{"id":13899,"date":"2025-12-09T10:19:06","date_gmt":"2025-12-09T10:19:06","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-supervisan-no-rato-as-obras-de-recuperacion-do-paseo-nas-que-a-deputacion-investiu-mais-de-175-000e\/"},"modified":"2025-12-09T10:19:06","modified_gmt":"2025-12-09T10:19:06","slug":"o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-supervisan-no-rato-as-obras-de-recuperacion-do-paseo-nas-que-a-deputacion-investiu-mais-de-175-000e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-presidente-e-o-alcalde-de-lugo-supervisan-no-rato-as-obras-de-recuperacion-do-paseo-nas-que-a-deputacion-investiu-mais-de-175-000e\/","title":{"rendered":"O Presidente e o Alcalde de Lugo supervisan no Rato as obras de recuperaci\u00f3n do paseo nas que a Deputaci\u00f3n investiu m\u00e1is de 175.000\u20ac"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, supervisaron este martes no Rato o resultado das obras de restauraci\u00f3n do paseo e da s\u00faa contorna tras os danos provocados en abril pola borrasca Olivier. A instituci\u00f3n provincial investiu 175.286,07 euros do seu fondo de continxencia na reparaci\u00f3n deste espazo natural que se viu gravemente afectado.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\u201cActuamos coa m\u00e1xima dilixencia e responsabilidade porque sabemos que este \u00e9 un espazo p\u00fablico de grande valor ambiental, educativo e social para a cidadan\u00eda de Lugo e creo que o resultado \u00e9 moi satisfactorio\u201d valorou o mandatario provincial. Lembrou que TRAGSA, empresa p\u00fablica e medio propio da Deputaci\u00f3n, foi a encargada dos traballos, escollida pola s\u00faa experiencia neste tipo de intervenci\u00f3ns e pola urxencia da actuaci\u00f3n. Nese sentido, explicou que a instituci\u00f3n provincial actuou con celeridade, encargando un informe t\u00e9cnico ao servizo de Medio Ambiente para avaliar os danos, definir as actuaci\u00f3ns prioritarias e solicitar os permisos necesarios \u00e1 Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Xuntos, Tom\u00e9 Roca e Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, acompa\u00f1ados polo Deputado da \u00e1rea de Medio Ambiente, Carlos L\u00f3pez L\u00f3pez, comprobaron os traballos, que consistiron no arranxo das marxes do r\u00edo, a construci\u00f3n de diques, recheo e adecuaci\u00f3n dos paseos e a reposici\u00f3n de pontes e pasarelas de madeira.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Concretamente, a Deputaci\u00f3n de Lugo empregou 1.429 m3 de xabre e 205m3 de cachote para restaurar a estabilidade estrutural dos cami\u00f1os. Repuxo cinco pasarelas de madeira, varandas e valados danados pola corrente, un tramo de senda pivotada na conexi\u00f3n coa Tolda de Castela e un banco de madeira. A riada levou consigo 44 metros de estruturas da valla de diferentes caracter\u00edsticas, que foron repostas para garantir a seguridade das persoas usuarias do paseo. Empreg\u00e1ronse t\u00e9cnicas de bioenxe\u00f1er\u00eda sobre 87,5 m2 do paseo e 66 metros de escollera.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Miguel Fern\u00e1ndez agradeceu ao Presidente \u201ca implicaci\u00f3n e dilixencia coa que o ente provincial actuou\u201d no Rato e puxo en valor que a Deputaci\u00f3n realizou esta intervenci\u00f3n \u201cen tempo r\u00e9cord\u201d, \u201cdemostrando o valor da colaboraci\u00f3n institucional cando se act\u00faa con responsabilidade e con sentido de cidade\u201d. Sinalou ademais que o Rato, como o Mi\u00f1o, forman parte dunha ampla rede de espazos verdes urbanos e periurbanos \u201cque converten Lugo nunha cidade privilexiada\u201d e que \u201cdefender, mellorar e ampliar estes corredores naturais \u00e9 unha das li\u00f1as estrat\u00e9xicas do noso modelo de cidade\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, supervisaron este martes no Rato o resultado das obras de restauraci\u00f3n do paseo e da s\u00faa contorna tras os danos provocados en abril pola borrasca Olivier. A instituci\u00f3n provincial investiu 175.286,07 euros do seu fondo de continxencia na &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13897,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-13899","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13899","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13899"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13899\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13897"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13899"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13899"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13899"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}