35 lucenses fórmanse gratis no Campus da Deputación para iniciar a súa actividade empresarial



– Son os participantes nos 3 obradoiros de “Motivación e xeración de ideas”, cuxa última edición arrancou este luns en Terras do Miño, coa participación doutros 12 lucenses.

– A Deputación ofrece a custe cero novas 60 prazas para os seminarios sobre “Maduración da idea empresarial”, dirixidos a persoas que xa teñan avanzada a súa idea de negocio.

Inscricións en www.deputacionlugo.org e no 982-22-78-12

A Deputación puxo en marcha este luns no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado na capital luguesa, o derradeiro obradoiro gratuíto de “Motivación e xeración de ideas” do II Campus de Emprendemento Sostible. 12 lucenses participan nesta iniciativa, que inclúe
formación sobre os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial ou os elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa; visitas a empresas consolidadas e titorías individuais para a posta en marcha dos novos negocios. Outras 23 persoas recibiron
a mesma formación noutros dous obradoiros, facendo que sexan un total de 35 lucenses os que se forman gratis no Campus da Deputación para iniciar a súa actividade empresarial.
En Terras do Miño, foron dous os seminarios de “Motivación e xeración de ideas” os que se celebraron, xunto ó de hoxe. En Cervantes, tivo lugar outro. Os seus 35 participantes continúan recibindo asesoramento gratuíto para abrir os seus novos negocios nos 29 Concellos que integran as Reserva da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

A Deputación ofrece agora formación gratuíta a outras 60 persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio. Para elo, mantén aberto o prazo de solicitude de 3 obradoiros, con 20 prazas cada un, sobre “Maduración da idea empresarial”, que inclúen formación, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais.

Para anotarse só é preciso acceder a www.deputacionlugo.org ou chamar ó 982-22-78-12.

As datas, horarios e lugares de celebración destes novos seminarios son as seguintes:
 – Centro de Interpretación Terras do Miño: 1-4 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
 – Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
 – Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.

Creación de emprego no rural

O Campus de Emprendemento Sostible é a programación da Deputación que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora. Este plan resultaron, polo de agora, 7 novas empresas que abriron as súas portas na provincia logo da celebración da súa primeira edición o ano pasado. Estas entidades son dos seguintes sectores: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagruturismo e produción artesanal.


This site is registered on wpml.org as a development site.