TERRAS DO MIÑO

RESERVA DA BIOSFERA

XESTIÓN DA RESERVA DA BIOSFERA

Desde o ano 2011, o órgano de xestión da Reserva da Biosfera está integrado na Deputación de Lugo (como un órgano especial da administración sen personalidade xurídica propia), conformado por un Órgano Reitor (órgano de goberno) e un Órgano de Participación (de carácter consultivo).

ÓRGANOS DE XESTIÓN

O Regulamento establece a composición, finalidade e funcións dos diferentes órganos que os compoñen, xunto o seu réxime xurídico e económico.

Regulamento do órgano de xestión (BOP Lugo nº 76 – 04.04.2011)

ÓRGANO REITOR
Composición (30-06-2023)
Ordes do día das reunións

ÓRGANO DE PARTICIPACIÓN
Composición (18-06-2024)
Ordes do día das reunións

Centro de Interpretación Terras do Miño – Paseo do Rato (Lugo)

Mazo de Santa Comba

PLAN DE XESTIÓN

Desde o ano 2013, a Reserva da Biosfera dispón dun Plan de Xestión aprobado por ambos órganos, seguindo un trámite de participación pública que permitiu a implicación efectiva dos cidadáns nas tomas de decisións que afectan ao territorio.
O Plan traza as liñas estratéxicas de acción encamiñadas a conservar o patrimonio natural da Reserva, dotar de servizos e infraestruturas aos veciños co fin de mellorar a súa calidade de vida e xerar riqueza e emprego para fixar poboación no territorio da Reserva.

Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño 2014-2024

Anuncio exposición pública Plan de Xestión da RB Terras do Miño 2014-2024 (BOP nº 292 , 22-12-2023)

MEMORIAS ANUAIS DE ACTUACIÓNS

Cada ano, a memoria anual de actuacións da Reserva da Biosfera é presentada e informada no Órgano de Participación e aprobada polo Órgano Reitor.

Memorias anuais de actuacións

Lagoas de Cospeito

ZONIFICACIÓN

A Reserva da Biosfera Terras do Miño é unha das máis grandes da Península Ibérica, ten unha superficie de 363.669 ha e inclúe 26 municipios da provincia de Lugo: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

ZONA NÚCLEO

Integra as áreas de máis importancia para a conservación da biodiversidade do territorio, constituída fundamentalmente polos espazos naturais protexidos ZEC Parga-Ladra-Támoga e ZEC Serra do Xistral, xunto con pequenos espazos representados maioritariamente por zonas húmidas.

Ocupa unha superficie de 35.505 ha, o 10 % da Reserva.

A zona Núcleo represéntase en laranxa

ZONA TAMPÓN

Son áreas de menor valor de conservación que as núcleo, pero nas que é necesario preservar a configuración dos compoñentes paisaxísticos, así como a distribución territorial dos grandes tipos de hábitats naturais e seminaturais.

Abarcan un área de 79.934 ha que representa o 22 % da superficie total da Reserva.

A zona Tampón represéntase en verde

ZONA DE TRANSICIÓN

As zonas de transición abarcan áreas dunha elevada produtividade agrícola, gandeira e forestal e nas que se concentra a práctica totalidade da poboación que vive na Reserva. Caracterízase por unha paisaxe rural configurada por un mosaico de parcelas de labradío e prados, delimitadas por sebes arbóreas e arbustivas, xunto con pequenos bosquetes estendidos polos amplos vales e depresións que estruturan o terreo.

Inclúe unha superficie de 248. 229 ha, un 68 % da Reserva.

A zona Transición represéntase en amarelo claro.

Visor preliminar da zonificación. (Pódese descargar a cartografía dos límites e da zonificación da Reserva da Biosfera no apartado DOCUMENTACIÓN)

MUNICIPIOS

Gran parte dos límites exteriores da Reserva están definidos polos límites administrativos dos 26 municipios que a integran, salvo no seu extremo norte, onde só se inclúen de forma parcial os municipios de Abadín, Alfoz, Meira, Mondoñedo, Muras Ourol, Pol, Riotorto e O Valadouro.

Mapa da provincia de Lugo

Este traballo foi financiado íntegramente polos fondos Next Generation da Unión Europea a través da subvención convocada pola Xunta de Galicia  “Axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023”. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea son responsables delas.

This site is registered on wpml.org as a development site.