{"id":12589,"date":"2018-03-23T00:00:00","date_gmt":"2018-03-23T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12589"},"modified":"2023-09-28T08:27:23","modified_gmt":"2023-09-28T08:27:23","slug":"escolares-de-toda-a-provincia-plantan-salgueiros-nos-colexios-coa-semana-da-arbore-e-da-auga-do-goberno-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/escolares-de-toda-a-provincia-plantan-salgueiros-nos-colexios-coa-semana-da-arbore-e-da-auga-do-goberno-da-deputacion\/","title":{"rendered":"Escolares de toda a provincia plantan salgueiros nos colexios coa Semana da \u00c1rbore e da Auga do Goberno da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O Presidente sumouse \u00e1 plantaci\u00f3n do salgueiro que levaron a cabo os alumnos do CEIP M\u00e9ndez Pelayo, na capital luguesa. Simultaneamente, alumnos doutros centros escolares do centro lugu\u00e9s, Mari\u00f1a, Monta\u00f1a e Sur levaron a cabo a mesma iniciativa<\/p>\n<p>&#8211; 16.000 alumnos de 103 colexios de toda a provincia realizaron actividades durante toda a semana para as que o Executivo da Deputaci\u00f3n editou os libros titulados A auga, o drag\u00f3n e o salgueiro e A invenci\u00f3n do salgueiro con historias de ficci\u00f3n adecuadas aos cursos de infantil e primaria respectivamente<\/p>\n<p>&#8211; O Goberno s\u00famase ma\u00f1\u00e1 \u00e1 iniciativa global A Hora do Planeta, que consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario, no que fogares, empresas, instituci\u00f3ns e demais edificios apagan as luces e outros aparellos el\u00e9ctricos entre as 20:30 e as 21:30 horas<\/p>\n<p>Nenas e nenos de toda a provincia plantaron este venres salgueiros nos seus colexios para culminar coas actividades enmarcadas na 7\u00aa Semana Escolar da \u00c1rbore e da Auga, que se desenvolveu durante estes d\u00edas en 103 centros p\u00fablicos de Educaci\u00f3n Infantil e Primaria da provincia, organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n co obxectivo de conmemorar os D\u00edas Mundiais da \u00c1rbore e da Auga e difundir as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses. Con esta programaci\u00f3n, o Executivo Provincial quixo chamar a atenci\u00f3n sobre as secas e os incendios educando na conciencia ambiental e na prevenci\u00f3n e conservaci\u00f3n da natureza, de xeito que o alumnado goce e aprenda ao mesmo tempo. Participaron de balde 16.000 cativos dos 67 Concellos da provincia.<\/p>\n<p>O Presidente, Dar\u00edo Campos Conde, e o Concelleiro de Educaci\u00f3n, Manuel N\u00fa\u00f1ez L\u00f3pez, participaron hoxe na plantaci\u00f3n do salgueiro que fixeron os alumnos do CEIP Men\u00e9ndez Pelayo, na capital luguesa. As\u00ed mesmo, ao longo da semana os deputados do Goberno Provincial mantiveron encontros cos escolares participantes.<\/p>\n<p>O Deputado de Relaci\u00f3ns Institucionais, \u00c1lvaro Santos Ramos, estivo cos rapaces do CEIP Pluriling\u00fce do Corgo; a Deputada de Econom\u00eda, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, cos alumnos do CEIP Celso Curr\u00e1s de Trabada; o Deputado de Medio Rural, cos rapaces do CEIP Rosal\u00eda de Castro de Pol; a Deputada de Cultura, Pilar Garc\u00eda Porto, cos escolares do CEIP de Antas de Ulla; o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Cap\u00f3n, cos alumnos do CPI Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro de L\u00e1ncara; o Deputado de Cooperaci\u00f3n cos Concellos, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, cos rapaces do CEIP Santa Mar\u00eda da Fonsagrada; o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba; o Deputado de Xesti\u00f3n Territorial, Manuel Mart\u00ednez Mart\u00ednez, cos escolares do CEIP San Xo\u00e1n de Becerre\u00e1; a Deputada de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Social, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, cos alumnos do EEI de Sarria; e o Deputado de Goberno Interior, Miguel Sotuela Vega, cos alumnos do CEIP de San Clodio de Ribas de Sil.<\/p>\n<p>Libros de texto gratu\u00edtos para os centros<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n editou os libros, para uso como manuais, titulados A auga, o drag\u00f3n e o salgueiro -\u00e1lbum para non lectores e primeiros lectores-, e A invenci\u00f3n do salgueiro -libro ilustrado-, con historias de ficci\u00f3n adecuadas aos cursos de educaci\u00f3n infantil e educaci\u00f3n primaria respectivamente. Na presente edici\u00f3n a \u00e1rbore protagonista, que centra as historias, \u00e9 o salgueiro. As tramas de ambas desenvolvesen nas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses.<\/p>\n<p>Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Gu\u00eda do Profesorado que achega pautas para optimizar o emprego dos libros, os cales recibir\u00e1n todos e cada un dos escolares inscritos. Para chamar a atenci\u00f3n nos propios centros escolares sobre o evento editouse o correspondente cartel.<\/p>\n<p>A Hora do Planeta<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n s\u00famase ma\u00f1\u00e1 \u00e1 iniciativa global denominada A Hora do Planeta. Esta iniciativa, promovida pola ONG WWF, cel\u00e9brase o \u00faltimo s\u00e1bado do mes de marzo de cada ano e consiste nun apagamento el\u00e9ctrico voluntario, no que se pide a fogares, empresas, instituci\u00f3ns e demais edificios que apaguen as luces e outros aparellos el\u00e9ctricos non indispensables durante unha hora entre as 20:30 e as 21:30 horas. Con esta acci\u00f3n simb\u00f3lica, pret\u00e9ndese concienciar \u00e1 sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte ao cambio clim\u00e1tico e as emisi\u00f3ns contaminantes, as\u00ed como aforrar enerx\u00eda e minorar a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O Presidente sumouse \u00e1 plantaci\u00f3n do salgueiro que levaron a cabo os alumnos do CEIP M\u00e9ndez Pelayo, na capital luguesa. Simultaneamente, alumnos doutros centros escolares do centro lugu\u00e9s, Mari\u00f1a, Monta\u00f1a e Sur levaron a cabo a mesma iniciativa &#8211; 16.000 alumnos de 103 colexios de toda a provincia realizaron actividades durante toda a semana &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11003,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12589","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12589","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12589"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12589\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12590,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12589\/revisions\/12590"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11003"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12589"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12589"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12589"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}