{"id":13863,"date":"2025-10-16T13:28:01","date_gmt":"2025-10-16T13:28:01","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-entregan-os-primeiros-hortos-urbanos-de-paxarinos-que-agora-xestiona-a-deputacion\/"},"modified":"2025-10-16T13:28:01","modified_gmt":"2025-10-16T13:28:01","slug":"o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-entregan-os-primeiros-hortos-urbanos-de-paxarinos-que-agora-xestiona-a-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-entregan-os-primeiros-hortos-urbanos-de-paxarinos-que-agora-xestiona-a-deputacion\/","title":{"rendered":"O Presidente e o Alcalde de Lugo entregan os primeiros hortos urbanos de Paxari\u00f1os que agora xestiona a Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, entregaron este xoves os primeiros 22 hortos urbanos de Paxari\u00f1os que, recentemente, pasou a xestionar a instituci\u00f3n provincial a trav\u00e9s dun acordo de colaboraci\u00f3n entre ambas entidades que ascendeu ata os 57.000\u20ac. Estas parcelas distrib\u00faense nun espazo de algo m\u00e1is de 1.000 metros cadrados e at\u00f3panse ao car\u00f3n do barrio lucense de Xu\u00edz, entre Fonti\u00f1as e o paseo fluvial do Rato.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Tom\u00e9 Roca recordou que a instituci\u00f3n provincial asumiu a xesti\u00f3n e o mantemento destes espazos -ata mediados do 2027- a trav\u00e9s dun convenio de colaboraci\u00f3n entre ambas entidades. \u201cUn acordo que d\u00e1 resposta a unha petici\u00f3n do Concello de Lugo que, por unha banda, mellorar\u00e1 a eficiencia na xesti\u00f3n destes espazos, e pola outra, reducir\u00e1 a duplicidade de gasto\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Nesta li\u00f1a, o mandatario provincial subli\u00f1ou que \u201cdeste xeito, fomentamos a participaci\u00f3n cidad\u00e1 e o desenvolvemento sostible xerando espazos de biodiversidade; promovemos boas pr\u00e1cticas agrarias, como a agricultura ecol\u00f3xica; impulsamos unha boa alimentaci\u00f3n e h\u00e1bitos de vida m\u00e1is saudables; e impulsamos un maior co\u00f1ecemento e respecto polo medio ambiente\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez, destacou que os hortos dos Paxari\u00f1os \u201crepresentan o compromiso do Concello cun modelo de cidade sostible, participativa e con m\u00e1is espazos verdes ao servizo da veci\u00f1anza\u201d. Subli\u00f1ou que o acordo coa Deputaci\u00f3n \u201cpermitiu garantir unha xesti\u00f3n eficiente e profesional, po\u00f1endo en valor a s\u00faa ampla experiencia no \u00e1mbito dos hortos urbanos e reforzando a cooperaci\u00f3n institucional en beneficio da cidadan\u00eda\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Fern\u00e1ndez agradeceu especialmente \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo e ao seu Presidente, Jos\u00e9 Tom\u00e9, \u201ca s\u00faa colaboraci\u00f3n e sensibilidade co municipio, demostrando unha vez m\u00e1is que cando as administraci\u00f3ns traballan da man, os resultados son moi positivos para a veci\u00f1anza\u201d. Engadiu que \u201ca implicaci\u00f3n das persoas concesionarias \u00e9 tam\u00e9n fundamental para consolidar este proxecto, que contrib\u00fae a facer de Lugo unha cidade m\u00e1is verde, m\u00e1is saudable e m\u00e1is consciente ambientalmente\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">No acto de entrega os beneficiarios e beneficiarias recibiron a autorizaci\u00f3n de uso do respectivo horto por un per\u00edodo de dous anos, as\u00ed como un kit con material para iniciar o cultivo. Ademais, a instituci\u00f3n provincial ofreceralles formaci\u00f3n e asesoramento gratu\u00edto para aprender e aplicar diferentes t\u00e9cnicas de horticultura e plantaci\u00f3n e optimizar o uso destas parcelas. Do mesmo xeito, os usuarios deber\u00e1n mantelos en condici\u00f3ns \u00f3ptimas, reserv\u00e1ndose a Deputaci\u00f3n o dereito a reclamalos en caso contrario.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Aberto o prazo para solicitar un horto da Deputaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nPor outra banda, a instituci\u00f3n provincial v\u00e9n de publicar no Bolet\u00edn Oficial da Provincia deste luns a apertura do prazo para solicitar unha das parcelas que quedaron dispo\u00f1ibles no Parque do Rato tras pasar os catro anos de concesi\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As bases que rexer\u00e1n esta adxudicaci\u00f3n incl\u00faen criterios como: ser maior de idade; estar empadroado no Concello de Lugo ou lindeiros (Castro de Rei, Castroverde; O Corgo; Friol; Outeiro de Rei ou Gunt\u00edn); estar exentos de obrigas coas administraci\u00f3ns p\u00fablicas; non posu\u00edr terreos cultivables no concello de Lugo; e non convivir cunha persoa que te\u00f1a xa un horto autorizado.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As persoas interesadas poden presentar as correspondentes solicitudes ata o 28 de outubro. Os modelos de instancia, as\u00ed como o resto de informaci\u00f3n pode consultarse na web: https:\/\/www.deputacionlugo.gal\/gl\/temas\/medioambiente\/hortosrato .<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, entregaron este xoves os primeiros 22 hortos urbanos de Paxari\u00f1os que, recentemente, pasou a xestionar a instituci\u00f3n provincial a trav\u00e9s dun acordo de colaboraci\u00f3n entre ambas entidades que ascendeu ata os 57.000\u20ac. Estas parcelas distrib\u00faense nun espazo de &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13860,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-13863","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13863","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13863"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13863\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13860"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13863"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13863"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13863"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}