{"id":12591,"date":"2018-03-28T00:00:00","date_gmt":"2018-03-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12591"},"modified":"2023-09-28T08:28:21","modified_gmt":"2023-09-28T08:28:21","slug":"30-animais-abandonados-seran-atendidos-no-novo-refuxio-do-valadouro-grazas-a-deputacion-concello-e-protectora","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/30-animais-abandonados-seran-atendidos-no-novo-refuxio-do-valadouro-grazas-a-deputacion-concello-e-protectora\/","title":{"rendered":"30 animais abandonados ser\u00e1n atendidos no novo refuxio do Valadouro grazas a Deputaci\u00f3n, Concello e Protectora"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O Presidente, o Alcalde e a Presidenta de APAVA asinaron este m\u00e9rcores o convenio de colaboraci\u00f3n para a dotaci\u00f3n dun novo refuxio en Vilaestremil, nunha parcela de 2.650 m2 propiedade do colectivo, para dar acubillo e coidado a animais abandonados procedentes dos municipios de Muras, Alfoz, Lourenz\u00e1 e Valadouro<\/p>\n<p>&#8211; As obras, financiadas con 85.000 euros polo Executivo Provincial, consistir\u00e1n na construci\u00f3n da nave, a divisi\u00f3n dos espazos, a instalaci\u00f3n do saneamento e electricidade, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de traballos de fontaner\u00eda e carpinter\u00eda<\/p>\n<p>&#8211; Pola s\u00faa parte, o Concello do Valadouro comprom\u00e9tese \u00e1 tramitaci\u00f3n con celeridade das licenzas e autorizaci\u00f3ns que sexan da s\u00faa competencia, as\u00ed como ampliar este servizo aos municipios da Comarca da Mari\u00f1a que queiran contar con este servizo<\/p>\n<p>&#8211; As dependencias contar\u00e1n cunha sala de curas, un departamento para a xesti\u00f3n da actividade, un almac\u00e9n de alimentos e outro de limpeza, 2 salas de corentena e outras 2 de illamento, un espazo para animais perigosos, un departamento para gatos e mascotas, unha de pos partos e outros 6 espazos para o resto de animais<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos Conde, o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e a Presidenta da Asociaci\u00f3n Protectora de Animais Valadouro-Alfoz (APAVA), Luc\u00eda L\u00f3pez Tall\u00f3n, asinaron este m\u00e9rcores o convenio de colaboraci\u00f3n entre o Executivo Provincial, o Goberno Municipal e dito colectivo para a construci\u00f3n dun novo refuxio de animais abandonados no Concello do Valadouro. Nestas novas instalaci\u00f3ns a Protectora de Animais atender\u00e1 a animais abandonados que procedan dos municipios de Alfoz, Muras, O Valadouro e Lourenz\u00e1, as\u00ed como do resto de municipios da Comarca da Mari\u00f1a que estean interesados neste servizo e asinen un convenio de colaboraci\u00f3n co Concello do Valadouro.<\/p>\n<p>Son 85.000 euros os que o Goberno da Deputaci\u00f3n decidiu destinar ao financiamento da totalidade das obras de dotaci\u00f3n deste servizo, moi demandado en toda a Mari\u00f1a, que poder\u00e1 dar acubillo, mantemento, coidado e atenci\u00f3n profesional integral a un total de 30 animais abandonados que as\u00ed o precisen. Pola s\u00faa parte, o Concello do Valadouro comprom\u00e9tese \u00e1 tramitaci\u00f3n con celeridade das licenzas e autorizaci\u00f3ns que sexan da s\u00faa competencia, as\u00ed como ampliar este servizo aos municipios da Comarca que queiran adherirse. A Asociaci\u00f3n Protectora de Animais Valadouro-Alfoz cede os terreos onde se situar\u00e1n as novas instalaci\u00f3ns do refuxio, en Vilaestremil.