{"id":12595,"date":"2018-04-11T00:00:00","date_gmt":"2018-04-11T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12595"},"modified":"2023-09-28T08:29:17","modified_gmt":"2023-09-28T08:29:17","slug":"o-goberno-da-deputacion-organiza-un-ciclo-de-charlas-informativas-sobre-a-tenza-responsable-de-animais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-goberno-da-deputacion-organiza-un-ciclo-de-charlas-informativas-sobre-a-tenza-responsable-de-animais\/","title":{"rendered":"O Goberno da Deputaci\u00f3n organiza un ciclo de charlas informativas sobre a tenza responsable de animais"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O organismo provincial, en colaboraci\u00f3n co Seprona, est\u00e1 a ofrecer unha campa\u00f1a para informar \u00e1 cidadan\u00eda sobre as obrigas e responsabilidades de ter animais<\/p>\n<p>&#8211; As charlas ter\u00e1n lugar o d\u00eda 25 de abril \u00e1s 16:30 horas en Mondo\u00f1edo, e \u00e1s 19:30 horas en Vilalba; o d\u00eda 24 de maio \u00e1s 16:30 horas en Viveiro, e \u00e1s 19:30 horas en Ribadeo; e o d\u00eda 25 de maio, \u00e1s 16:30 horas na Fonsagrada, e \u00e1s 19:30 horas en Meira<\/p>\n<p>&#8211; A trav\u00e9s destes encontros, nos que participan axentes do Seprona, unha educadora canina e unha avogada animalista, a Deputaci\u00f3n achega tam\u00e9n as novidades que introduciu a Lei 4\/2017 de protecci\u00f3n e benestar dos animais de compa\u00f1\u00eda en Galicia<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n, en colaboraci\u00f3n co Seprona, organiza un ciclo de charlas informativas sobre a tenza responsable de animais en 12 Concellos da provincia. Faino co obxectivo de informar a todos os interesados, que poden participar de xeito totalmente gratu\u00edto, sobre as obrigas e responsabilidades que sup\u00f3n a tenza de animais dom\u00e9sticos, especialmente tras a entrada en vigor da Lei 4\/2017 de protecci\u00f3n e benestar dos animais de compa\u00f1\u00eda en Galicia. Os primeiros coloquios tiveron lugar en Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Palas de Rei, Baralla e Sarria.<\/p>\n<p>As vindeiras charlas celebraranse o d\u00eda 25 de abril \u00e1s 16:30 horas en Mondo\u00f1edo, e \u00e1s 19:30 horas en Vilalba; o d\u00eda 24 de maio \u00e1s 16:30 horas en Viveiro, e \u00e1s 19:30 horas en Ribadeo; e o d\u00eda 25 de maio, \u00e1s 16:30 horas na Fonsagrada, e \u00e1s 19:30 horas en Meira. Nestes coloquios participan axentes do Seprona, unha educadora canina e unha avogada animalista.<\/p>\n<p>Durante a Semana Santa xa se realizaron seis charlas na provincia de Lugo, o d\u00eda 26 de marzo nos Concellos de Quiroga e Monforte de Lemos; o d\u00eda 27 no Concello de Chantada e Palas de Rei, e o d\u00eda 28 no Concello de Baralla e no de Sarria. Preto dun centenar de veci\u00f1os da provincia de Lugo acheg\u00e1ronse xa a estes encontros.<\/p>\n<p>Estas charlas adoitan durar ao redor de d\u00faas horas; logo de realizar a s\u00faa exposici\u00f3n os diferentes relatores \u00e1brese unha quedan de palabra para os veci\u00f1os, xer\u00e1ndose un enriquecedor debate no que cada asistente exp\u00f3n as s\u00faas experiencias con animais dom\u00e9sticos. Un dos grandes obxectivos que persegue esta campa\u00f1a \u00e9 sensibilizar \u00e1 poboaci\u00f3n respecto da situaci\u00f3n dos cans abandonados, as\u00ed como concienciar de que os cans non poden deambular libremente e deben estar perfectamente identificados.<\/p>\n<p>Os encontros serven tam\u00e9n para achegarlles aos asistentes as novidades que introduciu a nova Lei de protecci\u00f3n e benestar dos animais de compa\u00f1\u00eda en Galicia, na que se recollen situaci\u00f3ns que poder\u00edan ser constitutivas de infracci\u00f3n administrativa ou, en funci\u00f3n do caso, incluso ser consideradas delito, xa que os animais est\u00e1n igualmente protexidos polo C\u00f3digo Penal.<\/p>\n<p>Lexislaci\u00f3n sobre protecci\u00f3n animal<\/p>\n<p>A lexislaci\u00f3n vixente establece certas obrigas de car\u00e1cter b\u00e1sico para as persoas que decidan ter un animal dom\u00e9stico. Entre elas, destacan a obrigatoriedade de proporcionarlle os coidados veterinarios precisos, as\u00ed como mantelo nunhas condici\u00f3ns hix\u00e9nico-sanitarias boas; procurar un aloxamento apropiado, acorde \u00e1s caracter\u00edsticas do animal; ofrecer unha alimentaci\u00f3n adecuada; implataci\u00f3n do microchip identificativo e inscribilo no Rexistro Municipal correspondente. Ademais, a lexislaci\u00f3n tam\u00e9n recolle a obrigatoriedade de proporcionarlle o exercicio e os est\u00edmulos precisos para levar unha vida saudable, cubrindo todas as s\u00faas necesidades, tanto f\u00edsicas, como mentais ou emocionais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O organismo provincial, en colaboraci\u00f3n co Seprona, est\u00e1 a ofrecer unha campa\u00f1a para informar \u00e1 cidadan\u00eda sobre as obrigas e responsabilidades de ter animais &#8211; As charlas ter\u00e1n lugar o d\u00eda 25 de abril \u00e1s 16:30 horas en Mondo\u00f1edo, e \u00e1s 19:30 horas en Vilalba; o d\u00eda 24 de maio \u00e1s 16:30 horas en &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12595","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12595","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12595"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12595\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12596,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12595\/revisions\/12596"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}