{"id":13807,"date":"2025-05-29T08:53:26","date_gmt":"2025-05-29T08:53:26","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/o-presidente-anuncia-que-a-deputacion-investira-mais-de-175-000e-na-restauracion-da-contorna-do-rio-rato-na-rb-terras-do-mino\/"},"modified":"2025-05-29T08:53:26","modified_gmt":"2025-05-29T08:53:26","slug":"o-presidente-anuncia-que-a-deputacion-investira-mais-de-175-000e-na-restauracion-da-contorna-do-rio-rato-na-rb-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-presidente-anuncia-que-a-deputacion-investira-mais-de-175-000e-na-restauracion-da-contorna-do-rio-rato-na-rb-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"O Presidente anuncia que a Deputaci\u00f3n investir\u00e1 m\u00e1is de 175.000\u20ac na restauraci\u00f3n da contorna do R\u00edo Rato, na RB Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, anunciou este xoves que a instituci\u00f3n provincial destinar\u00e1 m\u00e1is de 175.000\u20ac \u00e1 restauraci\u00f3n da contorna do R\u00edo Rato. Explicou que con motivo do \u201cepisodio meteorol\u00f3xico extremo\u201d que viviu Lugo o pasado 11 de abril, as crecidas dos r\u00edos Rato e Fervedoira causaron importantes estragos neste espazo natural que forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cEste \u00e9 un espazo p\u00fablico de lecer e deportivo cunha gran importancia ambiental, paisax\u00edstica, educativa e social para a veci\u00f1anza de Lugo; polo que estamos a actuar coa m\u00e1xima dilixencia e solvencia posible\u201d, valorou o mandatario provincial. Nese sentido sinalou que o primeiro que fixo a Deputaci\u00f3n tras a borrasca foi encargar aos t\u00e9cnicos do servizo de Medio Ambiente a elaboraci\u00f3n dun informe para calibrar os danos, valorar as actuaci\u00f3ns m\u00e1is urxentes e solicitar o permiso de obras \u00e1 Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Detallou Tom\u00e9 Roca que os principais danos detectados polos expertos foron: o arrastre dos firmes granulares dos paseos; o arrastre das pontes e pasarelas de madeira, varandas e mobiliario urbano; as ca\u00eddas de muretes de pedra e das escolleras que protexen as marxes do impacto da auga; e a acumulaci\u00f3n de terra, pedras e vexetaci\u00f3n no mobiliario urbano pr\u00f3ximo ao leito dos r\u00edos. E que tendo en conta a elevada afluencia de usuarias e usuarios e os riscos que a situaci\u00f3n actual pode supo\u00f1er para a seguridade das persoas, \u201cconsideramos prioritario actuar con urxencia\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Explicou que as actuaci\u00f3ns consistir\u00e1n en recuperar os firmes estruturais danados nos cami\u00f1os; retirar os restos acumulados na ponte de Cester\u00eda e nas pontes de madeira arrastradas pola corrente; repo\u00f1er as cinco pasarelas de madeira ao longo do percorrido e tam\u00e9n a senda pivotada que conecta o Paseo do Rato coa \u00e1rea verde da Tolda de Castela; e a reconstruci\u00f3n das escolleras empregando t\u00e9cnicas de bioenxe\u00f1er\u00eda.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">TRAGSA, a empresa p\u00fablica e medio propio da Deputaci\u00f3n, ser\u00e1 a encargada dos traballos, \u201cdebido a s\u00faa natureza e a s\u00faa urxencia\u201d. Subli\u00f1ou o mandatario provincial que \u201cTRAGSA ten experiencia en obras de bioenxe\u00f1er\u00eda e recuperaci\u00f3n de leitos fluviais polo que tam\u00e9n garantimos con este encargo a solvencia dos traballos.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O orzamento previsto para esta actuaci\u00f3n ser\u00e1 de 175.286,07\u20ac, con cargo ao fondo de continxencia que ten a Deputaci\u00f3n para este tipo de emerxencias no Orzamento provincial. O prazo de execuci\u00f3n ser\u00e1 de 3 meses desde o inicio das obras e est\u00e1 previsto que ma\u00f1\u00e1, venres, queden aprobadas as actuaci\u00f3ns en Xunta de Goberno, polo que poder\u00e1n comezar a traballar nos vindeiros d\u00edas e, \u201cse todo avanza segundo o previsto, en setembro este espazo volver\u00e1 a estar a disposici\u00f3n da veci\u00f1anza\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>As obras en detalle<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Todos os cami\u00f1os do Paseo do R\u00edo Rato pr\u00f3ximos ao r\u00edo foron afectados e a Deputaci\u00f3n de Lugo deber\u00e1 empregar 1.429 m3 de xabre e 205m3 de cachote para restaurar a s\u00faa estabilidade estrutural. Reporanse ademais cinco pasarelas de madeira, varandas e valados danados pola corrente, un tramo de senda pivotada e un banco de madeira.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Concretamente, a riada levou consigo 44 metros de estruturas da valla de diferentes caracter\u00edsticas, que deber\u00e1n ser repostas para garantir a seguridade das persoas usuarias do paseo. E empregaranse t\u00e9cnicas de bioenxe\u00f1er\u00eda sobre 87,5 m2 do paseo e 66 metros de escollera que permitan renaturalizar o paseo.