{"id":12583,"date":"2018-03-12T00:00:00","date_gmt":"2018-03-12T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12583"},"modified":"2023-09-28T08:25:43","modified_gmt":"2023-09-28T08:25:43","slug":"o-goberno-da-deputacion-promove-un-simposio-sobre-enerxia-e-clima-aberto-ao-publico-e-gratuito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-goberno-da-deputacion-promove-un-simposio-sobre-enerxia-e-clima-aberto-ao-publico-e-gratuito\/","title":{"rendered":"O Goberno da Deputaci\u00f3n promove un simposio sobre enerx\u00eda e clima aberto ao p\u00fablico e gratu\u00edto"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; A xornada ter\u00e1 lugar o vindeiro martes no sal\u00f3n de actos do Pazo de San Marcos e reunir\u00e1 a reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e aforro enerx\u00e9tico. Tam\u00e9n haber\u00e1 un roteiro urbano pola cidade de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; Fern\u00e1ndez Queipo inaugurou este luns a exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico e a enerx\u00eda, organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n coa colaboraci\u00f3n de ADEGA<\/p>\n<p>&#8211; O Deputado explicou que \u201ca mostra que hoxe inauguramos est\u00e1 composta por 13 paneis co obxectivo de achegar a problem\u00e1tica do cambio clim\u00e1tico, os seus impactos e consecuencias dende a perspectiva da acci\u00f3n social\u201d<\/p>\n<p>&#8211; Estas acci\u00f3ns enm\u00e1rcanse na iniciativa global A Hora do Planeta, que se celebra mundialmente o \u00faltimo s\u00e1bado de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario durante unha hora ao que tam\u00e9n se suma a Deputaci\u00f3n<\/p>\n<p>&#8211; Con esta acci\u00f3n simb\u00f3lica, pret\u00e9ndese concienciar \u00e1 sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio clim\u00e1tico e as emisi\u00f3ns contaminantes, as\u00ed como aforrar enerx\u00eda e minorar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n promove o vindeiro martes 20 de marzo un simposio sobre enerx\u00eda e clima aberto ao p\u00fablico e totalmente de balde, as\u00ed o avanzou o Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo. Fixoo antes de inaugurar a exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico e a enerx\u00eda, organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n, co apoio de ADEGA (Asociaci\u00f3n para a Defensa Ecol\u00f3xica de Galicia), que estar\u00e1 aberta ata o vindeiro s\u00e1bado 24 de marzo no Pazo de San Marcos. No acto tam\u00e9n participou o responsable deste colectivo, Fins Eirexas. O Deputado de Medio Ambiente explicou que \u201cestes proxectos enm\u00e1rcanse na iniciativa global A Hora do Planeta, que se celebra mundialmente o \u00faltimo s\u00e1bado do mes de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario durante unha hora\u201d.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201cno simposio da vindeira semana contaremos coa participaci\u00f3n de reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e lum\u00ednica, as\u00ed como o aforro enerx\u00e9tico. Como clausura para a xornada haber\u00e1 un roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo para avaliar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e a problem\u00e1tica da iluminaci\u00f3n exterior\u201d.<\/p>\n<p>Por outra banda, o Deputado explicou que \u201ca mostra que hoxe inauguramos est\u00e1 composta por 13 paneis e elaborada coa colaboraci\u00f3n do CENEAM (Centro Nacional de Educaci\u00f3n Ambiental) co obxectivo de achegar a problem\u00e1tica do cambio clim\u00e1tico, os seus impactos e consecuencias dende a perspectiva da acci\u00f3n social\u201d.<\/p>\n<p>Esta exposici\u00f3n nace do Proxecto Europeo de Acci\u00f3n Educativa polo Clima, Clarity, para contribu\u00edr ao co\u00f1ecemento do fen\u00f3meno do cambio clim\u00e1tico, as s\u00faas causas e as respostas que se poden artellar para facerlle fronte, tanto por parte das instituci\u00f3ns e das empresas, como pola da cidadan\u00eda.