RESERVA DA BIOSFERA

TERRAS DO MIÑO

Descubre

Patrimonio Lucense

Viaxa

Planifica a túa  viaxe

Contacta

Teléfonos de interese

QUE É UNHA RESERVA DA BIOSFERA?

As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza.
Establécense sobre zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nas cales a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación son esenciais.

unesco

Programa MaB
da UNESCO

O Programa Persoa e Biosfera (MaB), iniciado a principios dos anos 70, é un Programa Intergobernamental da UNESCO creado co obxectivo de establecer unha base científica para mellorar a relación das persoas coa súa contorna.

A Secretaría Internacional do Programa MaB está situada na sede da UNESCO en París, e o seu órgano de goberno é o Consello Internacional de Coordinación (CIC), composto en cada momento, de maneira rotatoria, por trinta e catro Estados de entre os que son membros da UNESCO.

Para a execución do seu traballo no terreo, o Programa MaB centra as súas actuacións na Rede Mundial de Reservas da Biosfera, fomentando o intercambio de coñecementos entre as reservas, a investigación e o monitoreo, a educación, a formación e a toma de decisións participativa.

ico-arboles

Programa MaB
en España

O Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, é o encargado da coordinación do desenvolvemento en España do Programa Persoa e Biosfera (MaB) da UNESCO.

As funcións do OAPN para a coordinación do desenvolvemento do Programa MaB da UNESCO establécense no Real Decreto 342/2007, do 9 de marzo, e o Real Decreto 387/2013, do 31 de maio, polo que se modifica o anterior. Ambos os decretos regulan o desenvolvemento das funcións do Programa MaB, así como o Comité Español do MaB, no Organismo Autónomo Parques Nacionales.

O OAPN conta coa Secretaría do Programa MaB en España, que se encarga da coordinación e dinamización da Rede Española de Reservas da Biosfera (RERB) e da Secretaría do Comité Español do Programa MaB e dos seus órganos asesores (Consello de Xestores e Consello Científico).

hojaverde

Reservas da Biosfera
de Galicia

Galicia conta con sete Reservas da Biosfera que representan o 35% do territorio da Comunidade Autónoma e suman unha poboación duns 570.000 habitantes repartida entre 86 concellos. Na provincia de Lugo, máis do 84% do seu territorio está declarado como Reserva da Biosfera.

  1. Reserva da Biosfera Terras do Miño (Lugo) – 2002.
  2. Reserva da Biosfera Área de Allariz (Ourense) – 2005.
  3. Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo) – 2006.
  4. Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón (Lugo) – 2007.
  5. Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Ourense e Portugal) – 2009.
  6. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña) – 2013.
  7. Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel (Lugo e Ourense) – 2021.

TERRAS DO MIÑO

Reserva da Biosfera
0

PATRIMONIO MUNDIAL DA HUMANIDADE DA UNESCO

Camiño de Santiago (Norte e Primitivo, 1995), Muralla Romana de Lugo (2000)
Catedrais de Lugo e de Mondoñedo (2015)
0

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO

Muros de xunta seca
0

ESPAZOS PROTEXIDOS

ZEC Parga-Ladra-Támoga, ZEC Serra do Xistral, ZEC Ría de Foz-Masma, ZEC Serra do Careón, EPIN Lagos de Lousada

Caneiro do Piago (Outeiro de Rei)

Este traballo foi financiado íntegramente polos fondos Next Generation da Unión Europea a través da subvención convocada pola Xunta de Galicia  “Axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023”. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea son responsables delas.

This site is registered on wpml.org as a development site.