{"id":12581,"date":"2018-02-16T00:00:00","date_gmt":"2018-02-16T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12581"},"modified":"2023-09-28T08:25:15","modified_gmt":"2023-09-28T08:25:15","slug":"aberto-o-prazo-para-participar-no-v-campus-de-emprendemento-sostible-do-goberno-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/aberto-o-prazo-para-participar-no-v-campus-de-emprendemento-sostible-do-goberno-da-deputacion\/","title":{"rendered":"Aberto o prazo para participar no V Campus de Emprendemento Sostible do Goberno da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; Tr\u00e1tase da iniciativa coa que o Executivo ofrece formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, co obxectivo de po\u00f1er en marcha novos negocios nos Concellos das Reservas da Biosfera<\/p>\n<p>&#8211; Os interesados en participar nos Campus de Motivaci\u00f3n e Maduraci\u00f3n Empresarial, que se celebrar\u00e1n en marzo no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, poden apuntarse ata o d\u00eda 5 no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal<\/p>\n<p>&#8211; As catro anteriores edici\u00f3ns do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron a xeraci\u00f3n, ata o momento, de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugu\u00e9s<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivaci\u00f3n e Maduraci\u00f3n Empresarial, pertencentes ao V Campus de Emprendemento Sostible, con prazas para 40 persoas, que se celebrar\u00e1n durante a primeira quincena de marzo. A trav\u00e9s desta iniciativa o Executivo da Deputaci\u00f3n ofrece gratuitamente a todos os lucenses formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, con visitas aos mesmos e encontros cos emprendedores, co obxectivo de po\u00f1er en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses.<\/p>\n<p>Os interesados poden apuntarse ata o 5 de marzo no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal. Poder\u00e1n inscribirse en calquera dos dous seguintes Campus, cuxas clases formativas se impartir\u00e1n no Centro de Interpretaci\u00f3n, situado no Paseo do R\u00edo Rato, na capital lucense:<\/p>\n<p>Campus de motivaci\u00f3n empresarial: (20 prazas) abordaranse os elementos principais a ter en conta \u00e1 hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincias, os proxectos exitosos postos en marcha&#8230; As sesi\u00f3ns te\u00f3ricas ter\u00e1n lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haber\u00e1 visitas a empresas o 9 de marzo.<\/p>\n<p>Campus de maduraci\u00f3n empresarial: (20 prazas) traballarase a maduraci\u00f3n da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a s\u00faa viabilidade comercial, t\u00e9cnica e legal a trav\u00e9s da metodolox\u00eda Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos pr\u00e1cticos ou a viabilidade econ\u00f3mico-financeira a 5 anos. As sesi\u00f3ns te\u00f3ricas desenvolveranse o 12, 13 e 14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haber\u00e1 visitas a empresas o 15 de marzo.<\/p>\n<p>21 empresas xeradas<\/p>\n<p>As catro anteriores edici\u00f3ns do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois contin\u00faa o asesoramento para a posta en marcha de m\u00e1is proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugu\u00e9s. As empresas de recente creaci\u00f3n son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther Fern\u00e1ndez D\u00edaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros; Marmeladas Acea de Olga; WiseKid Summer Camp; Mel Casa Pr\u00edncipe; Explotaci\u00f3n Extensiva de Gando Vac\u00fan; Abad\u00eda; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos; Galim\u00f3s: A nosa granxa de gali\u00f1as de M\u00f3s; M3 Aguas: ingenier\u00eda ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas; Artesan\u00eda Calabazas Mago de Luz; Centro Shalom; Caser\u00edo Meiroi; Elexes, m\u00e1s que electricidad; Hotel Os Ancares<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Tr\u00e1tase da iniciativa coa que o Executivo ofrece formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, co obxectivo de po\u00f1er en marcha novos negocios nos Concellos das Reservas da Biosfera &#8211; Os interesados en participar nos Campus de Motivaci\u00f3n e Maduraci\u00f3n Empresarial, que se celebrar\u00e1n en marzo no Centro de Interpretaci\u00f3n &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10977,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12581","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12581","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12581"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12581\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12582,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12581\/revisions\/12582"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10977"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12581"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12581"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12581"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}