{"id":12780,"date":"2020-08-06T00:00:00","date_gmt":"2020-08-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12780"},"modified":"2023-09-28T10:09:44","modified_gmt":"2023-09-28T10:09:44","slug":"a-deputacion-sensibiliza-na-conservacion-da-natureza-instalando-11-paneis-explicativos-na-serra-do-xistral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-sensibiliza-na-conservacion-da-natureza-instalando-11-paneis-explicativos-na-serra-do-xistral\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n sensibiliza na conservaci\u00f3n da natureza instalando 11 paneis explicativos na Serra do Xistral"},"content":{"rendered":"<p>A iniciativa forma parte do proxecto europeo LifeInCommonLand liderado pola instituci\u00f3n provincial e que ten como obxectivo a conservaci\u00f3n e o aproveitamento sostible deste territorio protexido pola Rede Natura<\/p>\n<p>Os carteis recollen informaci\u00f3n sobre as acci\u00f3ns do programa, a importancia do mantemento das actividades agrogandeiras tradicionais e o papel fundamental das comunidades de montes para o bo estado de conservaci\u00f3n destes h\u00e1bitats<br \/>\nO equipo t\u00e9cnico do proxecto LifeInCommonLand instalou na Serra do Xistral once paneis explicativos sobre a importancia destes h\u00e1bitats naturais protexidos da Rede Natura e deste proxecto europeo de conservaci\u00f3n da natureza e desenvolvemento rural que impulsa a Deputaci\u00f3n de Lugo xunto coas universidades de Santiago e A Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Os carteis amosan aos visitantes deste espazo natural as singularidades de cada un destes montes comunais, ademais de explicar a fauna e flora protexida e os tres eixes nos que se basea o proxecto LifeInCommonLand. En concreto, pretenden sensibilizar sobre a importancia de preservar as grandes masas do Xistral de turbeiras altas activas, turbeiras de cobertor e queirogais h\u00famidos atl\u00e1nticos, en risco de desaparici\u00f3n en Europa e de gran valor ecol\u00f3xico para a biodiversidade do Noroeste peninsular. Os paneis explican como a conservaci\u00f3n das turbeiras reporta enormes beneficios \u00e1 sociedade pola s\u00faa gran capacidade de almacenamento de CO2 para a loita contra o cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n<p>Cada cartel incl\u00fae un mapa de situaci\u00f3n no monte veci\u00f1al dentro da ZEC Serra do Xistral e indican puntos de interese paisax\u00edstico e o patrimonio natural e cultural da zona. Tam\u00e9n explican o papel fundamental que xogan as comunidades de montes no mantemento do bo estado de conservaci\u00f3n destes h\u00e1bitats e a importancia do mantemento das actividades agrogandeiras tradicionais, como a gander\u00eda extensiva de gando vac\u00fan e o manexo e coidado dos cabalos salvaxes nos montes, fundamentais para a preservaci\u00f3n destes ecosistemas.<\/p>\n<p>Os paneis coloc\u00e1ronse en zonas de paso transitadas e cruces de cami\u00f1os con vistas panor\u00e1micas da Serra do Xistral. En concreto, situ\u00e1ronse nos montes que xestionan en man com\u00fan as asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais e comuneiros que participan activamente neste proxecto e que son: A Balsa, Sil\u00e1n e Tenente e Xistral, no concello de Muras; Boimente, en Viveiro; Laxa Moura, en Xove; Mi\u00f1otos, en Ourol; Montouto, de Abad\u00edn; e Santo Tom\u00e9 de Recar\u00e9, Vilacampa, Cadram\u00f3n e Frexulfe, no Valadouro.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo lidera este pioneiro proxecto europeo no Xistral co obxectivo de demostrar que \u00e9 compatible a conservaci\u00f3n dos h\u00e1bitats naturais das zonas de especial protecci\u00f3n ambiental co aproveitamento do medio rural e o desenvolvemento econ\u00f3mico sostible. As comunidades veci\u00f1ais est\u00e1n a redactar proxectos de ordenaci\u00f3n forestal co asesoramento t\u00e9cnico do equipo t\u00e9cnico do proxecto e recibir\u00e1n pagos econ\u00f3micos dacordo aos niveis acadados de preservaci\u00f3n destes h\u00e1bitats. A instituci\u00f3n provincial impulsa esta iniciativa para ofrecer soluci\u00f3ns \u00e1s limitaci\u00f3ns da Rede Natura 2000 no aproveitamento do territorio e contribu\u00edr a fixar poboaci\u00f3n no rural.<\/p>\n<p>web: https:\/\/www.lifeincommonland.eu<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A iniciativa forma parte do proxecto europeo LifeInCommonLand liderado pola instituci\u00f3n provincial e que ten como obxectivo a conservaci\u00f3n e o aproveitamento sostible deste territorio protexido pola Rede Natura Os carteis recollen informaci\u00f3n sobre as acci\u00f3ns do programa, a importancia do mantemento das actividades agrogandeiras tradicionais e o papel fundamental das comunidades de montes para &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11226,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12780","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12780"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12780\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12781,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12780\/revisions\/12781"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11226"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}