{"id":12571,"date":"2017-12-19T00:00:00","date_gmt":"2017-12-19T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12571"},"modified":"2023-09-28T08:22:54","modified_gmt":"2023-09-28T08:22:54","slug":"30-000-persoas-participaron-este-ano-nas-actuacions-de-impulso-sostible-da-reserva-da-biosfera-de-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/30-000-persoas-participaron-este-ano-nas-actuacions-de-impulso-sostible-da-reserva-da-biosfera-de-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"30.000 persoas participaron este ano nas actuaci\u00f3ns de impulso sostible da Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O Deputado de Medio Ambiente presidiu as reuni\u00f3ns dos \u00f3rganos de participaci\u00f3n e reitor desta Reserva, nas que se informou sobre as actividades levadas a cabo no 2017<\/p>\n<p>&#8211; Pux\u00e9ronse en marcha programas de fomento do emprego verde, de formaci\u00f3n sobre pr\u00e1cticas sostible, un pioneiro proxecto europeo ou actividades nos centros escolares<\/p>\n<p>&#8211; A Deputaci\u00f3n cumpre coa s\u00faa responsabilidade de promocionar e promover o desenvolvemento sostible deste espazo con 363.000 hect\u00e1reas de 26 Concellos<\/p>\n<p>O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, presidiu este martes as reuni\u00f3ns dos \u00f3rganos de participaci\u00f3n e reitor da Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o, nas que se deu conta das actuaci\u00f3ns levadas cabo polo Goberno Provincial neste territorio reco\u00f1ecido pola UNESCO durante esta anualidade. O organismo provincial, como xestor deste espazo, ten a responsabilidade dalo a co\u00f1ecer e de promover o seu aproveitamento sostible, favorecendo a relaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns co este entorno, que ten unha extensi\u00f3n superior \u00e1s 363.000 hect\u00e1reas, que discorren por 26 Concellos. Durante este ano, puxo en marcha m\u00e1is de 100 actividades de posta en valor e desenvolvemento sostible de Terras do Mi\u00f1o, que chegaron a m\u00e1is de 30.000 persoas.<\/p>\n<p>Foron actividades moi variadas, entre as que destaca, por exemplo, a cuarta edici\u00f3n do Campus de Empredemento Sostible, co que se ofreceu gratis formaci\u00f3n e asesoramento a veci\u00f1os dispostos a abrir os seus propios negocios en zonas da Reserva. 80 lucenses participaron nesta programaci\u00f3n que fomenta o emprego verde.<\/p>\n<p>Celebr\u00e1ronse xornadas informativas sobre asuntos medioambientais que atinxen a este espazo, como o debate sobre o eucalipto, no que uns 20 expertos, investigadores, ecoloxistas, representantes do sector da madeira, e mesmo Concellos, expuxeron as distintas sensibilidades sobre as pr\u00e1cticas forestais na zona. Foi un foro aberto \u00e1 cidadan\u00eda con \u00e9xito de asistentes.<\/p>\n<p>Outro dos proxectos estrea do 2017 foi o Life in Commond, que se iniciou logo de captar dende a Deputaci\u00f3n 1,4 mill\u00f3ns de euros da Uni\u00f3n Europea. Estase a desenvolver coa colaboraci\u00f3n da USC e UDC e coa participaci\u00f3n activa de todos os montes en man com\u00fan existen na Serra do Xistral. Conxuntamente, estanse a definir as pr\u00e1cticas de desenvolvemento sostible. Pola aplicaci\u00f3n con \u00e9xito das mesmas, concederanse retribuci\u00f3ns, como xa se fai noutros pa\u00edses europeos como Francia, sendo a primeira vez que unha instituci\u00f3n fai isto en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Concienciando dende nenos<\/p>\n<p>A maiores, lev\u00e1ronse ducias de actividades medioambientais, tam\u00e9n gratu\u00edtas e dirixidas a persoas de todas as idades, para sensibilizar e divulgar a riqueza natural de Terras do Mi\u00f1o e p\u00f3r en co\u00f1ecemento pr\u00e1cticas de desenvolvemento e aproveitamento sostible. Por exemplo, milleiros de rapaces de entre 8 e 16 anos de toda a provincia participaron nas Semanas da \u00c1rbore e da Auga, as\u00ed como na do Medio Ambiente. Actualmente, estase a programar a celebraci\u00f3n de novos xornadas divulgativas abertas aos centros escolares dos 67 Concellos. Ademais, ma\u00f1\u00e1 mesmo abrir\u00e1 a solicitude das 465 prazas para as novas actividades medioambiental do primeiro trimestre do 2018. Este ano, participaron nas mesmas m\u00e1is de 2.000 lucenses, uns 500 m\u00e1is que no 2016.<\/p>\n<p>Participaci\u00f3n activa<\/p>\n<p>Nas reuni\u00f3ns de hoxe, xunto a Fern\u00e1ndez Queipo, participaron representantes dos 26 Concellos lucenses de Terras do Mi\u00f1o, das 13 organizaci\u00f3ns agrarias, de monte en man com\u00fan, ecoloxistas, de turismo rural ou de defensa do patrimonio. Tr\u00e1tanse dos representantes aos que o Goberno da Deputaci\u00f3n quixo abrir o \u00f3rgano da Reserva para facelo participativo na procura dun maior \u00e9xito na xesti\u00f3n sostible do mesmo.<\/p>\n<p>Terras do Mi\u00f1o<\/p>\n<p>A Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o foi a primeira que a UNESCO declarou en Galicia, no ano 2002, e \u00e9 a m\u00e1is grande da comunidade aut\u00f3noma, as\u00ed como a segunda da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Ocupa 363.668 hect\u00e1reas, o que sup\u00f3n o 39% do territorio da provincia. Neste espazo natural, est\u00e1n inclu\u00eddos 26 Concellos da Cunca Alta do Mi\u00f1o, pertencentes \u00e1 s\u00faa vez a 7 comarcas lucenses: Ourol; O Valadouro; Muras; Alfoz; Mondo\u00f1edo; Abad\u00edn; Xermade; Vilalba; A Pastoriza; Riotorto; Guitiriz; Cospeito; Meira; Begonte; R\u00e1bade; Castro de Rei; Outeiro de Rei; Pol; Lugo; Friol; Castroverde; Gunt\u00edn; O Corgo; Baralla, O P\u00e1ramo e L\u00e1ncara.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O Deputado de Medio Ambiente presidiu as reuni\u00f3ns dos \u00f3rganos de participaci\u00f3n e reitor desta Reserva, nas que se informou sobre as actividades levadas a cabo no 2017 &#8211; Pux\u00e9ronse en marcha programas de fomento do emprego verde, de formaci\u00f3n sobre pr\u00e1cticas sostible, un pioneiro proxecto europeo ou actividades nos centros escolares &#8211; A &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10959,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12571","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12571","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12571"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12571\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12572,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12571\/revisions\/12572"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10959"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12571"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12571"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12571"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}