{"id":12776,"date":"2020-07-16T00:00:00","date_gmt":"2020-07-16T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12776"},"modified":"2023-09-28T10:08:47","modified_gmt":"2023-09-28T10:08:47","slug":"tecnicos-do-plan-life-que-lidera-a-deputacion-no-xistral-estudan-as-accions-de-conservacion-en-montes-comunais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/tecnicos-do-plan-life-que-lidera-a-deputacion-no-xistral-estudan-as-accions-de-conservacion-en-montes-comunais\/","title":{"rendered":"T\u00e9cnicos do plan Life que lidera a Deputaci\u00f3n no Xistral estudan as acci\u00f3ns de conservaci\u00f3n en montes comunais"},"content":{"rendered":"<p>O equipo do proxecto europeo LifeInCommonLand que lidera a Deputaci\u00f3n de Lugo no Xistral coas Universidades de Santiago e da Coru\u00f1a retomou as visitas no terreo para estudar as zonas onde se desenvolver\u00e1n as actuaci\u00f3ns demostrativas de conservaci\u00f3n dos montes veci\u00f1ais en man com\u00fan compatibles coa produci\u00f3n agroforestal e o aproveitamento do rural.<\/p>\n<p>Nas 5.000 hect\u00e1reas da Serra do Xistral desenv\u00f3lvese un pastoreo extensivo con gando vac\u00fan e cabalar salvaxe e demostrouse que a s\u00faa xesti\u00f3n sostible ten un efecto positivo para conservar as matogueiras de brezais e turbeiras da zona catalogadas como de enorme valor ecol\u00f3xico para protexer a biodiversidade no noroeste Ib\u00e9rico.<\/p>\n<p>Persoal t\u00e9cnico da USC e da UDC desprazouse, logo do confinamento causado polo Covid-19, ata os montes comunais de A Balsa, no concello de Muras; de Laxa Moura, en Xove, e de Vilacampa e Santo Tom\u00e9 de Recar\u00e9, no Valadouro, para analizar as actuaci\u00f3ns de protecci\u00f3n e recuperaci\u00f3n dos queirogais h\u00famidos e turbeiras deste espazo natural da provincia de Lugo, integrado na Rede Natura 2000.<\/p>\n<p>No Monte de A Balsa de Muras analizou os condicionantes e soluci\u00f3ns nunha zona de actuaci\u00f3n para eliminar o pi\u00f1eiral e restaurar a turbeira de cobertor, de maior importancia medioambiental para este ecosistema. No Monte de Laxa Moura de Xove visitou a zona de recuperaci\u00f3n de queirogal degrado e a zona de eucaliptos que ser\u00e1 substitu\u00edda por turbeiras de cobertor. Tam\u00e9n supervisaron os lugares onde se desenvolver\u00e1n outras actuaci\u00f3ns, como a limpeza do pozo de auga, o mantemento e mellora dos bebedoiros do gando con revestimento de pedra para integralos na paisaxe e a construci\u00f3n de dispositivos para favorecer a sa\u00edda de anfibios.<\/p>\n<p>No concello do Valadouro visitaron Vilacampa, acompa\u00f1ados do herpet\u00f3logo da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio, Marti\u00f1o Cabana, para o asesoramento da adaptaci\u00f3n dos bebedoiros aos anfibios. En Santo Tom\u00e9 de Recar\u00e9 revisaron o trazado de peche que se vai constru\u00edr e a marcaxe dos puntos onde se establecer\u00e1n as cancelas. Nas visitas a estas zonas tam\u00e9n marcaron a localizaci\u00f3n exacta dos paneis informativos que este proxecto xa instalou na Serra do Xistral.<\/p>\n<p>No parroquia de Mi\u00f1otos, no concello de Ourol, tam\u00e9n acudiron \u00e1 Rapa das Bestas de Madri\u00f1\u00e1n. O equipo do LifeinCommonLand fai seguimento con colares GPS das eguas nunhas 15 manadas de cabalos en todaa serra para obter informaci\u00f3n dos movementos dos cabalos salvaxes e co\u00f1ecer a s\u00faa influencia no mantemento dos pastos e conservaci\u00f3n dos queirogais e turbeiras.<\/p>\n<p>En todas estas visitas estiveron acompa\u00f1ados dos comuneiros das asociaci\u00f3n veci\u00f1ais implicadas activamente no proxecto. As comunidades de montes veci\u00f1ais en man com\u00fan constit\u00faen un piar fundamental na conservaci\u00f3n da ZEC Serra do Xistral. Estas agrupaci\u00f3ns est\u00e1n aprobando proxectos de ordenaci\u00f3n forestal, asesoradas polo equipo de LifeInCommonLand, que integran un modelo de xesti\u00f3n sostible que cumpre co dobre obxectivo de manter a actividade gandeira dos comuneiros e os ecosistemas no mellor estado de conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo lidera este proxecto europeo no Xistral xunto \u00e1 USC e UDC co obxectivo de amosar que \u00e9 compatible a conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats naturais das zonas de especial protecci\u00f3n ambiental co aproveitamento do medio rural e o desenvolvemento econ\u00f3mico sostible. Esta pioneira iniciativa incl\u00fae un sistema de recompensas econ\u00f3micas \u00e1s comunidades veci\u00f1ais dacordo aos niveis acadados de preservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats. Desde a instituci\u00f3n provincial, decidiuse elaborar este proxecto para ofrecer soluci\u00f3ns \u00e1s limitaci\u00f3ns da Rede Natura 2000 no aproveitamento do territorio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O equipo do proxecto europeo LifeInCommonLand que lidera a Deputaci\u00f3n de Lugo no Xistral coas Universidades de Santiago e da Coru\u00f1a retomou as visitas no terreo para estudar as zonas onde se desenvolver\u00e1n as actuaci\u00f3ns demostrativas de conservaci\u00f3n dos montes veci\u00f1ais en man com\u00fan compatibles coa produci\u00f3n agroforestal e o aproveitamento do rural. Nas 5.000 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11238,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12776","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12776","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12776"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12776\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12777,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12776\/revisions\/12777"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11238"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12776"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12776"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12776"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}