{"id":12635,"date":"2019-01-06T00:00:00","date_gmt":"2019-01-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12635"},"modified":"2023-09-28T08:39:22","modified_gmt":"2023-09-28T08:39:22","slug":"visitas-obradoiros-e-outras-actividades-conforman-o-programa-escolar-da-deputacion-no-centro-de-interpretacion-do-rio-rato","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/visitas-obradoiros-e-outras-actividades-conforman-o-programa-escolar-da-deputacion-no-centro-de-interpretacion-do-rio-rato\/","title":{"rendered":"Visitas, obradoiros e outras actividades conforman o programa escolar da Deputaci\u00f3n no Centro de Interpretaci\u00f3n do r\u00edo Rato"},"content":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n organiza neste 2019 un amplo programa de actividades formativas dirixidas aos centros educativos da provincia e adaptadas aos diferentes cursos, como visitas ou obradoiros, que ter\u00e1n lugar no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, situado no paseo do r\u00edo Rato. Todas as actividades son gratu\u00edtas e para inscribirse a direcci\u00f3n do centro deber\u00e1 po\u00f1erse en contacto coa \u00c1rea de Medio Ambiente a trav\u00e9s do tel\u00e9fono 982 227 813 ou ben na direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico und.medioambiente@deputacionlugo.org<\/p>\n<p>O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, animou a todos os centros interesados \u201ca participar totalmente de balde na programaci\u00f3n medioambiental que lles ofertamos dende o Executivo Provincial, pois queremos que os cativos se acheguen \u00e1 natureza por medio dunha educaci\u00f3n transversal, para fomentar neles o respecto e cari\u00f1o polos nosos recursos naturais\u201d.<\/p>\n<p>Todos os centros da provincia poden participar no programa que consiste na realizaci\u00f3n de visitas adaptadas aos curr\u00edculos dos diferentes cursos, con diferentes modalidades: visitas guiadas, visitas guiadas con paseo polo r\u00edo Rato, visitas activas cun caderno de actividades, ou visitas-obradoiro. Tam\u00e9n se ofrece a posibilidade de que sexan os profesores quen impartan unha clase empregando o material e as instalaci\u00f3ns do Centro de Interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Actividades durante todo o curso<br \/>\nAs actividades est\u00e1n dispo\u00f1ibles durante todo o curso escolar e non existe un prazo l\u00edmite para solicitalas \u201cse ben \u00e9 certo que os paseos son preferibles na \u00e9poca primaveral, pois a natureza retorna \u00e1 vida despois do inverno e o alumnado pode desfrutalo m\u00e1is\u201d aclarou o Vicepresidente.<\/p>\n<p>\u201cOs rapaces te\u00f1en a oportunidade de achegarse ao centro de interpretaci\u00f3n e desfrutar da natureza dende un punto de vista diferente e activo e, os da comarca de Lugo, tam\u00e9n poder\u00e1n participar en O Centro de interpretaci\u00f3n na r\u00faa na que son os traballadores quen se despraza aos colexios para traballar co alumnado\u201d explicou Fern\u00e1ndez Queipo quen tam\u00e9n destacou a participaci\u00f3n de moitos centros no curso anterior no Programa de Seguimento Fenol\u00f3xico da Rede Espa\u00f1ola de Reservas da Biosfera: \u201ctr\u00e1tase dun programa de ciencia cidad\u00e1 que consiste no observaci\u00f3n de especies com\u00fans para analizar os cambios das datas dos seus feitos biol\u00f3xicos\u201d.<\/p>\n<p>Modalidade das visitas ao Centro de Interpretaci\u00f3n<br \/>\n&#8211; Visita guiada adaptada ao curr\u00edculo dos ciclos de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria.<br \/>\n&#8211; Visita guiada adaptada ao curr\u00edculo dos ciclos de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria e paseo did\u00e1ctico polo r\u00edo Rato.<br \/>\n&#8211; Visitas activas complementadas cos cadernos de actividades da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o (un espec\u00edfico para cada nivel educativo) e paseo did\u00e1ctico polo r\u00edo Rato.<\/p>\n<p>Of\u00e9rtanse tam\u00e9n \u00e1s seguintes visitas-obradoiro:<br \/>\n* Viaxando ao interior do solo (4, 5 e 6 de Educaci\u00f3n Primaria).<br \/>\n* Bot\u00e1nicos no Paseo do R\u00edo Rato (4, 5 e 6 de Educaci\u00f3n Primaria).<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, sempre que os profesores responsables da visita o desexen, of\u00e9rtase tam\u00e9n a posibilidade de impartir algunha clase por parte do persoal docente, empregando as instalaci\u00f3ns do Centro de Interpretaci\u00f3n no horario indicado para as visitas guiadas.<\/p>\n<p>Actividades abertas no Centro de Interpretaci\u00f3n<br \/>\nAdemais, o Centro de Interpretaci\u00f3n organiza 16 actividades neste primeiro trimestre do ano, para que poidan participar todos os veci\u00f1os que queiran. A programaci\u00f3n deste trimestre ten como eixo tem\u00e1tico os traballos do inverno como a poda, a prevenci\u00f3n de pragas ou a preparaci\u00f3n do solo do horto, traballando estes temas con charlas, sa\u00eddas, cursos, talleres para adultos ou obradoiros e festas para os m\u00e1is cativos. Todas as actividades realizaranse, a menos que se indique o contrario, no Centro de Interpretaci\u00f3n, son gratu\u00edtas e te\u00f1en l\u00edmite de prazas, polo que \u00e9 necesario a inscrici\u00f3n previa na web da Deputaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n organiza neste 2019 un amplo programa de actividades formativas dirixidas aos centros educativos da provincia e adaptadas aos diferentes cursos, como visitas ou obradoiros, que ter\u00e1n lugar no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, situado no paseo do r\u00edo Rato. Todas as actividades son gratu\u00edtas e para inscribirse a direcci\u00f3n do &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11069,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[114],"tags":[],"class_list":["post-12635","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-c-i-terras-do-mino-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12635"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12635\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12636,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12635\/revisions\/12636"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11069"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}