{"id":12645,"date":"2019-01-16T00:00:00","date_gmt":"2019-01-16T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12645"},"modified":"2023-09-28T08:41:41","modified_gmt":"2023-09-28T08:41:41","slug":"a-deputacion-presenta-a-xunta-de-galicia-o-proxecto-para-o-aproveitamento-sostible-na-serra-do-xistral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-presenta-a-xunta-de-galicia-o-proxecto-para-o-aproveitamento-sostible-na-serra-do-xistral\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n presenta \u00e1 Xunta de Galicia o proxecto para o aproveitamento sostible na Serra do Xistral"},"content":{"rendered":"<p>O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, mantivo este m\u00e9rcores un encontro coa Directora Xeral de Patrimonio Natural, Bel\u00e9n do Campo Pi\u00f1eiro, no que lle presentou \u00e1 Xunta de Galicia o proxecto Life in Common Land. Tr\u00e1tase dun programa comunitario que lidera a Deputaci\u00f3n para desenvolver medidas de aproveitamento sostible na Serra do Xistral, no referente \u00e1 xesti\u00f3n gandeira e a conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats naturais nos montes comunais. Na reuni\u00f3n participaron tam\u00e9n representantes das Universidades de Santiago e A Coru\u00f1a. O programa, que conta coa aprobaci\u00f3n inicial da Uni\u00f3n Europea, est\u00e1 dotado de 2 mill\u00f3ns de euros, dos 1,4 son de fondos europeos, 212.000 da Deputaci\u00f3n, 198.000 da USC e 100.000 da UdC.<\/p>\n<p>Este pioneiro proxecto da Deputaci\u00f3n contempla, como medida principal, que ser\u00e1n os usuarios e propietarios os encargados de aplicar na Serra do Xistral distintas medidas para o aproveitamento sostible deste espazo. Logo, e unha vez avaliados e cumpridos os obxectivos fixados, recibir\u00e1n compensaci\u00f3ns econ\u00f3micas, o que converter\u00e1 a Deputaci\u00f3n na primeira administraci\u00f3n en Espa\u00f1a que premie economicamente as boas pr\u00e1cticas ambientais para a conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats protexidos. Deste xeito, o que se busca \u00e9 facer fronte \u00e1s limitaci\u00f3ns de uso e aproveitamento do territorio, que ve\u00f1en impostas pola normativa vixente, nas zonas de especial protecci\u00f3n, como a Serra do Xistral, que \u00e9 Rede Natura 2000.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo explicou que se trata do primeiro encontro de traballo entre a Deputaci\u00f3n, USC e UdC coa Xunta de Galicia para presentar este proxecto \u201cque beneficiar\u00e1 a todos os axentes implicados e marcar\u00e1 un antes e un despois no aproveitamento sostible do medio natural. Ademais c\u00f3ntase coa participaci\u00f3n directa dos propietarios e usuarios dos montes veci\u00f1ais en mancom\u00fan, algo primordial para un desenvolvemento deste territorio, que garante un equilibrio entre o crecemento econ\u00f3mico, o coidado do medio ambiente e o benestar social\u201d.<\/p>\n<p>A Serra do Xistral, que conta cunha extensi\u00f3n de 5.000 hect\u00e1rea, abrangue os Concellos Abad\u00edn, Alfoz, Mondo\u00f1edo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo, ademais das Pontes. Na zona n\u00facleo da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, e tam\u00e9n parte do municipio de Viveiro, desenv\u00f3lvese xa un pastoreo extensivo con gando vac\u00fan e cabalar salvaxe. Demostrouse que a s\u00faa xesti\u00f3n sostible ten un efecto positivo sobre o mosaico de brezais e turbeiras da zona.<\/p>\n<p>O proxecto<\/p>\n<p>Life in Common Land \u00e9 unha iniciativa que promove a Deputaci\u00f3n, coa colaboraci\u00f3n da USC e da UdC, para demostrar que \u00e9 compatible o desenvolvemento social, econ\u00f3mico e sostible de zonas rurais de especial protecci\u00f3n, que contan con restrici\u00f3ns lexislativas en canto ao seu emprego, aproveitamento ou coidado. O proxecto conta tam\u00e9n coa participaci\u00f3n directa dos propietarios das Comunidades de Montes Veci\u00f1ais en mancom\u00fan na Serra do Xistral.<\/p>\n<p>As zonas de especial protecci\u00f3n, como a Serra do Xistral, que \u00e9 Rede Natura 2000, contemplan certas limitaci\u00f3ns de uso e aproveitamento do territorio, que ve\u00f1en impostas pola normativa vixente. Desde a Deputaci\u00f3n, decidiuse elaborar este proxecto para ofrecer soluci\u00f3ns a estas limitaci\u00f3ns, co fin de garantir a vida no rural e do rural, e para que que redunde na mellora de produci\u00f3n gandeira e forestal, as\u00ed como na conservaci\u00f3n do rural, dot\u00e1ndoo de oportunidades.<\/p>\n<p>Ata 2022, as medidas desta iniciativa est\u00e1n encami\u00f1adas a cumprir os seguintes obxectivos: mellorar a produci\u00f3n gandeira e forestal a trav\u00e9s da implantaci\u00f3n de modelos de aproveitamento baseados nas experiencias dos usuarios dos montes; axilizar tr\u00e1mites e aspectos administrativos logo de ter establecidos novos esquemas produtivos; conservar o rural e dotalo de oportunidades.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, mantivo este m\u00e9rcores un encontro coa Directora Xeral de Patrimonio Natural, Bel\u00e9n do Campo Pi\u00f1eiro, no que lle presentou \u00e1 Xunta de Galicia o proxecto Life in Common Land. Tr\u00e1tase dun programa comunitario que lidera a Deputaci\u00f3n para desenvolver medidas de aproveitamento sostible na Serra &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11196,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12645","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12645","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12645"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12645\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12646,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12645\/revisions\/12646"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11196"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12645"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12645"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12645"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}