz, as\u00ed como regular a s\u00faa intensidade lum\u00ednica co fin de aforrar custos ao poder adaptala \u00e1s condici\u00f3ns climatol\u00f3xicas.Para a colocaci\u00f3n dos puntos de luz, instalaranse 252 farolas de cor neutra para reducir o impacto ambiental, e a unha distancia entre as mesmas de 25 metros no paseo e de 30 na estrada. As farolas do paseo te\u00f1en 1 punto de luz e as da estrada 2, coas que se iluminar\u00e1 a zona verde e a propia v\u00eda.Ademais dos traballos de iluminaci\u00f3n, incrementarase a seguridade na LU-P-2925, situando 1.500 metros de biondas.Para poder realizar estas obras, ser\u00e1 necesario situar 20.000 metros de cables, que ser\u00e1n de aluminio, e non de cobre, para evitar posibles roubos ou actos vand\u00e1licos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Executivo Provincial aprobou hoxe na Xunta de Goberno a adxudicaci\u00f3n destes traballos con 750.000 euros dos 1,4 mill\u00f3ns comprometido. O aforro permite levar novas melloras \u00e1 zona &#8211; En 15 d\u00edas, comezar\u00e1n as obras nun treito de 7 quil\u00f3metros, situando 252 farolas e 283 luminarias LED. M\u00e1is seguridade na estrada tam\u00e9n con 1.500 metros &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12555","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12555","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12555"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12555\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12556,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12555\/revisions\/12556"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12555"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12555"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12555"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}