{"id":12559,"date":"2017-07-12T00:00:00","date_gmt":"2017-07-12T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12559"},"modified":"2023-09-28T08:19:58","modified_gmt":"2023-09-28T08:19:58","slug":"campos-conde-presenta-as-primeiras-accions-do-1o-plan-estratexico-de-turismo-participativo-da-provincia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/campos-conde-presenta-as-primeiras-accions-do-1o-plan-estratexico-de-turismo-participativo-da-provincia\/","title":{"rendered":"Campos Conde presenta as primeiras acci\u00f3ns do 1\u00ba Plan Estrat\u00e9xico de Turismo participativo da provincia"},"content":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos Conde, xunto \u00e1 Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez L\u00f3pez, ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e outras autoridades, presentou este m\u00e9rcores o Plan Estrat\u00e9xico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). F\u00edxoo nun acto presentado polo f\u00edsico e meteor\u00f3logo Mart\u00edn Barreiro, un profesional da comunicaci\u00f3n lucense cunha proxecci\u00f3n nacional completamente asentada.<\/p>\n<p>Campos Conde remarcou que \u201cdende xa mesmo, comezamos coa posta en marcha das primeiras acci\u00f3ns inclu\u00eddas dentro deste ambicioso proxecto, ao que destinamos no 2017 unha partida de 400.000 euros. Co 1\u00ba Plan Estrat\u00e9xico de Turismo participativo da provincia desenvolveranse un total de 71 actuaci\u00f3ns concretas, coas que buscamos impulsar o crecemento e a transformaci\u00f3n do sector tur\u00edstico na provincia, na procura dun modelo m\u00e1is competitivo e rendible. Entre as actuaci\u00f3ns destacan, a creaci\u00f3n dun Consello de Turismo provincial e participativo; a posta en marcha dunha p\u00e1xina web de turismo ou continuar impulsando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade\u201d.<\/p>\n<p>O titular provincial destacou que \u201ccomo vedes, neste Goberno po\u00f1\u00e9monos deberes para contribu\u00edr dende esta Deputaci\u00f3n a impulsar o turismo como un verdadeiro motor econ\u00f3mico. E fac\u00e9molo porque, a\u00ednda que non temos as competencias directas no eido tur\u00edstico, apostamos polo mesmo e cremos nas s\u00faas potencialidades para xerar riqueza e emprego na nosa provincia. Como en moitos eidos, non ter as competencias non nos fai mirar cara outro lado porque para este Goberno o primeiro \u00e9 esta provincia e a s\u00faa xente.<\/p>\n<p>\u201cCon todo, n\u00f3s s\u00f3s non podemos acadar os resultados que poder\u00edamos ter en Lugo, unha provincia \u00fanica e cunha grande riqueza. \u00c9 necesario que as restantes administraci\u00f3ns, as que s\u00ed te\u00f1en as competencias e un orzamento infinitamente maior que o desta Deputaci\u00f3n, tam\u00e9n se po\u00f1an os seus deberes. Necesitamos que, cando menos, a Xunta e o Goberno Central faciliten a chegada dos visitantes a Lugo. Porque sen estradas, sen servizos ferroviarios, sen AVE ou sen li\u00f1as e autob\u00fas, entre outras moitas cuesti\u00f3ns, non poderemos facer de Lugo un destino tur\u00edstico de referencia no pa\u00eds. Temos toda a materia prima para facelo. A implicaci\u00f3n de todos n\u00f3s xa a temos, polo que agardamos que esta se estenda \u00e1s principais administraci\u00f3n no pa\u00eds\u201d<\/p>\n<p>71 acci\u00f3ns a desenvolver<br \/>\nO Presidente explicou que \u201cdende o Goberno da Deputaci\u00f3n decidimos impulsar a elaboraci\u00f3n deste documento, no que establecemos as li\u00f1as e os plans de actuaci\u00f3n prioritaria para o impulso do sector tur\u00edstico ata o 2020, pois somos co\u00f1ecedores das potencialidades infinitas das que disp\u00f3n a nosa provincia, e da importancia deste sector para o seu desenvolvemento econ\u00f3mico\u201d.<\/p>\n<p>Con este Plan Estrat\u00e9xico, completamente participativo e aberto; establec\u00e9ronse 4 eixes, 6 li\u00f1as estrat\u00e9xicas, 14 plans de actuaci\u00f3n e 71 acci\u00f3ns a impulsar. Algunhas das actividades concretas que avanzou o Presidente son e nas que xa se est\u00e1 a traballar son:<\/p>\n<p>Creaci\u00f3n dun Consello de Turismo provincial e participativo, que dea voz aos axentes implicados nos 4 xeodestinos (Lugo-Terra Ch\u00e1, A Mari\u00f1a, Ribeira Sacra, e Ancares-Courel) para o desenvolvemento consensuado dos plans de actuaci\u00f3n e da promoci\u00f3n conxunta da provincia.<br \/>\nPosta en marcha dunha p\u00e1xina web de turismo, na que se poder\u00e1n atopar os recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia, as\u00ed como paquetes gastron\u00f3micos, rutas de sendeirismo e escapadas, folletos descargables, recomendaci\u00f3ns e informaci\u00f3n de interese&#8230;<br \/>\nPosta en marcha un Plan de sinalizaci\u00f3n vinculado \u00e1s novas tecnolox\u00edas, mellorando a accesibilidade aos recursos tur\u00edsticos da provincia.<br \/>\nImpulso \u00e1 organizaci\u00f3n de eventos relacionados coa gastronom\u00eda, coa creaci\u00f3n duns premios provinciais e o dese\u00f1o dunha ruta gastron\u00f3mica da provincia.<br \/>\nFomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, a trav\u00e9s da creaci\u00f3n dunha axenda cultural actualizada das festas e actividades que se realizan no territorio.<br \/>\nApoio \u00e1 candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO.<br \/>\nRealizaci\u00f3n dun estudo de actualizaci\u00f3n de necesidades das rutas en catamar\u00e1n na Ribeira Sacra.<br \/>\nProposta de declaraci\u00f3n de Ancares-Courel como Destino Tur\u00edstico Starlight, un distintivo internacional que reco\u00f1ece a calidade e as \u00f3ptimas condici\u00f3ns para a observaci\u00f3n do ceo e das estrelas.<br \/>\nElaboraci\u00f3n dun informe anual das actuaci\u00f3ns levadas a cabo pola Deputaci\u00f3n no eido do turismo co fin de manter informados aos axentes tur\u00edsticos e \u00e1 poboaci\u00f3n sobre o estado do desenvolvemento do plan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos Conde, xunto \u00e1 Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez L\u00f3pez, ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e outras autoridades, presentou este m\u00e9rcores o Plan Estrat\u00e9xico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). F\u00edxoo nun acto presentado polo f\u00edsico e meteor\u00f3logo Mart\u00edn Barreiro, un profesional da comunicaci\u00f3n lucense cunha proxecci\u00f3n &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10945,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12559","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12559"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12559\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12560,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12559\/revisions\/12560"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10945"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}