{"id":12652,"date":"2019-01-22T00:00:00","date_gmt":"2019-01-22T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12652"},"modified":"2023-09-28T08:43:12","modified_gmt":"2023-09-28T08:43:12","slug":"a-deputacion-destaca-o-potencial-turistico-do-complexo-etnografico-de-santa-comba-como-espazo-ludico-didactico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-destaca-o-potencial-turistico-do-complexo-etnografico-de-santa-comba-como-espazo-ludico-didactico\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n destaca o potencial tur\u00edstico do complexo etnogr\u00e1fico de Santa Comba, como espazo l\u00fadico-did\u00e1ctico"},"content":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n destaca o potencial tur\u00edstico do complexo etnogr\u00e1fico do Mazo de Santa Comba, no Concello de Lugo, dedicado \u00e1 forza motriz da auga. Tr\u00e1tase dun enclave recuperado polo organismo provincial como un exemplo de arqueolox\u00eda industrial. As\u00ed o sinalou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, quen destacou o importante papel deste lugar \u00e1 hora de descubrir a funci\u00f3n fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural: \u201ca Deputaci\u00f3n realizou melloras neste centro de traballo para convertelo nun espazo l\u00fadico-did\u00e1ctico. No seu tempo foi un punto fundamental para o desenvolvemento econ\u00f3mico e social da zona e que marcou un antes e un despois nos traballos do rural\u201d.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201cneste lugar, propiedade da Deputaci\u00f3n, p\u00f3dense observar in situ varios oficios tradicionais vencellados co aproveitamento hidr\u00e1ulico da auga do r\u00edo Chamoso. Os visitantes que se acheguen ata aqu\u00ed poder\u00e1n desfrutar das antigas fraguas ou mazos que se utilizaban para os traballos de ferrer\u00eda, serras de madeira, mu\u00ed\u00f1o, ou aproveitamentos de enerx\u00eda renovables como a turbina para o servizo do complexo. Animo a todos os lucenses a que se acheguen, porque \u00e9 unha oportunidade de ocio de balde, \u00fanica para co\u00f1ecer parte da historia do rural lucense\u201d.<\/p>\n<p>\u201c\u00c9 un gran exemplo de recuperaci\u00f3n do patrimonio hidr\u00e1ulico e etnogr\u00e1fico vencellado \u00e1s cuncas fluviais. Os visitantes poder\u00e1n presenciar como se realizan demostraci\u00f3ns sobre o funcionamento dos elementos que compo\u00f1en o Mazo\u201d, engadiu.<\/p>\n<p>Visitas guiadas<br \/>\nAs visitas ao Mazo de Santa Comba son guiadas e de balde para todos os p\u00fablicos, e real\u00edzanse a grupos mediante inscrici\u00f3n previa. Forman parte do cat\u00e1logo de actividades de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n ambiental que se efect\u00faan desde o Servizo de Medio Ambiente da Deputaci\u00f3n e est\u00e1 aberto a todas as persoas, colectivos ou usuarios que queiran achegarse para co\u00f1ecer este complexo etnogr\u00e1fico.<\/p>\n<p>Nas instalaci\u00f3n, os visitantes poder\u00e1n descubrir paneis informativos que visten o centro e co\u00f1ecer de primeira man o funcionamento do mu\u00ed\u00f1o, do mazo, da serra ou da moa de afiar, mecanismos accionados pola forza da auga e que significaron, no seu tempo, un pulo importante na econom\u00eda local.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n, no marco da s\u00faa aposta polas enerx\u00edas renovables para conservar o medio ambiente e reducir custes, instalou unha turbina hidr\u00e1ulica que aproveita a enerx\u00eda cin\u00e9tica da auga do r\u00edo Chamoso, e xera electricidade completamente verde coa forza da auga, convertendo ao centro etnogr\u00e1fico nun espazo autosuficiente enerxeticamente.<\/p>\n<p>Os interesados en concertar unha visita deber\u00e1n chamar ao tel\u00e9fono 982 22 78 13 para facer as s\u00faas reservas.<\/p>\n<p>Centro de referencia<br \/>\nO Mazo de Santa Comba at\u00f3pase dentro da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, no territorio protexido que comprende unha superficie de 363.669 hect\u00e1reas de 26 municipios lucenses, ocupando un 39 por cento do territorio, convertendo a Lugo na provincia con maior superficie declarada reserva pola UNESCO.<\/p>\n<p>Este conxunto etnogr\u00e1fico est\u00e1 situado na estrada de Lugo-Monforte, \u00e1s beiras do r\u00edo Chamoso e conf\u00f3rmano varias edificaci\u00f3ns constru\u00eddas artesanalmente nas que a auga \u00e9 empregada como forza motriz. O Mazo de Santa Comba abastec\u00eda con apeiros de labranza aos labregos e con fouces de sega a Castela, destino tam\u00e9n dos galegos na \u00e9poca de colleita.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n destaca o potencial tur\u00edstico do complexo etnogr\u00e1fico do Mazo de Santa Comba, no Concello de Lugo, dedicado \u00e1 forza motriz da auga. Tr\u00e1tase dun enclave recuperado polo organismo provincial como un exemplo de arqueolox\u00eda industrial. As\u00ed o sinalou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, quen destacou o &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11187,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12652"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12653,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12652\/revisions\/12653"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11187"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}