{"id":12597,"date":"2018-04-13T00:00:00","date_gmt":"2018-04-13T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12597"},"modified":"2023-09-28T08:29:44","modified_gmt":"2023-09-28T08:29:44","slug":"25-alumnos-do-ies-terra-cha-jose-trapero-pardo-formaronse-como-emprendedores-grazas-ao-goberno-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/25-alumnos-do-ies-terra-cha-jose-trapero-pardo-formaronse-como-emprendedores-grazas-ao-goberno-da-deputacion\/","title":{"rendered":"25 alumnos do IES Terra Ch\u00e1 Jos\u00e9 Trapero Pardo form\u00e1ronse como emprendedores grazas ao Goberno da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; Fern\u00e1ndez Queipo entregou este venres no sal\u00f3n de actos do instituto de Castro Riberas de Lea os diplomas aos participantes do IV Campus de Emprendemento Sostible<\/p>\n<p>&#8211; Os estudantes co\u00f1eceron novas tipolox\u00edas de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, t\u00e9cnica, legal, medioambiental e econ\u00f3mico-financeira das s\u00faas ideas de negocio<\/p>\n<p>&#8211; Para finalizar a formaci\u00f3n, os rapaces visitaron as instalaci\u00f3ns de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o<\/p>\n<p>O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, entregou este venres, no Sal\u00f3n de Actos do IES Terra Ch\u00e1 Jos\u00e9 Trapero Pardo, de Castro Riberas de Lea, os diplomas do IV Campus de Emprendemento Sostible. F\u00edxoo acompa\u00f1ado do Xefe do Departamento de Agraria do instituto de educaci\u00f3n secundaria, Nilo Avelino Carballa, e da profesora que impartiu os cursos, F\u00e1tima Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201ca trav\u00e9s deste plan, dende o Goberno da Deputaci\u00f3n, impulsamos o emprego ofrecendo gratuitamente a todos os lucenses formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento in situ sobre iniciativas empresariais exitosas e consolidadas, con visitas \u00e1s mesmas, co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os existentes en alg\u00fan dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses\u201d.<br \/>\nEmprendemento no IES A Terra Ch\u00e1 Jos\u00e9 Trapero Pardo<\/p>\n<p>Por primeira vez, esta programaci\u00f3n impartiuse nos 3 centros p\u00fablicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produci\u00f3n agropecuaria, xesti\u00f3n forestal e do medio natural. Tr\u00e1tase do IES A Terra Ch\u00e1 Jos\u00e9 Trapero Pardo, en Castro de Rei; as\u00ed como o IES San Rosendo, en Mondo\u00f1edo, e o Centro Alta Monta\u00f1a, en Becerre\u00e1.<\/p>\n<p>Foron 25 alumnos de secundaria do IES A Terra Ch\u00e1 Jos\u00e9 Trapero Pardo os que participaron na IV edici\u00f3n do Campus de Emprendemento Sostible que ofrece o Executivo Provincial. Os mozos realizaron os cursos de motivaci\u00f3n e xeraci\u00f3n de ideas e o de maduraci\u00f3n de ideas empresariais. Nestas d\u00faas activades formativas os estudantes co\u00f1eceron novas tipolox\u00edas de empresas con valores sociais e medioambientais, que se presentan nos Campus coma un exemplo de boas pr\u00e1cticas coa contorna e coas xeraci\u00f3ns do futuro; e afondaron sobre a viabilidade comercial, t\u00e9cnica, legal, medioambiental e econ\u00f3mico-financeira dun negocio.<\/p>\n<p>Para finalizar a formaci\u00f3n, os rapaces visitaron \u00e1s instalaci\u00f3ns de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o. Unha vez rematado o campus ofrec\u00e9ronse unha serie de titor\u00edas para prestar asesoramento persoalizado ao alumnado que desexou continuar o traballo de maduraci\u00f3n das s\u00faas ideas iniciado durante o campus.<\/p>\n<p>21 empresas xeradas<\/p>\n<p>A formaci\u00f3n gratu\u00edta ofertada polo Executivo Provincial a trav\u00e9s destes Campus permitiu, polo de agora, a creaci\u00f3n de 21 novas empresas na provincia de Lugo. Estas son as seguintes: A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fern\u00e1ndez D\u00edaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Pr\u00edncipe (Cervantes); Explotaci\u00f3n Extensiva de Gando Vac\u00fan (Sarria); Abad\u00eda (Mondo\u00f1edo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondo\u00f1edo); Galim\u00f3s: A nosa granxa de gali\u00f1as de M\u00f3s (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingenier\u00eda ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerre\u00e1); Artesan\u00eda Calabazas Mago de Luz (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caser\u00edo Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, m\u00e1s que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerre\u00e1).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Fern\u00e1ndez Queipo entregou este venres no sal\u00f3n de actos do instituto de Castro Riberas de Lea os diplomas aos participantes do IV Campus de Emprendemento Sostible &#8211; Os estudantes co\u00f1eceron novas tipolox\u00edas de empresas con valores sociais e medioambientais, e afondaron sobre a viabilidade comercial, t\u00e9cnica, legal, medioambiental e econ\u00f3mico-financeira das s\u00faas ideas de &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10990,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12597","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12597","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12597"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12597\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12598,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12597\/revisions\/12598"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10990"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12597"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12597"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12597"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}