{"id":12784,"date":"2020-08-06T00:00:00","date_gmt":"2020-08-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12784"},"modified":"2023-09-28T10:10:45","modified_gmt":"2023-09-28T10:10:45","slug":"a-deputacion-de-lugo-impulsa-nos-67-concellos-da-provincia-a-dixitalizacion-da-informacion-turistica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-de-lugo-impulsa-nos-67-concellos-da-provincia-a-dixitalizacion-da-informacion-turistica\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n de Lugo impulsa nos 67 concellos da provincia a dixitalizaci\u00f3n da informaci\u00f3n tur\u00edstica"},"content":{"rendered":"<p>Dende a \u00e1rea de Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo p\u00faxose a disposici\u00f3n dos municipios a base de datos da aplicaci\u00f3n Inventrip con contidos sobre os principais puntos de interese, establecementos de aloxamento e restaurantes<\/p>\n<p>A instituci\u00f3n provincial f\u00edxolles chegar carteis personalizados de cada localidade onde aparece o c\u00f3digo QR que conecta coa informaci\u00f3n en galego e castel\u00e1n para que coloquen en lugares transitados por visitantes que chegan \u00e1 provincia<\/p>\n<p>Esta iniciativa forma parte do compromiso da instituci\u00f3n por colaborar e cooperar cos concellos para mellorar a satisfacci\u00f3n do visitante, ser un destino sostible e mellorar a xesti\u00f3n dos recursos e a oferta do conxunto do territorio na actual crise sanitaria<br \/>\nA Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, informa de que dende a Deputaci\u00f3n se est\u00e1 impulsando a dixitalizaci\u00f3n da informaci\u00f3n tur\u00edstica nos 67 concellos da provincia. Para iso, facilit\u00e1ronselles recursos dixitais, carteis e informaci\u00f3n dos principais puntos de interese de cada localidade para que distrib\u00faan nos lugares e dependencias municipais onde confl\u00faen os visitantes. O obxectivo \u00e9 ofrecer informaci\u00f3n atractiva que as persoas que pasan as s\u00faas vacaci\u00f3ns na provincia poden consultar dende os seus dispositivos electr\u00f3nicos.<\/p>\n<p>Por un lado, ponse a disposici\u00f3n dos municipios informaci\u00f3n sobre os puntos de interese que dende a \u00e1rea de Turismo se recapitulou para a dotar de contidos a aplicaci\u00f3n Inventrip para m\u00f3biles e tablets, dispo\u00f1ible tanto en galego como en castel\u00e1n. As\u00ed mesmo, f\u00edxoselles chegar carteler\u00eda personalizada para cada municipio con enlace a trav\u00e9s de c\u00f3digo QR \u00e1 app Inventrip, onde a Deputaci\u00f3n ofrece cumprida informaci\u00f3n sobre os reclamos tur\u00edsticos de cada localidade. A finalidade \u00e9 que eses carteis se coloquen en lugares visibles e accesibles aos visitantes, como son as oficinas de turismo, monumentos e lugares de hospedaxe e restauraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Garc\u00eda Porto explica que a dixitalizaci\u00f3n \u00e9 unha das follas de ruta principais que segue a \u00e1rea de Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, cun reforzo engadido neste sentido durante a crise sanitaria da Covid-19. \u201cA transformaci\u00f3n dixital neste sector non \u00e9 unha opci\u00f3n, \u00e9 unha estratexia esencial par dar resposta aos novos segmentos, \u00e1s novas necesidades e aos novos comportamentos do turismo\u201d, explica a Deputada. \u201cSomos conscientes de que aos concellos da provincia, sobre todo aos pequenos, c\u00fastalles grandes esforzos poder introducir cambios e melloras en materia tur\u00edstica, por iso queremos facilitarlles informaci\u00f3n e colaborar en todo o que estea ao noso alcance\u201d.<\/p>\n<p>A Deputada subli\u00f1a que \u201co turismo cami\u00f1a cara a integraci\u00f3n do viaxeiro na experiencia da viaxe e a tecnolox\u00eda facilita en gran medida a relaci\u00f3n que se establece entre o lugar e o visitante, o que unifica as sensaci\u00f3ns que experimentamos dende antes de emprender a viaxe, durante a viaxe, e unha vez que volvemos \u00e1 casa coas maletas cheas de vivencias\u201d.<\/p>\n<p>Aposta polas novas tecnolox\u00edas<br \/>\nA Deputaci\u00f3n de Lugo v\u00e9n promovendo o turismo a trav\u00e9s das novas tecnolox\u00edas co obxectivo de facer que a oferta sexa m\u00e1is accesible e competitiva e mellorar a experiencia do visitante. Nesa li\u00f1a de acci\u00f3n lanzou d\u00faas aplicaci\u00f3ns para dispositivos m\u00f3biles que comparten o fin de difundir os atractivos da provincia e incentivar as visitas.<\/p>\n<p>Por un lado, Inventrip, que incl\u00fae informaci\u00f3n sobre uns 2.500 puntos de interese, inclu\u00eddos elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artes\u00e1ns, bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos tur\u00edsticos. Un conxunto de informaci\u00f3n que lle permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que m\u00e1is lle interesan ou poder descubrir os recursos que est\u00e1n m\u00e1is preto da s\u00faa posici\u00f3n.<\/p>\n<p>Por outro lado, outra das grandes apostas da Deputaci\u00f3n \u00e9 a app Lugo 360, unha aplicaci\u00f3n m\u00f3bil de balde, que a trav\u00e9s da realidade aumentada permite facer unha viaxe a 25 localizaci\u00f3ns da provincia a trav\u00e9s dun dispositivo m\u00f3bil. Esta \u00e9 unha iniciativa que reforza o turismo de experiencias e favorece a posta en valor e promoci\u00f3n do inmenso patrimonio cultural e natural da provincia. A app abre unha contorna virtual que lle permite ao usuario unha visita inmersiva a calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel, A Mari\u00f1a, Lugo-Terra Ch\u00e1 e Ribeira Sacra), co fin de motivalo a que faga unha visita real.<\/p>\n<p>Ademais, coa mesma filosof\u00eda de dixitalizar o turismo na provincia, a Deputaci\u00f3n habilitou na web da \u00e1rea de Turismo un novo espazo destinado ao sector tur\u00edstico onde profesionais e empresas poden atopar documentaci\u00f3n do seu interese. Nel p\u00f3dese atopar un manual de boas pr\u00e1cticas, recursos de formaci\u00f3n, informes de incidencia da Covid-19 no sector e recomendaci\u00f3ns da Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende a \u00e1rea de Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo p\u00faxose a disposici\u00f3n dos municipios a base de datos da aplicaci\u00f3n Inventrip con contidos sobre os principais puntos de interese, establecementos de aloxamento e restaurantes A instituci\u00f3n provincial f\u00edxolles chegar carteis personalizados de cada localidade onde aparece o c\u00f3digo QR que conecta coa informaci\u00f3n en galego &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12784","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12784","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12784"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12784\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12785,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12784\/revisions\/12785"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12784"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12784"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12784"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}