Novas

A Deputación abre o prazo para anotarse nas actividades gratuítas e de lecer nas Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño

A Deputación de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para participar no novo programa de actividades gratuítas que organiza co obxectivo de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial. O novo ...
Ler máis

A Deputación de Lugo arranca hoxe a cuarta tempada do programa Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo arrancou este mércores a cuarta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses. Nesta cuarta tempada os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, dende hoxe e ata ...
Ler máis

Éxito da primeira edición do programa gratuíto de educación ambiental Exploradores do Miño da Deputación

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, mantivo este venres no Centro de Interpretación de Terras do Miño un encontro cos nenos e nenas que participaron durante este curso no programa gratuíto de educación ambiental Exploradores do Miño da institución provincial. Participaron nesta iniciativa nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade ...
Ler máis

O Presidente entrega tres hortos sementeiros adaptados ao Centro de Educación Especial de Santa María

– José Tomé Roca estivo hoxe xunto co Deputado de Medio Ambiente no centro, onde subliñou que a Deputación achega este material para favorecer a creación dunha horta accesible para o alumnado e promover hábitos de traballo e coidado do medio natural – “Os hortos que hoxe entregamos son ferramentas de aprendizaxe, de integración e ...
Ler máis

A Deputación impulsa a participación na xestión da Reserva de Terras do Miño, que aproba o Plan de Xestión para os próximos 10 anos

O Deputado de Promoción Económica e Social presidiu as sesións dos órganos reitor e participativo celebrados este martes en San Marcos e que sacaron adiante o documento definitivo das actuacións prioritarias neste espazo natural para o período 2024-2034 A asociación cultural e deportiva A Fortaleza Sport, o club de marcha nórdica Nordic Walking Lugo e ...
Ler máis

Arrancan os obradoiros infantís da Deputación na Praza de San Marcos con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

O Deputado de Medio Ambiente acompañou na tarde deste luns aos participantes dos primeiros talleres, onde poderán desfrutar de actividades como a elaboración de bombas de semente, decoración de testos, estampado, hoteis de insectos e mini horta urbana Os talleres de educación ambiental desenvolveranse tamén este martes e este xoves, en horario de 17:00 a ...
Ler máis

A Deputación de Lugo conmemorará o Día Mundial do Medio Ambiente con obradoiros para nenos, unha exposición e unha conferencia sobre pragas

Os talleres de educación ambiental desenvolveranse os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas, na praza de San Marcos. Están dirixidos a nenos a partir de 6 anos, e ofrecerán actividades gratuítas sobre a elaboración de bombas de semente, decoración de testos, estampado, hoteis de insectos, e mini horta urbana ...
Ler máis

O Pazo de San Marcos, punto de encontro das entidades que traballan en custodia do territorio de Galicia

O Deputado de Medio Ambiente inaugurou este sábado unha xornada no Salón de Actos da Deputación aberto tamén aos axentes sociais e económicos que están vinculados á estratexia de conservación do territorio O organismo provincial ten en marcha dende o ano 2014 un proxecto innovador para dinamizar as zonas de alto valor ecolóxico e social ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.