Arrancan as actividades de verán do Centro de Interpretación Terras do Miño



– Paseos polo río Rato, talleres de relaxación ou andainas nocturnas son soamente algunhas das propostas lúdicas e medioambientais organizadas hasta setembro
– As actividades, todas gratuítas e con capacidade para 300 persoas, están deseñadas en función das idades dos participantes, habendo propostas para nenos, mozos e familias

– Os interesados poden inscribirse xa na web www.deputacionlugo.com, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade

Arrancan as actividades de verán do Centro de Interpretación Terras do Miño
O Centro de Interpretación Terras do Miño da Deputación arrancará o vindeiro mércores as actividades lúdicas e medioamientais deseñadas para o 3º trimestre deste ano, coincidente coa tempada de verán, nas que poderán participar 300 persoas de xeito totalmente gratuíto. A programación, que se desenvolverá entre os días 9 de xullo e 27 de setembro, está dividida 3 grupos, en función da temática: actividades para nenos; mozos e mozas, e familias.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, informou, durante a celebración do último curso deste trimestre, das actividades que van comezar a vindeira semana no Centro de Interpretación Terras do Miño. López Izquierdo salientou que estas actividades “gozan dunha grande acollida por parte dos lucenses”. “De feito, só durante o trimestre pasado máis de 230 persoas aproveitaron estas propostas e, se facemos balance das do ano 2013, foron máis de 1.700 as luguesas e lugueses que participaron nestas xornadas”. A Deputada afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle ós cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “aparte de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación para o mes de xullo
O calendario das actividades programadas para o mes de xullo é o seguinte:
Para os máis pequenos:
– O día 9 de xullo terá lugar a actividade “Paseo polo río Rato”, unha actividade dirixida a un máximo de 20 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas.
– O día 12 de xullo comezará a actividade “O Noso refuxio”, dirixida a rapaces de entre 5 e 12 anos e que conta cun total de 20 prazas. O lugar no que se celebrará a actividade é o Centro de Interpretación.
– O 6 de setembro está prevista a actividade “ Pegadas De Animais”, dirixida a un total de 20 rapaces de entre 5 e 12 anos e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas.
– O día 27 comeza “Cociño No Medio Natural” dirixida a un total de 20 rapaces de entre 5 e 12 anos e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas

Para mozos e mozas:
– O día 11 de xullo é o día do medo. O centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a actividade nocturna “Noite do Terror” que se estenderá entre as 21:30 horas e as 23:30 no propio centro de interpretación.

Para familias ó completo:
– O día 15 xuño esta programada a actividade “ Andaina nocturna: Alumando a Noite” na que poderán participar 20 persoas como máximo e que se celebrará entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.
– Por último para o mes de xullo, os días 19 e 20 deste mes dará comezo o “Taller de Relaxación na Natureza”. Esta iniciativa este dirixida a 40 persoas como máximo e celebrárase entre as 11:00 horas e as 14:00 horas destes dous días.
– O 12 de agosto “Andaina nocturna: seres mitolóxicos” que terá Lugar no C.I. Terras do Miño entre as 21:30 horas a 23:30 horas e na que poderán participar ata 20 participantes.
– O 11 de setembro comeza a actividade “Andaina nocturna: as lendas da lúa” Lugar no C.I. Terras do Miño entre as 21:30 horas a 23:30 horas e na que poderán participar ata 20 participantes.
– O 21 de setembro “Identificación de Flora” que transcorrerá entre as 11:00 horas e as 14:00 horas. O lugar no que ata 20 participantes poderán participar é o C.I. Terras do Miño.
– O 13 e 14 de setembro “Móllate E Colle3”, actividade sen limite de prazs e que celebrará no Caneiro da Tolda. O horario da actividade comeza as 11:00 hora ata as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 19:00 horas. Esta actividade pretende buscar a implicación voluntaria dos cidadáns de tódalas idades para participar nunha campaña de recollida de lixo que terá unha duración de dúas xornadas. As actividades de recollida de lixo poderán facerse por terra e no propio río, para o cal o equipo de monitores porá á disposición dos voluntarios os equipamentos necesarios (kayak e táboas de paddle surf) así como os equipamentos de seguridade para que a actividade se realice en óptimas condicións.

Tamén haberá dúas conferencias:
O día 12 setembro de 2014 o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a conferencia “Estudio De Contaminación Mariña” a cargo Do Dr. Tony Butt”. A hora do encontro está programada para as 19:30 horas para un total de 40 persoas.
O día 18 terá lugar a ultima conferencia deste trimestre denominada “Fungos Termófilos” a cargo do Dr.Julián Alonso Díaz. As 19:30 horas no centro de interpretación Terras do Miño, para un total de 40 persoas.

Os interesados poden anotarse xa na web da Deputación www.deputacionlugo.org, na que figura ademais toda a información necesaria desta proposta na páxina web


This site is registered on wpml.org as a development site.