4.000 persoas participaron nas actividades gratuítas da Deputación na Reserva Terras do Miño



Durante o ano 2018, celebráronse máis de 100 iniciativas coas que o Goberno busca poñer en valor este territorio e dinamizalo a nivel turístico, económico e social nos 26 Concellos que integran a reserva

Fernández Queipo destacou que “dende o Goberno da Deputación desenvolvemos ao longo do ano centos de actividades relacionadas co patrimonio natural do que dispomos, un potencial que non podemos desaproveitar”

O Vicepresidente lembrou que preto dun 10% do total de actividades executadas na Reserva desenvolvéronse a través do órgano de participación a proposta das entidades, asociacións e concellos pertencentes á Reserva.

Máis de 4.000 persoas de todas as idades participaron nas actividades que a Deputación de Lugo ofrece de xeito totalmente gratuíto para difundir e poñer en valor a Reserva d Biosfera Terras do Miño. Así o avanzou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, no encontro dos Órganos de Participación deste espazo natural que se celebrou este martes.

O Vicepresidente destacou que “dende o Goberno da Deputación desenvolvemos ao longo do ano centos de actividades relacionadas co patrimonio natural do que dispomos, un potencial que non podemos desaproveitar. Facémolo para poñer en valor este territorio que conta cun recoñecemento internacional, e dinamizalo tanto a nivel turístico como económico e social os 26 Concellos que integran a reserva”.

Fernández Queipo subliñou que durante 2018 celebráronse máis de un cento de iniciativas nos 26 municipios da Reservada Biosfera Terras do Miño a través de, por exemplo, os Centros de Interpretación de Terras do Miño en Lugo ou o da Casa das Insuas en Rábade, nos que se desenvolveron ducias de actividades para promover o estudo da fauna e flora deste espazo. O Vicepresidente explicou que en cada trimestre participan, de media, unhas 1.000 persoas, nesta programación lúdica e formativa que a Deputación ofrece de balde aos cidadáns.

O Vicepresidente lembrou que preto dun 10% do total de actividades executadas na Reserva desenvolvéronse a través do órgano de participación a proposta das entidades, asociacións e concellos pertencentes á Reserva.

Programación para 2019

Na sesión celebrada hoxe, tamén se aprobou abrir o prazo para que concellos, entidades e asociacións da Reserva da Biosfera presenten as propostas de actividades, xornadas e obradoiros para celebrar este 2019, co obxectivo de organizar polo menos unha en cada Concellos. Adiantouse tamén que no Centro de Interpretación das Terras do Miño continuarase, neste curso escolar coa iniciativa O Centro de interpretación na rúa na que son os profesionais da institución os que se desprazan as aulas dos colexios da comarca de Lugo para difundir as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.


This site is registered on wpml.org as a development site.