{"id":12782,"date":"2020-07-31T00:00:00","date_gmt":"2020-07-31T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12782"},"modified":"2023-09-28T10:10:17","modified_gmt":"2023-09-28T10:10:17","slug":"deputacion-e-concello-abren-o-carril-bici-do-rato-que-engade-valor-e-potencia-o-uso-deste-espazo-publico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/deputacion-e-concello-abren-o-carril-bici-do-rato-que-engade-valor-e-potencia-o-uso-deste-espazo-publico\/","title":{"rendered":"Deputaci\u00f3n e Concello abren o carril bici do Rato, que engade valor e potencia o uso deste espazo p\u00fablico"},"content":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e a Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez L\u00f3pez, compartiron este venres con ciclistas de todas as idades a primeira xornada de funcionamento do carril para bicicletas no Paseo do R\u00edo Rato, na contorna do Centro de Interpretaci\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, unha nova dotaci\u00f3n de lecer e deportiva de 2,5 quil\u00f3metros de lonxitude na que a instituci\u00f3n provincial investiu m\u00e1is de 500.000\u20ac.<\/p>\n<p>A apertura deste servizo f\u00edxose efectiva coa sinatura da acta de recepci\u00f3n da obra que realizaron t\u00e9cnicos da instituci\u00f3n provincial e do Concello. No acto, que tivo lugar no quil\u00f3metro cero do carril, tam\u00e9n participou o Deputado de Medio Ambiente, Jos\u00e9 Luis Raposo, o Deputado de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Social, Pablo Rivera, e o Concelleiro de Medio Rural e Deportes de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p>O carril para bicicletas ten 2,5 quil\u00f3metros en total, dende o cruzamento das estradas LU-530 e LU-P-2923 ata Tolda de Castela. Consta dunha tarima de 2,5 metros de ancho e ao longo de todo o percorrido est\u00e1 habilitado un pasam\u00e1ns de seguridade de madeira de 90 cent\u00edmetros.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n subli\u00f1ou que, tras a dotaci\u00f3n de iluminaci\u00f3n p\u00fablica ao Paseo do Rato, un proxecto que tam\u00e9n asumiu a instituci\u00f3n provincial, o carril bici \u201cengade valor e ampl\u00eda as posibilidades de ocio e deporte que ofrece este espazo p\u00fablico tan concorrido pola veci\u00f1anza da cidade e tam\u00e9n do resto da provincia\u201d. Ademais, engadiu, \u201cas bicicletas son convivencia, sa\u00fade e respecto polo medio ambiente, uns valores que promovemos firmemente dende a Deputaci\u00f3n de Lugo\u201d. \u201cFomentar o uso da bicicleta, apostar por novas f\u00f3rmulas de mobilidade, incentivar o respecto entre ciclistas e pe\u00f3ns son xeitos de facer cidade e de facer provincia\u201d, destacou.<\/p>\n<p>Jos\u00e9 Tom\u00e9 lembrou que os meses de confinamento \u201cfixeron que valor\u00e1semos a\u00ednda m\u00e1is a necesidade do exercicio e da compa\u00f1\u00eda dos nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as agora que podemos desfrutar de novo do espazo p\u00fablico, sempre cumprindo coas recomendaci\u00f3ns das autoridades sanitarias, \u00e9 un bo momento para aproveitar as novas posibilidades de ocio que ofrece este carril bici no parque do Rato\u201d.<\/p>\n<p>O mandatario provincial evidenciou que este \u00e9 un importante investimento que simboliza \u201co compromiso da instituci\u00f3n provincial co p\u00fablico, co reforzo dos servizos p\u00fablicos e coa posta en valor dos espazos p\u00fablicos para o desfrute dos veci\u00f1os e veci\u00f1as\u201d.<\/p>\n<p>A Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez, subli\u00f1ou que \u201cestes dous quil\u00f3metros van a ter continuidade nos 14 quil\u00f3metros de senda verde ciclista urbana que comezaremos a executar dende o Concello despois do ver\u00e1n. Estamos dando grandes pasos cos que estamos a transformar o modelo de mobilidade da cidade, menos contaminante e m\u00e1is respectuosa co medio ambiente, avanzando cara un modelo de cidade m\u00e1is ecol\u00f3xica e sostible\u201d.