{"id":12655,"date":"2019-01-24T00:00:00","date_gmt":"2019-01-24T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12655"},"modified":"2023-09-28T08:43:47","modified_gmt":"2023-09-28T08:43:47","slug":"mais-dunha-trintena-de-lucenses-aprenden-a-identificar-cogomelos-co-coloquio-gratuito-no-centro-de-interpretacion-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/mais-dunha-trintena-de-lucenses-aprenden-a-identificar-cogomelos-co-coloquio-gratuito-no-centro-de-interpretacion-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"M\u00e1is dunha trintena de lucenses aprenden a identificar cogomelos co coloquio gratu\u00edto no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>32 persoas participaron este xoves no faladoiro gratu\u00edto Cogomelos de interese na contorna de Lugo, que impartiu o mic\u00f3logo e membro da Sociedade Micol\u00f3xica Lucus, Jos\u00e9 Castro, no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. O coloquio est\u00e1 enmarcado dentro da programaci\u00f3n de actividades medioambientais do Goberno da Deputaci\u00f3n para o primeiro trimestre do ano. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, destacou \u201ca crecente relevancia dos fungos na gastronom\u00eda lucense, a s\u00faa importancia econ\u00f3mica e o seu aproveitamento sostible\u201d.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201ceste faladoiro est\u00e1 pensado para achegar aos lucenses ao mundo da micolox\u00eda e, deste xeito, poidan identificar aqueles cogomelos caracter\u00edsticos da nosa provincia. Debido \u00e1 grande consideraci\u00f3n que te\u00f1en dentro da nosa gastronom\u00eda, e o seu valor econ\u00f3mico e medioambiental, a Deputaci\u00f3n ten organizado varias xornadas divulgativas e sa\u00eddas ao campo para identificar, recoller e degustar estes fungos, tam\u00e9n para potenciar os recursos dos Concellos lucenses, e como valor diferencial que fan de Lugo unha provincia medioambientalmente \u00fanica\u201d.<\/p>\n<p>O coloquio tivo unha duraci\u00f3n de hora e media na que o mic\u00f3logo Xos\u00e9 Castro explicou aos participantes as caracter\u00edsticas detalladas dos cogomelos que adoitan atoparse con frecuencia na contorna de Lugo, para co\u00f1ecemento xeral das persoas asistentes e co fin de por en valor os ecosistemas naturais da provincia.<\/p>\n<p>Programaci\u00f3n totalmente de balde<br \/>\nCada ano, centos de persoas participan de xeito totalmente gratu\u00edto nesta programaci\u00f3n de actividades medioambientais que ofrece a Deputaci\u00f3n. De feito, o ano pasado, foron m\u00e1is de 1.500 os veci\u00f1os da provincia que se sumaron a estas actividades. A trav\u00e9s deste tipo de iniciativas, o Goberno busca fomentar entre a cidadan\u00eda valores relacionados coa conservaci\u00f3n e mantemento do medio ambiente e, ao mesmo tempo, dar a co\u00f1ecer o entorno natural da provincia, co fin de aprender a respectalo e coidalo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>32 persoas participaron este xoves no faladoiro gratu\u00edto Cogomelos de interese na contorna de Lugo, que impartiu o mic\u00f3logo e membro da Sociedade Micol\u00f3xica Lucus, Jos\u00e9 Castro, no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. O coloquio est\u00e1 enmarcado dentro da programaci\u00f3n de actividades medioambientais do Goberno da Deputaci\u00f3n para o primeiro trimestre do ano. O &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[114],"tags":[],"class_list":["post-12655","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-c-i-terras-do-mino-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12655","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12655"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12655\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12656,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12655\/revisions\/12656"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12655"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12655"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12655"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}