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">No que ten que ver coas pasarelas melloraranse:<\/p>\n<ul>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Pasarela das Casetas de madeira<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha ponte de 7 metros de longo por 2 de ancho que est\u00e1 situada \u00e1 altura das casetas empregadas pola Deputaci\u00f3n de Lugo para o mantemento das zonas verdes de titularidade provincial. Ter\u00e1 que substitu\u00edrse a s\u00faa varanda de seguridade, que foi afectada na s\u00faa totalidade.<\/li>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Pasarela de Cruce dos cami\u00f1os<\/strong>. Mide 7 metros de lonxitude e 1,5 de ancho. Est\u00e1 situada nun cruce de cami\u00f1os do Paseo e deber\u00e1 ser renovada na s\u00faa totalidade.<\/li>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Pasarela de acceso ao Centro de Permacultura<\/strong>. Contaba con 6 metros de longo por 1,5 de ancho e debe substitu\u00edrse a estrutura e a varanda.<\/li>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Pasarela Cascada<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha pasarela situada pr\u00f3xima \u00e1 cascada do Rato. Foi danada na s\u00faa estrutura de xeito total e desprazada pola riada varios metros m\u00e1is abaixo. Deber\u00e1 ser substitu\u00edda mediante unha estrutura similar de 5 metros de longo e 1,5 metros de ancho coa s\u00faa varanda de seguridade.<\/li>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Pasarela situada antes da Cascada<\/strong>. Tr\u00e1tase dunha pasarela de madeira de 5,7 metros de lonxitude e 1,5 metros de ancho que foi arrincada dos seus apoios pola riada e que quedou varada r\u00edo abaixo. Deber\u00e1 ser substitu\u00edda na s\u00faa totalidade, tanto a estrutura como a varanda.<\/li>\n<li class=\"text-align-justify\"><strong>Senda pivotada Tolda de Castela<\/strong>. Na zona que conduce desde o Paseo do Rato ata a Tolda de Castela, produciuse o deterioro e varios danos estruturais sobre a plataforma de madeira pivotada. V\u00edronse afectados 14 m2 que deber\u00e1n ser substitu\u00eddos.<\/li>\n<\/ul>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Outras actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n na contorna do Rato para a s\u00faa posta en valor<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Destacou o Presidente que a contorna do Rato \u201cten moit\u00edsima importancia para Lugo polo seu valor ecol\u00f3xico e ambiental, porque se sit\u00faa nunha zona de alta biodiversidade. \u00c9 un dos espazos m\u00e1is accesibles da Reserva desde a capital da provincia, o que o converte nun lugar estrat\u00e9xico para a educaci\u00f3n ambiental, representando o exemplo perfecto de como se pode integrar un espazo natural no entorno urbano\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Valorou que tam\u00e9n no Rato \u201cconservamos elementos etnogr\u00e1ficos como mu\u00ed\u00f1os, pasarelas e cami\u00f1os que nos axudan a preservar a nosa identidade cultural e natural. Somos moi conscientes da s\u00faa importancia e as\u00ed o demostramos nos \u00faltimos anos\u201d. Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca enumerou diferentes acci\u00f3ns levadas a cabo pola Deputaci\u00f3n para a s\u00faa posta en valor, como a mellora da estrada provincial que lle d\u00e1 acceso, a LU-P-2925; a creaci\u00f3n de 2,5 quil\u00f3metros de carril bici; a dotaci\u00f3n dun sistema de iluminaci\u00f3n con preto de 300 puntos LED; ou a posta a disposici\u00f3n \u00e1 cidadan\u00eda de 150 hortos urbanos gratu\u00edtos que favorecen o lecer ambiental, a agricultura ecol\u00f3xica e os h\u00e1bitos de vida saudables.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, anunciou este xoves que a instituci\u00f3n provincial destinar\u00e1 m\u00e1is de 175.000\u20ac \u00e1 restauraci\u00f3n da contorna do R\u00edo Rato. Explicou que con motivo do \u201cepisodio meteorol\u00f3xico extremo\u201d que viviu Lugo o pasado 11 de abril, as crecidas dos r\u00edos Rato e Fervedoira causaron importantes estragos neste espazo natural que &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13805,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117,119],"tags":[],"class_list":["post-13807","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13807","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13807"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13807\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13805"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13807"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13807"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13807"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}