<\/p>\n<p>A Alcaldesa agradeceu a colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n \u201cdeixando a s\u00faa impronta neste novo modelo de cidade, dando exemplo de sinerx\u00edas nas que as administraci\u00f3ns cami\u00f1amos cara un fin com\u00fan\u201d.<\/p>\n<p>Lara M\u00e9ndez lembrou que os vindeiros 14 quil\u00f3metros de carril bici permitir\u00e1n unir a trama urbana da cidade co r\u00edo ga\u00f1ando m\u00e1is espazos para as persoas, ao tempo que percorrer\u00e1 8 barrios da zona DUSI: Paseo do Mi\u00f1o, Parque Rosal\u00eda, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Cami\u00f1o Real. Ademais, combinar\u00e1 carr\u00eds segregados de tr\u00e1fico nas r\u00faas con maior ancho con viarios de coexistencia, onde a velocidade m\u00e1xima dos veh\u00edculos se reducir\u00e1 ao 20%\u201d.<\/p>\n<p>No acto de apertura do carril bici participaron ciclistas pertencentes a clubs da cidade de Lugo, quen foron os primeiros que pisaron coas s\u00faas bicicletas este novo itinerario adaptado para este tipo de veh\u00edculos. Deputaci\u00f3n e Concello entreg\u00e1ronlles un obsequio institucional.<\/p>\n<p>Caracter\u00edsticas das obras<br \/>\nAs obras do carril bici do Rato comezaron co acondicionamento do terreo para poder trazar o percorrido. Realizouse unha drenaxe transversal e elabor\u00e1ronse catro pasarelas pilotadas con madeira aserrada. Para a pavimentaci\u00f3n empregouse zahorra artificial e coloc\u00e1ronse bordos rectos de formig\u00f3n para a funci\u00f3n de encofrado perdido.<\/p>\n<p>O carril est\u00e1 dotado cun revestimento de protecci\u00f3n de pavimento sobre o formig\u00f3n de 2 a 3 mil\u00edmetros de espesor, cun acabado rugoso con resistencia ao esvaramento. Todo o carril conta cun pintado de marcas reflexivas brancas.<\/p>\n<p>Ademais, todo o espazo polo que transcorre est\u00e1 dotado con paneis informativos, soportes aparca-bicicletas, bancos de madeira, papeleiras e sinalizaci\u00f3n vertical. Realiz\u00e1ronse tam\u00e9n traballos de xardiner\u00eda e de tratamento da paisaxe, ao plantarse diversas especies aut\u00f3ctonas.<\/p>\n<p>Iluminaci\u00f3n do R\u00edo Rato<br \/>\nDeputaci\u00f3n e Concello dotaron ao Paseo do R\u00edo Rato e a estrada LU-P-2925 dun sistema de iluminaci\u00f3n, que contou cun investimento de 750.000 euros. Actuouse nun treito de 7 quil\u00f3metros, entre a Avenida de Madrid e o parque do Sagrado Coraz\u00f3n, no que se situaron 283 puntos de luz ecol\u00f3xicos (LED). Son 103 luminarias na estrada e 147 no paseo fluvial, dos que 3 son proxectores para o t\u00fanel que hai debaixo da rotonda que comunica con dito parque.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n para reducir o impacto ambiental, hai 252 farolas de color neutro.Hai un sistema inform\u00e1ticopara regular a intensidade luminosa, aforrar custos ao poder adaptar a luz \u00e1s condici\u00f3ns climatol\u00f3xicas, e garantir a luminosidade.<\/p>\n<p>M\u00e1is melloras na zona<br \/>\nEste proxecto conlevou m\u00e1is medidas de seguridade na estrada LU-P-2925, pois, xunto aos 103 puntos de luz que se instalaron no vial, tam\u00e9n se situaron 1.466 metros de biondas de seguridade. O Goberno da Deputaci\u00f3n aplicou neste vial slurry, un material adherente e antiesvarante, que se pon nas autov\u00edas, que impermeabiliza o firme, mellora a evacuaci\u00f3n de augas e dota \u00e1 estrada dunha maior adherencia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e a Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez L\u00f3pez, compartiron este venres con ciclistas de todas as idades a primeira xornada de funcionamento do carril para bicicletas no Paseo do R\u00edo Rato, na contorna do Centro de Interpretaci\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, unha nova dotaci\u00f3n de &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11230,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12782"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12782\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12783,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12782\/revisions\/12783"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11230"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}