<\/p>\n<p>Nos paneis rep\u00e1sanse as causas e consecuencias do cambio clim\u00e1tico, e como este fen\u00f3meno afecta aos ecosistemas e \u00e1 sociedade. Unha parte importante da mostra traballa as acci\u00f3ns e actitudes positivas que debe emprender a cidadan\u00eda para mitigar os efectos do quecemento global, e como tam\u00e9n os Gobernos, Concellos e ONGs poden contribu\u00edr.<\/p>\n<p>A mostra permanecer\u00e1 aberta at\u00e9 o vindeiro s\u00e1bado 24 de marzo, data na que centos de cidades de todo o planeta apagar\u00e1n a iluminaci\u00f3n dos principais monumentos p\u00fablicos entre as 20:30 e as 21:30 horas. A Deputaci\u00f3n de Lugo tam\u00e9n se une a esta iniciativa denominada A Hora do Planeta.<\/p>\n<p>Programa da xornada Enerx\u00eda e clima \u2013 A hora do planeta<\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1 (10.30 -14.00 Horas)<\/p>\n<p>&#8211; 10:30 Horas. Benvida institucional e contextualizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&#8211; 10.45 Horas. 0 cambio clim\u00e1tico: impactos e previsi\u00f3ns. Pablo Ramil, director do IBADER e experto\/a do panel cient\u00edfico galego contra o cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n<p>&#8211; 11:30 Horas. Debate<\/p>\n<p>&#8211; 11.45 Horas. Pausa Caf\u00e9<\/p>\n<p>&#8211; 12.00 Horas. A contaminaci\u00f3n das fontes de xeraci\u00f3n enerx\u00e9tica. Ram\u00f3n Varela D\u00edaz, experto en contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica.<\/p>\n<p>&#8211; 12.45 Horas. Crise enerx\u00e9tica e decrecemento no marco dos acordos de Par\u00eds. Xo\u00e1n Dold\u00e1n, USC.<\/p>\n<p>&#8211; 13:30 Horas. Debate.<\/p>\n<p>Tarde (16.30 -19.00 Horas)<\/p>\n<p>&#8211; 16:30 Horas. O modelo enerx\u00e9tico ga\/ego. Adri\u00e1n Dios Vicente, USC.<\/p>\n<p>&#8211; 17:15 Horas. A factura el\u00e9ctrica: aforro e eficiencia no fogar. Pablo \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez, Coop. Nosa Enerx\u00eda.<\/p>\n<p>&#8211; 18:00 Horas. A problem\u00e1tica da contaminaci\u00f3n lum\u00ednica. Fins Eirexas, ADEGA<\/p>\n<p>&#8211; 18:45 Horas. Debate.<\/p>\n<p>&#8211; Roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo (20.00 a 22.00 Horas) para avaliar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e a problem\u00e1tica da iluminaci\u00f3n exterior.<\/p>\n<p>A Hora do Planeta<\/p>\n<p>A Hora do Planeta cel\u00e9brase o \u00faltimo s\u00e1bado do mes de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario, no que se pide a fogares, empresas, instituci\u00f3ns e demais edificios que apaguen as luces e outros aparellos el\u00e9ctricos non indispensables durante unha hora. Con esta acci\u00f3n simb\u00f3lica, pret\u00e9ndese concienciar \u00e1 sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio clim\u00e1tico e as emisi\u00f3ns contaminantes, as\u00ed como aforrar enerx\u00eda e minorar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A xornada ter\u00e1 lugar o vindeiro martes no sal\u00f3n de actos do Pazo de San Marcos e reunir\u00e1 a reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e aforro enerx\u00e9tico. Tam\u00e9n haber\u00e1 un roteiro urbano pola cidade de Lugo &#8211; Fern\u00e1ndez Queipo inaugurou este luns a exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico e a &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11015,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12583","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12583","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12583"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12583\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12584,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12583\/revisions\/12584"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11015"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12583"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12583"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12583"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}