{"id":13984,"date":"2026-02-27T12:35:00","date_gmt":"2026-02-27T12:35:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/o-consello-de-turismo-aproba-as-bases-dos-premios-de-turismo-2026-e-avanza-as-accions-principais-do-ano\/"},"modified":"2026-02-27T12:35:00","modified_gmt":"2026-02-27T12:35:00","slug":"o-consello-de-turismo-aproba-as-bases-dos-premios-de-turismo-2026-e-avanza-as-accions-principais-do-ano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-consello-de-turismo-aproba-as-bases-dos-premios-de-turismo-2026-e-avanza-as-accions-principais-do-ano\/","title":{"rendered":"O Consello de Turismo aproba as bases dos Premios de Turismo 2026 e avanza as acci\u00f3ns principais do ano"},"content":{"rendered":"<p class=\"text-align-justify\">A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presidiu este venres a primeira reuni\u00f3n do ano deste \u00f3rgano participativo e consultivo da Deputaci\u00f3n de Lugo, no que se aprobaron as bases da convocatoria 2026 para os Premios de Turismo e se presentou o calendario das principais acci\u00f3ns previstas para este ano.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Pilar Garc\u00eda Porto avanzou que, ao igual que anos anteriores, os Premios de Turismo contar\u00e1n con tres modalidades \u2013Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Premio Turismo Sostible e \u2026E para comer, Lugo \u00e1 Gastronom\u00eda Lucense. Os premios te\u00f1en car\u00e1cter honor\u00edfico e reco\u00f1ecen a labor de persoas, empresas, instituci\u00f3ns e colectivos que destacan pola s\u00faa contribuci\u00f3n ao desenvolvemento tur\u00edstico, \u00e1 innovaci\u00f3n, \u00e1 sustentabilidade e \u00e1 posta en valor da gastronom\u00eda lucense.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A Vicepresidenta do Consello sinalou que con estes distintivos \u201cnon s\u00f3 reco\u00f1ecemos a excelencia tur\u00edstica e gastron\u00f3mica da provincia, sen\u00f3n tam\u00e9n fomentamos a colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns, sector privado e tecido asociativo, consolidando Lugo como un destino innovador, sostible e atractivo\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Poden optar aos galard\u00f3ns tanto persoas f\u00edsicas como xur\u00eddicas, p\u00fablicas ou privadas, a nivel local, auton\u00f3mico, nacional ou internacional, sempre que o seu traballo te\u00f1a repercusi\u00f3n positiva no turismo ou na gastronom\u00eda da provincia ou nunha zona concreta de Lugo. Os proxectos, iniciativas ou traxectorias profesionais deber\u00e1n estar vixentes ou realizarse no marco dun plan en curso.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A entrega dos premios ter\u00e1 lugar nunha gala que se celebrar\u00e1 o 27 de setembro no Pazo de San Marcos, coincidindo coa D\u00eda Mundial de Turismo. O prazo de presentaci\u00f3n de candidaturas abrirase tras a publicaci\u00f3n da convocatoria no Bolet\u00edn Oficial da Provincia, e as solicitudes deber\u00e1n presentarse de forma telem\u00e1tica a trav\u00e9s da Sede Electr\u00f3nica da Deputaci\u00f3n de Lugo, cun prazo dun mes.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Principais actuaci\u00f3ns tur\u00edsticas para o 2026<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Ademais, a Vicepresidenta do Consello de Turismo detallou as principais acci\u00f3ns da \u00e1rea de Turismo da Deputaci\u00f3n para o ano 2026. Explicou que \u201cseguiremos na mesma li\u00f1a estrat\u00e9xica, apostando por un modelo de turismo de calidade e sostible, que combine innovaci\u00f3n e tradici\u00f3n, e que permita que visitantes e cidad\u00e1ns descubran a riqueza natural, cultural patrimonial e gastron\u00f3mica da nosa provincia\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Entre as principais acci\u00f3ns mant\u00e9\u00f1ense programas consolidados e que est\u00e1n a ter unha grande acollida tanto en termos econ\u00f3micos como sociais. Por unha banda, o Co\u00f1ece a t\u00faa Provincia, que na s\u00faa sexta edici\u00f3n v\u00e9n de aprobar a listaxe provisional das entidades admitidas cun total de 135 colectivos que, como novidade, participar\u00e1n por primeira vez neste programa de viaxes gratu\u00edtas. Desde que se puxo en marcha en 2021, esta iniciativa medrou de xeito constante xerando un retorno econ\u00f3mico superior a 800.000\u20ac e con 12.200 persoas beneficiadas.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Outra das li\u00f1as tur\u00edsticas estrat\u00e9xicas desta instituci\u00f3n provincial son as rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que arrincar\u00e1n o vindeiro 19 de marzo e que operar\u00e1n ata a ponte de decembro. Unha oferta coa que na pasada edici\u00f3n navegaron con 57.000 persoas \u00a0para gozar desta xoia natural, que en xu\u00f1o opta a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As\u00ed mesmo, a instituci\u00f3n provincial volver\u00e1 a organizar as Rutas polo rom\u00e1nico da provincia para conmemorar o 9 de maio, D\u00eda da Transrom\u00e1nica, que o pasado ano desfrutaron 300 persoas. \u201cComo sabedes, a Deputaci\u00f3n forma parte da Rede Transrom\u00e1nica desde o ano 2020, e estamos a valorar cos integrantes deste itinerario a posibilidade de que este ano a Asemblea Xeral se celebre na provincia de Lugo\u201d, explicou Pilar Garc\u00eda Porto.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Feiras e patrocinios<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">A presenza en feiras e eventos tur\u00edsticos ser\u00e1 outro dos obxectivos a seguir este ano. Nestes dous primeiros meses a Deputaci\u00f3n presentou en Fitur xunto ao cineasta \u00d3liver Laxe a campa\u00f1a Provincia de Lugo, Reserva Natural. Ademais, \u00a0a instituci\u00f3n estar\u00e1 presente, entre outras feiras, en BioCultura 2026, do 6 ao 8 de marzo na Coru\u00f1a; en Expocidades que se celebrar\u00e1 en maio en Portugal; e en Expovacaciones, do 8 ao 10 de maio, en Bilbao.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nAdemais, a Deputaci\u00f3n continuar\u00e1 apoiando a entidades e concellos co obxectivo de fomentar iniciativas tur\u00edsticas e festas locais. No ano 2025, a instituci\u00f3n destinou preto de 850.000\u20ac a estas actividades, a trav\u00e9s do Plan Deputaci\u00f3n e distintas colaboraci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presidiu este venres a primeira reuni\u00f3n do ano deste \u00f3rgano participativo e consultivo da Deputaci\u00f3n de Lugo, no que se aprobaron as bases da convocatoria 2026 para os Premios de Turismo e se presentou o &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13982,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-13984","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13984"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13984\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13982"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}