<\/p>\n<p>Campos Conde destacou que \u201ccon este novo investimento do Goberno da Deputaci\u00f3n damos resposta as demandas e necesidades que te\u00f1en hoxe en d\u00eda a maior\u00eda dos Concellos da Mari\u00f1a e que precisan deste servizo comarcal. Quero po\u00f1er en valor o grande labor que realizan este tipo de colectivos, como APAVA, na nosa provincia, atendendo, protexendo e coidando aos animais abandonados, e desenvolvendo un traballo de sensibilizaci\u00f3n e visibilizacion na nosa cidadan\u00eda, que \u00e9 fundamental, para que o n\u00famero de mascotas sen fogar dimin\u00faa.\u201d<\/p>\n<p>Maseda Maseda agradeceu a colaboraci\u00f3n do Executivo Provincial e subli\u00f1ou que \u201cesta nova infraestrutura permitiranos ofrecer un servizo que os veci\u00f1os do Concello do Valadouro, e doutros municipios lim\u00edtrofes e pequenos, reclamaban como unha prioridade. Estou seguro que traballaremos da man coa Protectora de Animais Valadouro-Alfoz para poder atender a maior\u00eda de cans e gatos que as\u00ed o necesiten e poder atallar un problema que vivimos todos os d\u00edas\u201d.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Tall\u00f3n aproveitou a ocasi\u00f3n para lembrar que \u201c\u00e9 fundamental concienciar \u00e1 sociedade sobre a tenza e adopci\u00f3n de animais, e que entre todos, consigamos que o abandono animal sexa un recordo do pasado e que no futuro non fagan falta este tipo de refuxios. Dende a nosa asociaci\u00f3n levamos 5 anos traballando no benestar dos animais e con estas novas instalaci\u00f3ns poderemos ofrecer un servizo moito m\u00e1is profesional e individualizado\u201d.<\/p>\n<p>Unha parcela de 2.650 m2<\/p>\n<p>As novas instalaci\u00f3ns da canceira, financiadas na s\u00faa totalidade polo Executivo Provincial, situaranse en Vilaestremil, nunha parcela de 2.650 m2 propiedade de dito colectivo. As actuaci\u00f3ns, que comezar\u00e1n unha vez estean todos os permisos de obra concedidos, consistir\u00e1n na construci\u00f3n dunha nave con bloque de formig\u00f3n armado e unha cuberta met\u00e1lica, a divisi\u00f3n dos espazos, a instalaci\u00f3n da rede de saneamento e electricidade, as\u00ed como os traballos de fontaner\u00eda e carpinter\u00eda. Ademais, o organismo provincial dotar\u00e1 \u00e1 canceira dunha ampla zona verde co fin de humanizar moito m\u00e1is a contorna.<\/p>\n<p>Caracter\u00edsticas da canceira<\/p>\n<p>As novas dependencias da canceira contar\u00e1n cunha sala de curas, un pequeno departamento para a xesti\u00f3n da actividade do colectivo, un almac\u00e9n de alimentos e outro de produtos de desinfecci\u00f3n e limpeza, 2 salas de corentena, as\u00ed como 2 departamentos para o illamento de animais enfermos ou feridos, un espazo para animais considerados perigosos, un departamento para gatos e outro para mascotas, unha dependencia para pos partos e outros 6 espazos m\u00e1is para a atenci\u00f3n dos animais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O Presidente, o Alcalde e a Presidenta de APAVA asinaron este m\u00e9rcores o convenio de colaboraci\u00f3n para a dotaci\u00f3n dun novo refuxio en Vilaestremil, nunha parcela de 2.650 m2 propiedade do colectivo, para dar acubillo e coidado a animais abandonados procedentes dos municipios de Muras, Alfoz, Lourenz\u00e1 e Valadouro &#8211; As obras, financiadas con &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10999,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12591","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12591","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12591"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12591\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12592,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12591\/revisions\/12592"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10999"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12591"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12591"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12591"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}