Novas

A Deputación dá a benvida aos participantes dunha nova edición do insuaCAMP 2026

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu este luns na Casa das Insuas ás 20 persoas que participan durante esta semana no XI insuaCAMP que organiza a Asociación Galega de Custodia do Territorio e que financia a institución provincial. Trátase dunha iniciativa formativa que reúne a estudantes universitarios e persoas especializadas no estudo da biodiversidade para afondar en ...
Ler máis

A Deputación destina 190.000€ para impulsar 52 proxectos nas Reservas da Biosfera

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a listaxe provisional das entidades sen ánimo de lucro que resultaron beneficiarias da primeira liña de axudas de concorrencia competitiva que convoca a institución provincial para desenvolver proxectos medioambientais nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. En concreto, son 190.000€ ...
Ler máis

A Deputación abre mañá o prazo para inscribirse nas actividades das Reservas da Biosfera

A Deputación de Lugo abre mañá luns, día 22 de xuño a partir das 8 da mañá, o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de ...
Ler máis

A Deputación sitúa a Terras do Miño como referente en biodiversidade na apertura dun foro internacional sobre turbeiras

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este martes na inauguración dun workshop internacional organizado polo instituto IBADER e a Universidade de Santiago de Compostela no marco do proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, unha iniciativa europea centrada na restauración de turbeiras. O encontro reúne en Lugo a especialistas, representantes ...
Ler máis

A Deputación súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente cunha mostra fotográfica e obradoiros infantís

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto aos Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, inaugurou este venres nos corredores do Pazo de San Marcos a mostra fotográfica organizada pola institución provincial con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. A ...
Ler máis

A Deputación reforza a estratexia turística amosando os atractivos da provincia de Lugo en Amarante e Bilbao

A Deputación de Lugo reforzará a súa estratexia de promoción do territorio amosando esta fin de semana os atractivos da provincia en dúas feiras turísticas destacadas no calendario nacional e internacional: Expocidades e Expovacaciones. A institución provincial terá presencia en ambas citas que se desenvolverán en Amarante (Portugal) e Bilbao desde este venres e ata ...
Ler máis

A Deputación prepara para o próximo luns unha xornada divulgativa sobre a eclipse solar

A Deputación de Lugo organiza para o vindeiro luns unha conferencia divulgativa gratuíta sobre a eclipse solar, o fenómeno astronómico que terá lugar o 12 de agosto e que tras máis de cen anos poderá verse desde a península ibérica. Concretamente, a provincia de Lugo será un dos lugares máis privilexiados do mundo para observala, ...
Ler máis

A Deputación destina este ano 340.000€ para impulsar o tecido asociativo das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres unha nova edición das axudas dirixidas ao tecido asociativo das Reservas da Biosfera Terras de Miño e Os Ancares Lucenses. A institución provincial destinará 340.000€ a entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade nestes territorios, a través de diferentes convocatorias. Así ...
Ler máis

Mañá abre o prazo de inscrición para as novas actividades nas Reservas da Biosfera que xestiona a Deputación

A Deputación de Lugo abre mañá venres, día 27 de marzo a partir das 8 da mañá, o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este segundo trimestre do ano. O calendario inclúe 19 propostas que tratan de ...
Ler máis

A Deputación completa a ocupación dos hortos urbanos do Río Rato coa entrega de 50 parcelas

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, e o Concelleiro de Movementos Migratorios de Lugo, Waldir Sinistierra, entregaron este martes 50 hortos urbanos que a institución provincial ten no Paseo do Río Rato na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Deste total, 12 autorizacións foron para antigos usuarios e usuarios que se lles esgotaba ...
Ler máis