{"id":12627,"date":"2018-11-27T00:00:00","date_gmt":"2018-11-27T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12627"},"modified":"2023-09-28T08:37:15","modified_gmt":"2023-09-28T08:37:15","slug":"a-deputacion-promove-a-conservacion-das-reservas-da-biosfera-cunha-xornada-de-custodia-do-territorio-en-rabade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-promove-a-conservacion-das-reservas-da-biosfera-cunha-xornada-de-custodia-do-territorio-en-rabade\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n promove a conservaci\u00f3n das Reservas da Biosfera cunha Xornada de Custodia do Territorio, en R\u00e1bade"},"content":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n promove a conservaci\u00f3n das Reservas da Biosfera, coa celebraci\u00f3n este martes da Xornada sobre custodia do territorio e conservaci\u00f3n de espazos naturais protexidos, organizada polo organismo provincial, en colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio (AGCT). O encontro enm\u00e1rcase dentro do acordo que o Executivo provincial asinou en 2014 para o estudo da xesti\u00f3n das Insuas do Mi\u00f1o e Ollos de Begonte. No primeiro dos relatorios, a cargo do t\u00e9cnico da AGCT Marti\u00f1o Cabana Otero, d\u00e9ronse a co\u00f1ecer os avances realizados no estudo para a xesti\u00f3n deste territorio de 106 hect\u00e1reas, situado na zona de confluencia dos Concellos de Outeiro de Rei, R\u00e1bade e Begonte.<\/p>\n<p>O organismo provincial colabora para contribu\u00edr \u00e1 conservaci\u00f3n e posta en valor da biodiversidade e o patrimonio cultural, as\u00ed como \u00e1 exposici\u00f3n de ideas e experiencias de xesti\u00f3n na monta\u00f1a ou en \u00e1reas con caracter\u00edsticas semellantes e mostrar as posibilidades did\u00e1cticas do patrimonio natural lucense, que acubilla unha excepcional riqueza biol\u00f3xica. O traballo conxunto entre Deputaci\u00f3n e AGCT ten como obxectivo principal a mellora do estado de conservaci\u00f3n das Insuas do Mi\u00f1o e Ollos de Begonte, mediante actividades de investigaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n ambiental. O Alto Mi\u00f1o \u00e9 un dos complexos h\u00famidos de grande importancia e peculiaridade, pola s\u00faa abundancia e diversidade de h\u00e1bitats de ribeira, lagoas e turbeiras, cun elevado grao de naturalidade.<\/p>\n<p>A xornada deste martes tivo como finalidade achegar a custodia dos territorios aos axentes implicados, t\u00e9cnicos, funcionarios e pol\u00edticos, para dar a co\u00f1ecer o patrimonio natural lucense \u00f3s Concellos da provincia e establecer medidas de conservaci\u00f3n e xesti\u00f3n dos espazos naturais protexidos.<\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio<br \/>\nA Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio (AGCT) fundouse en R\u00e1bade en 2008, coa intenci\u00f3n de recuperar e conservar o patrimonio natural, mediante a custodia do territorio. Ten a s\u00faa sede na Casa das Insuas, en R\u00e1bade, antiga casa consistorial convertida en centro de estudo e conservaci\u00f3n da natureza. A este obxectivo contrib\u00faen outras entidades naturalistas galegas, que colaboran na creaci\u00f3n de programas de educaci\u00f3n ambiental e difusi\u00f3n dos valores naturais do territorio galego, en particular, a comarca da Terra Ch\u00e1 e as s\u00faas zonas lim\u00edtrofes.<\/p>\n<p>Relatorios<br \/>\nO bi\u00f3logo e t\u00e9cnico da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio, Marti\u00f1o Cabana Otero, foi o encargado de abrir o ciclo de relatorios para dar conta dos estudos realizados en colaboraci\u00f3n coa Deputaci\u00f3n. As charlas foron as seguintes:<br \/>\n&#8211; Traballos realizados no Acordo de Custodia do Territorio entre a AGCT e a Deputaci\u00f3n de Lugo para a xesti\u00f3n das Insuas do Mi\u00f1o e Ollos de Begonte, Marti\u00f1o Cabana Otero. Bi\u00f3logo e t\u00e9cnico da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio.<br \/>\n&#8211; A custodia do territorio como ferramenta para a conservaci\u00f3n da biodiversidade da comarca das Mari\u00f1as coru\u00f1esas, Fernando Band\u00edn Monteiro. Membro do Padroado da Fundaci\u00f3n Fragas do Mandeo.<br \/>\n&#8211; A participaci\u00f3n social na RB de Alto Bernesga e posta en marcha do proxecto Custointegra, Beni Rodr\u00edguez. Xerente da RB de Alto Bernesga.<br \/>\n&#8211; A Custodia do Territorio para a conservaci\u00f3n dos humidais da Limia, Seraf\u00edn Gonz\u00e1lez Prieto. Investigador e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.<br \/>\n&#8211; A Custodia do Territorio na monta\u00f1a lucense, \u00d3scar Rivas L\u00f3pez. T\u00e9cnico da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n promove a conservaci\u00f3n das Reservas da Biosfera, coa celebraci\u00f3n este martes da Xornada sobre custodia do territorio e conservaci\u00f3n de espazos naturais protexidos, organizada polo organismo provincial, en colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio (AGCT). O encontro enm\u00e1rcase dentro do acordo que o Executivo provincial asinou en 2014 para &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11061,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12627","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12627","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12627"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12627\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12628,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12627\/revisions\/12628"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11061"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12627"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12627"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12627"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}