{"id":12587,"date":"2018-03-19T00:00:00","date_gmt":"2018-03-19T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12587"},"modified":"2023-09-28T08:26:52","modified_gmt":"2023-09-28T08:26:52","slug":"o-goberno-da-deputacion-promove-mana-un-simposio-sobre-enerxia-e-clima-aberto-ao-publico-e-gratuito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-goberno-da-deputacion-promove-mana-un-simposio-sobre-enerxia-e-clima-aberto-ao-publico-e-gratuito\/","title":{"rendered":"O Goberno da Deputaci\u00f3n promove ma\u00f1\u00e1 un simposio sobre enerx\u00eda e clima aberto ao p\u00fablico e gratu\u00edto"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; A xornada ter\u00e1 lugar no sal\u00f3n de actos do Pazo de San Marcos e reunir\u00e1 a reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e aforro enerx\u00e9tico. Ao rematar o simposio haber\u00e1 un roteiro urbano pola cidade de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; Paralelamente, contin\u00faa aberta ata o s\u00e1bado 24 de marzo, a exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico e a enerx\u00eda, organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n e ADEGA<\/p>\n<p>&#8211; Estas acci\u00f3ns enm\u00e1rcanse na iniciativa global A Hora do Planeta, que se celebra mundialmente o \u00faltimo s\u00e1bado de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario durante unha hora ao que tam\u00e9n se suma a Deputaci\u00f3n<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n promove ma\u00f1\u00e1 unha xornada sobre enerx\u00eda e clima aberta ao p\u00fablico e totalmente de balde, enmarcada na iniciativa global A Hora do Planeta, que se celebra mundialmente o \u00faltimo s\u00e1bado de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario durante unha hora ao que tam\u00e9n se suma a Deputaci\u00f3n. A xornada ter\u00e1 lugar en horario de ma\u00f1\u00e1 e tarde e reunir\u00e1 reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e lum\u00ednica, as\u00ed como o aforro enerx\u00e9tico.<\/p>\n<p>Deste xeito, entre os po\u00f1entes at\u00f3panse: Pablo Ramil, director do IBADER e experto do panel cient\u00edfico galego contra o cambio clim\u00e1tico; Ram\u00f3n Varela D\u00edaz, experto en contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica; Xo\u00e1n Dold\u00e1n, da USC; Adri\u00e1n Dios Vicente, da USC; Pablo \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez, da Cooperativa Nosa Enerx\u00eda; e Fins Eirexas, de ADEGA. Como clausura para a xornada haber\u00e1 un roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo para avaliar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e a problem\u00e1tica da iluminaci\u00f3n exterior.<\/p>\n<p>Programa da xornada Enerx\u00eda e clima \u2013 A hora do planeta<\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1 (10.30 -14.00 Horas)<\/p>\n<p>&#8211; 10:30 Horas. Benvida institucional e contextualizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&#8211; 10.45 Horas. O cambio clim\u00e1tico: impactos e previsi\u00f3ns. Pablo Ramil, director do IBADER e experto\/a do panel cient\u00edfico galego contra o cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n<p>&#8211; 11:30 Horas. Debate<\/p>\n<p>&#8211; 11.45 Horas. Pausa Caf\u00e9<\/p>\n<p>&#8211; 12.00 Horas. A contaminaci\u00f3n das fontes de xeraci\u00f3n enerx\u00e9tica. Ram\u00f3n Varela D\u00edaz, experto en contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica.<\/p>\n<p>&#8211; 12.45 Horas. Crise enerx\u00e9tica e decrecemento no marco dos acordos de Par\u00eds. Xo\u00e1n Dold\u00e1n, USC.<\/p>\n<p>&#8211; 13:30 Horas. Debate.<\/p>\n<p>Tarde (16.30 -19.00 Horas)<\/p>\n<p>&#8211; 16:30 Horas. O modelo enerx\u00e9tico ga\/ego. Adri\u00e1n Dios Vicente, USC.<\/p>\n<p>&#8211; 17:15 Horas. A factura el\u00e9ctrica: aforro e eficiencia no fogar. Pablo \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez, Coop. Nosa Enerx\u00eda.<\/p>\n<p>&#8211; 18:00 Horas. A problem\u00e1tica da contaminaci\u00f3n lum\u00ednica. Fins Eirexas, ADEGA<\/p>\n<p>&#8211; 18:45 Horas. Debate.<\/p>\n<p>&#8211; Roteiro vespertino urbano pola cidade de Lugo (20.00 a 22.00 Horas) para avaliar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e a problem\u00e1tica da iluminaci\u00f3n exterior.<\/p>\n<p>Exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico<\/p>\n<p>Paralelamente, contin\u00faa aberta ata o vindeiro s\u00e1bado 24 de marzo, a exposici\u00f3n sobre o cambio clim\u00e1tico e a enerx\u00eda, organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n coa colaboraci\u00f3n de ADEGA composta por 13 paneis. Esta exposici\u00f3n nace do Proxecto Europeo de Acci\u00f3n Educativa polo Clima, Clarity, para contribu\u00edr ao co\u00f1ecemento do fen\u00f3meno do cambio clim\u00e1tico, as s\u00faas causas e as respostas que se poden artellar para facerlle fronte, tanto por parte das instituci\u00f3ns e das empresas, como pola da cidadan\u00eda. Nos paneis rep\u00e1sanse as causas e consecuencias do cambio clim\u00e1tico, e como este fen\u00f3meno afecta aos ecosistemas e \u00e1 sociedade. Unha parte importante da mostra traballa as acci\u00f3ns e actitudes positivas que debe emprender a cidadan\u00eda para mitigar os efectos do quecemento global, e como tam\u00e9n os Gobernos, Concellos e ONGs poden contribu\u00edr.<\/p>\n<p>A mostra permanecer\u00e1 aberta at\u00e9 o vindeiro s\u00e1bado 24 de marzo, data na que centos de cidades de todo o planeta apagar\u00e1n a iluminaci\u00f3n dos principais monumentos p\u00fablicos entre as 20:30 e as 21:30 horas. A Deputaci\u00f3n de Lugo tam\u00e9n se une a esta iniciativa denominada A Hora do Planeta.<\/p>\n<p>A Hora do Planeta<\/p>\n<p>A Hora do Planeta cel\u00e9brase o \u00faltimo s\u00e1bado do mes de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario, no que se pide a fogares, empresas, instituci\u00f3ns e demais edificios que apaguen as luces e outros aparellos el\u00e9ctricos non indispensables durante unha hora. Con esta acci\u00f3n simb\u00f3lica, pret\u00e9ndese concienciar \u00e1 sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio clim\u00e1tico e as emisi\u00f3ns contaminantes, as\u00ed como aforrar enerx\u00eda e minorar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A xornada ter\u00e1 lugar no sal\u00f3n de actos do Pazo de San Marcos e reunir\u00e1 a reputados expertos no estudo do cambio clim\u00e1tico, contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica e aforro enerx\u00e9tico. Ao rematar o simposio haber\u00e1 un roteiro urbano pola cidade de Lugo &#8211; Paralelamente, contin\u00faa aberta ata o s\u00e1bado 24 de marzo, a exposici\u00f3n sobre o &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11007,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12587","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12587","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12587"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12587\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12588,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12587\/revisions\/12588"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11007"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12587"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12587"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12587"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}