{"id":12667,"date":"2019-02-03T00:00:00","date_gmt":"2019-02-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12667"},"modified":"2023-09-28T08:57:26","modified_gmt":"2023-09-28T08:57:26","slug":"abrese-o-prazo-para-participar-de-balde-no-vi-campus-de-emprendemento-sostible-nas-reservas-da-biosfera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/abrese-o-prazo-para-participar-de-balde-no-vi-campus-de-emprendemento-sostible-nas-reservas-da-biosfera\/","title":{"rendered":"\u00c1brese o prazo para participar de balde no VI Campus de Emprendemento Sostible nas Reservas da Biosfera"},"content":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivaci\u00f3n e Maduraci\u00f3n Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputaci\u00f3n. Of\u00e9rtanse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrar\u00e1n en varias sesi\u00f3ns durante o mes de marzo de forma totalmente gratu\u00edta para os asistentes. A trav\u00e9s desta iniciativa o Executivo provincial ofrece gratuitamente a todos os lucenses emprendedores acci\u00f3ns formativas te\u00f3ricas e asesoramento individualizado, con visitas a empresas competitivas e sostibles, co obxectivo de que podan po\u00f1er en marcha os seus propios establecementos en calquera dos Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o.<\/p>\n<p>O Deputado de Medio Ambiente subli\u00f1ou que \u201ca Deputaci\u00f3n facilita un asesoramento de balde a todas aquelas persoas emprendedoras interesadas en levar a cabo iniciativas empresarias sostibles, que permitan xerar riqueza na nosa provincia. Ao mesmo tempo, estas persoas dispor\u00e1n de oportunidades para quedar a vivir no noso territorio, algo tan necesario para frear o despoboamento que est\u00e1 a padecer o rural\u201d.<\/p>\n<p>As persoas interesadas poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal. Poder\u00e1n inscribirse en calquera dos dous Campus. O prazo de inscrici\u00f3n estar\u00e1 aberto ata cubrir as prazas ofertadas. As clases formativas impartiranse no Centro de Interpretaci\u00f3n, situado no Paseo do R\u00edo Rato:<\/p>\n<p>Campus de maduraci\u00f3n empresarial: (15 prazas) Est\u00e1 dirixido a todas as persoas cunha idea de negocio. Ser\u00e1 un curso intensivo de catro d\u00edas, que combinar\u00e1 sesi\u00f3ns te\u00f3ricas con visitas a empresas e titor\u00edas individuais, unha vez rematadas as sesi\u00f3ns. En canto \u00e1 parte te\u00f3rica, traballarase a maduraci\u00f3n da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a s\u00faa viabilidade comercial, t\u00e9cnica e legal a trav\u00e9s da metodolox\u00eda Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos pr\u00e1cticos ou a viabilidade econ\u00f3mico-financeira a 5 anos.<\/p>\n<p>As sesi\u00f3ns te\u00f3ricas desenvolveranse o 11, 12 e 13 de marzo en horario a escoller de ma\u00f1\u00e1 ou de tarde, de 10:00 a 14:00 horas ou de 16:30 a 20:30. Unha vez rematado o prazo de inscrici\u00f3n e seleccionadas as persoas inscritas, indicarase o horario definitivo das clases. Haber\u00e1 visitas a empresas o 14 de marzo.<\/p>\n<p>Campus de motivaci\u00f3n empresarial: (15 prazas) Especialmente dirixido ao profesorado de centros educativos localizados na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, que imparta materias relacionadas co mundo da empresa, tales como Econom\u00eda, Empresa e iniciativa emprendedora ou Formaci\u00f3n e Orientaci\u00f3n Laboral. En funci\u00f3n das prazas libres, tam\u00e9n poder\u00e1 participar o persoal docente do resto da provincia, interesados en estimular o esp\u00edrito emprendedor a partir das competencias chave da materia que imparta.<\/p>\n<p>Ser\u00e1n sesi\u00f3ns intensivas que ter\u00e1n lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de marzo, en horario de tarde, de 16:30 horas a 20:00 horas. Estar\u00e1n destinadas a ofrecer contidos, recursos e ferramentas sobre emprendemento para traballar co alumnado nas aulas. Abordaranse os elementos principais a ter en conta \u00e1 hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincia. Tam\u00e9n haber\u00e1 visitas inspiradoras para animar a emprender proxectos no rural de forma sostible. As visitas \u00e1s empresas ser\u00e1 en marzo e fixarase o d\u00eda cos asistentes ao Campus.<\/p>\n<p>26 empresas xeradas<br \/>\nAs cinco anteriores edici\u00f3ns do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, un total de 26 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugu\u00e9s. As empresas de recente creaci\u00f3n son as seguintes: Pitas das Chas (Becerre\u00e1); D\u00b4Abella (Baleira); Terraminimum (Lugo); DulceMenta (Lugo); A Leira (Burela); A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fern\u00e1ndez D\u00edaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Pr\u00edncipe (Cervantes); Explotaci\u00f3n Extensiva de Gando Vac\u00fan (Sarria); Abad\u00eda (Mondo\u00f1edo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondo\u00f1edo); Galim\u00f3s: A nosa granxa de gali\u00f1as de M\u00f3s (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingenier\u00eda ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerre\u00e1); Dukaree Artesan\u00eda de la Calabaza (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caser\u00edo Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, m\u00e1s que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerre\u00e1).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivaci\u00f3n e Maduraci\u00f3n Empresarial, pertencentes ao VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputaci\u00f3n. Of\u00e9rtanse 30 prazas, 15 en cada un dos cursos, que se celebrar\u00e1n en varias sesi\u00f3ns durante o mes de marzo de forma totalmente gratu\u00edta para os &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11143,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12667","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12667","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12667"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12667\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12669,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12667\/revisions\/12669"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11143"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12667"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12667"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12667"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}