{"id":12762,"date":"2019-07-14T00:00:00","date_gmt":"2019-07-14T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12762"},"modified":"2023-09-28T10:05:09","modified_gmt":"2023-09-28T10:05:09","slug":"cereixas-e-moras-nos-bosques-do-life","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/cereixas-e-moras-nos-bosques-do-life\/","title":{"rendered":"Cereixas e moras nos bosques do Life"},"content":{"rendered":"<p>NA CONTORNA do humidal das G\u00e1ndaras, situado entre os pol\u00edgonos do Ceao e das G\u00e1ndaras e onde nacen algunhas das fontes que d\u00e1n auga ao r\u00edo Rato, o Concello e a Escola Polit\u00e9cnica de Lugo plantaron hai pouco m\u00e1is de dous anos uns 15.000 exemplares de \u00e1rbores, arbustos e outras plantas, todas elas aut\u00f3ctonas, de 55 especies diferentes. Son unhas 14 hect\u00e1reas de terreo distribuidas en distintas parcelas que de momento est\u00e1n valadas porque os exemplares a\u00ednda son novos e o lugar, algo afastado, poder\u00eda ser susceptible de roubos ou doutros actos vand\u00e1licos. Por esa raz\u00f3n, de momento a fauna silvestre \u00e9 a \u00fanica que goza dos froitos que xa d\u00e1n algunhas \u00e1rbores e plantas a pesar da s\u00faa xuventude.<\/p>\n<p>Xa non quedan, porque as comeron os paxaros, pero, ata hai unhas semanas pod\u00edanse ver cereixas, silvestres e polo tanto menos doces, pero comestibles. As cerdeiras forman parte do conxunto de \u00e1rbores aut\u00f3ctonas que se plantaron co fin de demostrar o seu valor forestal. As outras especies son pradairos, carballos e freixo. \u00abTr\u00e1tase de demostrar que se pode producir madeira de calidade de especies nosas, e non s\u00f3 de pi\u00f1eiro e de eucalipto\u00bb, explica o enxe\u00f1eiro e catedr\u00e1tico de Produci\u00f3n Vexetal da Escola Polit\u00e9cnica Antonio Rigueiro.<\/p>\n<p>Noutra parcela f\u00edxose un souto, que xa deu casta\u00f1as porque son casti\u00f1eiros enxertados con material xen\u00e9tico resistente \u00e1 tinta. Esta \u00e9 a doenza m\u00e1is estendida entre os casti\u00f1eiros e, doutro xeito, a 500 metros de altura sobre o nivel do mar, as \u00e1rbores poder\u00edan chegar a padecela.<br \/>\n\u00abQuixemos darlle protagonismo ao souto porque en Galicia foi sempre un ecosistema moi importante a todos os niveis, econ\u00f3mico, coa produci\u00f3n de madeira, do froito&#8230;, cultural, paisax\u00edstico&#8230;\u00bb, sinala Rigueiro. Na cidade quedan testemu\u00f1as dos soutos que houbo notro tempo, lembra. No barrio do Casti\u00f1eiro, onde hai exemplares centenarios; nas Arieiras, a car\u00f3n da estrada vella de Santiago, ou no parque dos Paxari\u00f1os e no entronque da carretera da Fonsagrada co paseo do Rato. Preto do humidal das G\u00e1ndaras, mesmamente, hai un n\u00facleo rural denominado O Souto. No novo plant\u00e1ronse catro especies de casti\u00f1eiros: de parede, ventura, xud\u00eda e longal.<\/p>\n<p>Contra todo pron\u00f3stico, tam\u00e9n deron froito varias arandeiras que se trasplantaron o inverno pasado. Son exemplares dunha das d\u00faas especies que se d\u00e1n no pa\u00eds, a m\u00e1is com\u00fan, moi presente no sotobosque de moitas carballeiras. \u00c9 unha planta que soporta moi mal os trasplantes, por iso \u00e9 case \u00abun milagre\u00bb que xa haxa arandos. \u00ab\u00c1s veces ocorre que situaci\u00f3ns de estr\u00e9s como poden ser un trasplante, unha praga ou unha sequ\u00eda forzan as plantas a florecer e a frutificar. \u00c9 como unha garant\u00eda de perpetuaci\u00f3n da especie nunha situaci\u00f3n l\u00edmite\u00bb, sinala Rigueiro.<\/p>\n<p>ARBORETO. As arandeiras est\u00e1n na zona do arboreto, unha especie de xard\u00edn bot\u00e1nico no que est\u00e1n representadas todas as \u00e1rbores aut\u00f3ctonas de Galicia e unha boa mostra dos arbustos. Concebiuse como espazo did\u00e1ctico e de lecer.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, nas G\u00e1ndaras tam\u00e9n hai moras, porque entre o arborado medran silvas, \u00abm\u00e1is das que quixeramos\u00bb, bromea o catedr\u00e1tico.<\/p>\n<p>Casta\u00f1as, cereixas, arandos e moras son as froitas comestibles que hai de momento, pero, naturalmente, outras especies tam\u00e9n d\u00e1n froito. Ademais do souto, do arboreto e da parcela de silvicultura, completa o conxunto forestal unha plantaci\u00f3n para a produci\u00f3n de biomasa, formada por chopos e por miscanthus gram\u00ednea, unha especie chinesa moi empregada para ese fin.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>NA CONTORNA do humidal das G\u00e1ndaras, situado entre os pol\u00edgonos do Ceao e das G\u00e1ndaras e onde nacen algunhas das fontes que d\u00e1n auga ao r\u00edo Rato, o Concello e a Escola Polit\u00e9cnica de Lugo plantaron hai pouco m\u00e1is de dous anos uns 15.000 exemplares de \u00e1rbores, arbustos e outras plantas, todas elas aut\u00f3ctonas, de &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11213,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12762","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12762","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12762"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12762\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12763,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12762\/revisions\/12763"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11213"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12762"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12762"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12762"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}