{"id":12615,"date":"2018-09-26T00:00:00","date_gmt":"2018-09-26T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12615"},"modified":"2023-09-28T08:34:05","modified_gmt":"2023-09-28T08:34:05","slug":"a-deputacion-e-as-reservas-da-biosfera-organizan-este-xoves-unha-xornada-gratuita-sobre-as-posibilidades-do-aproveitamento-da-resina","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-e-as-reservas-da-biosfera-organizan-este-xoves-unha-xornada-gratuita-sobre-as-posibilidades-do-aproveitamento-da-resina\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n e as Reservas da Biosfera organizan este xoves unha xornada gratu\u00edta sobre as posibilidades do aproveitamento da resina"},"content":{"rendered":"<p>A cita ser\u00e1 o vindeiro xoves 27 de setembro no Sal\u00f3n de Actos da Deputaci\u00f3n. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a inscrici\u00f3n a trav\u00e9s do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ata completar o aforo<\/p>\n<p>O Vicepresidente avanzou que \u201ca extracci\u00f3n de resina \u00e9 un sector incipiente en Galicia, que duplicar\u00e1 neste 2018 a s\u00faa produci\u00f3n, ao pasar dos 30.000 pinos resinados en 2017 aos 60.000 deste ano, segundo as \u00faltimos datos do sector\u201d<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201csomos unha provincia rural e queremos aproveitar todas as posibilidades que nos brinda a natureza, por iso dende a Deputaci\u00f3n de Lugo apostamos polo desenvolvemento deste tipo de iniciativas, especialmente nas Reservas da Biosfera\u201d<\/p>\n<p>O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n e dos \u00f3rganos de xesti\u00f3n das Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, presentou este luns no Sal\u00f3n de Actos da Deputaci\u00f3n, a xornada Posibilidades do aproveitamento resineiro na comunidade aut\u00f3noma galega, que reunir\u00e1 o 27 de setembro en Lugo a destacados expertos na xesti\u00f3n forestal e, en concreto, na produci\u00f3n de resina destinada \u00e1 industria transformadora. Acompa\u00f1ouno na presentaci\u00f3n \u00c9rika Mart\u00ednez, enxe\u00f1eira de montes, que participar\u00e1 como po\u00f1ente na xornada.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo destacou que se trata \u201cdunha iniciativa que busca dar a co\u00f1ecer aproveitamentos forestais alternativos e complementarios \u00e1 xesti\u00f3n da madeira, e que supo\u00f1en novas oportunidades de emprego no rural\u201d. O Vicepresidente avanzou que \u201ca extracci\u00f3n de resina \u00e9 un sector incipiente en Galicia, que duplicar\u00e1 neste 2018 a s\u00faa produci\u00f3n, ao pasar dos 30.000 pinos resinados en 2017 aos 60.000 deste ano, segundo as \u00faltimos datos do sector\u201d.<\/p>\n<p>\u201cA extracci\u00f3n de resina \u00e9 un sector en despegue na provincia de Lugo e sup\u00f3n unha alternativa econ\u00f3mica para a mocidade do rural\u201d, sinalou o Vicepresidente. \u201cSomos unha provincia rural e queremos aproveitar todas as posibilidades que nos brinda a natureza, por iso apostamos polo desenvolvemento deste tipo de iniciativas\u201d.<\/p>\n<p>A xornada desenvolverase o 27 de setembro no sal\u00f3n de actos da Deputaci\u00f3n de Lugo, en horario de ma\u00f1\u00e1 e tarde. A inscrici\u00f3n \u00e9 gratu\u00edta, ata completar o aforo. As persoas interesadas en participar poden formalizar a s\u00faa inscrici\u00f3n a trav\u00e9s da p\u00e1xina web www.deputacionlugo.gal.<\/p>\n<p>Programa da xornada<br \/>\nO Vicepresidente da Deputaci\u00f3n, Argelio Fern\u00e1ndez Queiro, abrir\u00e1 a xornada \u00e1s dez da ma\u00f1\u00e1, seguido da intervenci\u00f3n de Gregorio Chamorro Garc\u00eda, representante da Secretar\u00eda Xeral de Pol\u00edtica Forestal, que falar\u00e1 sobre as actuaci\u00f3ns da administraci\u00f3n forestal do Estado en relaci\u00f3n coas resinas naturais. A continuaci\u00f3n, Juan Carlos \u00c1lvarez Cabrero, da Asociaci\u00f3n Nacional para a Vertebraci\u00f3n e Defensa do Sector Resineiro, expo\u00f1er\u00e1 a situaci\u00f3n do sector en Espa\u00f1a o seu potencial como motor de desenvolvemento rural. E Gregorio Luis Cazurro, da Sociedad de Resinas Naturales, centrar\u00e1 a s\u00faa presentaci\u00f3n na adaptaci\u00f3n dos montes galegos \u00e1 resinaci\u00f3n. Finalmente, a sesi\u00f3n da ma\u00f1\u00e1 pecharase cunha mesa redonda.<\/p>\n<p>A xornada contin\u00faa \u00e1s 16.00 horas coa intervenci\u00f3n de Manuel Francisco Marey, da Universidade de Santiago de Compostela, que falar\u00e1 do futuro do sector forestal galego e da necesidade de novas alternativas. A continuaci\u00f3n participar\u00e1n \u00c9rika Mart\u00ednez, de Letme Soluciones, e Manuel Guaita Fern\u00e1ndez, que falar\u00e1n do aproveitamento resineiro como actividade para valorizar o sector forestal e o papel da madeira de con\u00edferas e o seu papel na econom\u00eda circular. Unha mesa redonda moderada por Fern\u00e1ndez Reija po\u00f1er\u00e1 o colof\u00f3n ao evento, aproximadamente \u00e1s 20.00 horas.<\/p>\n<p>O programa da xornada est\u00e1 dispo\u00f1ible na web www.deputacionlugo.gal. A inscrici\u00f3n pode facerse a trav\u00e9s do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org e no tel\u00e9fono 982 227 813.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cita ser\u00e1 o vindeiro xoves 27 de setembro no Sal\u00f3n de Actos da Deputaci\u00f3n. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a inscrici\u00f3n a trav\u00e9s do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ata completar o aforo O Vicepresidente avanzou que \u201ca extracci\u00f3n de resina \u00e9 un sector incipiente en Galicia, que duplicar\u00e1 neste 2018 a s\u00faa produci\u00f3n, ao &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12615","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12615","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12615"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12615\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12616,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12615\/revisions\/12616"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12615"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12615"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12615"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}