{"id":12794,"date":"2018-09-28T00:00:00","date_gmt":"2018-09-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12794"},"modified":"2023-09-28T10:13:45","modified_gmt":"2023-09-28T10:13:45","slug":"a-deputacion-acolle-as-i-xornadas-apicolas-da-provincia-na-reserva-da-biosfera-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-acolle-as-i-xornadas-apicolas-da-provincia-na-reserva-da-biosfera-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n acolle as I Xornadas Ap\u00edcolas da provincia na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>Fern\u00e1ndez Queipo inaugurou o encontro que se prolongar\u00e1 na xornada de ma\u00f1\u00e1, s\u00e1bado, para finalizar o domingo coa tradicional Feira do Mel de Lugo, na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o<\/p>\n<p>O Vicepresidente apuntou que \u201cdende o Goberno da Deputaci\u00f3n apoiamos todas aquelas iniciativas que contrib\u00faen a po\u00f1er en valor os recursos da natureza e a crear riqueza econ\u00f3mica e social no rural. Neste senso, a produci\u00f3n de mel \u00e9 unha actividade con potencial, xa que os prezos est\u00e1n en alza e hai unha gran demanda\u201d<\/p>\n<p>O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, e a Concelleira de Cidadan\u00eda, Rosana Rielo Rozas, inauguraron este venres as I Xornadas Ap\u00edcolas, que organiza a Asociaci\u00f3n Provincial Lucense de Apicultores coa colaboraci\u00f3n do Goberno da Deputaci\u00f3n. Estas xornadas, que comezaron hoxe e continuar\u00e1n ma\u00f1\u00e1, s\u00e1bado, completaranse coa tradicional Feira do Mel de Lugo que se celebrar\u00e1 o domingo na capital luguesa.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo apuntou que \u201cdende o Goberno da Deputaci\u00f3n apoiamos todas aquelas iniciativas que contrib\u00faen a po\u00f1er en valor os recursos da natureza e a crear riqueza econ\u00f3mica e social no rural. Neste senso, a produci\u00f3n de mel \u00e9 unha actividade econ\u00f3mica con moito potencial na provincia de Lugo, e ofrece unha alternativa econ\u00f3mica interesante para a xente nova do rural, xa que os prezos do mel est\u00e1n en alza a nivel mundial e hai unha gran demanda de produto.<\/p>\n<p>O Vicepresidente engadiu que \u201cneste contexto, estas xornadas ofrecen unha completa visi\u00f3n da apicultura, que ser\u00e1 de utilidade para todas aquelas persoas que queiran iniciarse neste mundo, pero tam\u00e9n para aquelas que contemplen a posibilidade de dar o salto da apicultura familiar a unha actividade profesional.Tam\u00e9n se abordar\u00e1n outros temas como a situaci\u00f3n da vespa velutina e as \u00faltimas trampas para eliminalas e a comercializaci\u00f3n de prop\u00f3leos, da man de reco\u00f1ecidos expertos na materia\u201d.<\/p>\n<p>Programaci\u00f3n das xornadas<\/p>\n<p>As xornadas arrincaron este venres \u00e1s 19.30 horas cunha charla sobre a importancia da apicultura na nosa sociedade, a cargo de Pablo Pi\u00f1eiro Fraga, presidente da Asociaci\u00f3n Provincial Lucense de Apicultores.<\/p>\n<p>As charlas contin\u00faan o s\u00e1bado \u00e1s 16.00 horas coa intervenci\u00f3n dun dos principais expertos na vespa velutina de Galicia, o entom\u00f3logo Manuel Corral Andrade, que falar\u00e1 da situaci\u00f3n actual da vespa invasora e das \u00faltimas t\u00e9cnicas en trampas e atraentes. \u00c1s 18.00 horas, o apicultor Francisco L\u00f3pez Devesa, de Mieles Modia, expo\u00f1er\u00e1 os pasos para pasar da apicultura familiar \u00e1 apicultura profesional. E finalmente, \u00e1s 19.30 horas, o apicultor Rom\u00e1n Cid \u00c1lvarez, presidente da Asociaci\u00f3n Abellas Nais, centrar\u00e1 a s\u00faa intervenci\u00f3n na produci\u00f3n e comercializaci\u00f3n de prop\u00f3leos.<\/p>\n<p>O domingo, ter\u00e1 lugar a XXVI Feira do Mel, na Praza da Soidade de Lugo de 10.00 a 17.00 horas, onde se poder\u00e1n adquirir diferentes tipos de mel de Galicia. Nesta edici\u00f3n participar\u00e1n 22 apicultores. O prezo do mel ser\u00e1 de 8 euros o quilo e 4,50 euros, o medio quilo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fern\u00e1ndez Queipo inaugurou o encontro que se prolongar\u00e1 na xornada de ma\u00f1\u00e1, s\u00e1bado, para finalizar o domingo coa tradicional Feira do Mel de Lugo, na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o O Vicepresidente apuntou que \u201cdende o Goberno da Deputaci\u00f3n apoiamos todas aquelas iniciativas que contrib\u00faen a po\u00f1er en valor os recursos da natureza e &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11031,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12794","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12794","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12794"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12794\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12795,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12794\/revisions\/12795"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11031"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12794"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12794"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12794"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}