– Unha ducia de cativos participaron este mércores en Paseo polo río Rato, a primeira das xornadas gratuítas da nova programación do Centro de Interpretación de Terras do Miño
– Aberto o prazo de solicitude doutra ducia de actividades para persoas de todas as idades, cun total de 300 prazas gratis, en www.deputacionlugo.org e no 982-22-78-12
Arrancan as actividades
A Deputación puxo en marcha este mércores as actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño para este verán. Esta programación, financiada na súa totalidade polo organismo provincial, ofrece a cidadáns de todas as idades unha alternativa lúdica diferente, que educa no respecto polo medio ambiente e pon de manifesto a riqueza natural da provincia.
Unha ducia nenos e nenas participaron hoxe na primeira destas xornadas: Paseo polo río Rato. A actividade comezou ás 9:00 horas, coa proxección de tres videos de caracter educativo para que os máis picariños comprendan a verdadeira riqueza medioambiental de Lugo e aprendan a ser respectuosos con ela. As proxeccións xiraron en torno ós ríos, montes e ás reservas medioambientais. Logo, houbo varios xogos, que se celebraron no Centro de Interpretación, no que os máis pequenos continuaron aprendendo cal é a importancia do medioambiente. Ó remate, deu comezou o paseo polo río Rato, onde os monitores foron indicando ós nenos cales son as pautas que se deben seguir e cales non.
Actividades para 300 persoas
Continúa aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982-22-78-12 doutras ducia de actividades gratuítas, con prazas para 300 persoas. Máis información na web. Todas se celebrarán no Centro de Interpretación de Terras do Miño, capital luguesa, agás unha que terá lugar nas Insuas de Rábade. O calendario é o seguinte:
Xornadas para nenos de entre 5 e 12 anos. Con 20 prazas cada unha. Horario de 11:00 a 14:00 horas:
– 12 de xullo, O Noso refuxio
– 6 de setembro, Pegadas De Animais.
– 27 de setembro, Cociña no Medio Natural.
Xornadas para mozos e mozas:
– O 11 de xullo é o día do medo. O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a actividade nocturna Noite do Terror, que se estenderá entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.
Xornadas para familias ó completo:
– 15 xuño, Andaina nocturna: Alumando a Noite, na que poderán participar 20 persoas como máximo e que se celebrará entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.
– 19 e 20 de xullo, Taller de Relaxación na Natureza. Dirixido a 40 persoas. Dende as 11:00 horas e ata as 14:00 horas.
– 12 de agosto, Andaina nocturna: seres mitolóxicos. Con 20 prazas. Terá lugar dende as 21:30 horas e ata as 23:30 horas.
– 11 de setembro, Andaina nocturna: as lendas da lúa. Con outras 20 prazas. De 21:30 horas ás 23:30 horas.
– 21 de setembro, Identificación de flora, dende as 11:00 horas e ata as 14:00 horas. 20 prazas.
– 13 e 14 de setembro, MÓLLATE E COLLE3, actividade sen limite de prazas, celebrará no Caneiro da Tolda, nas Ínsuas de Rábade. O horario da actividade comeza ás 11:00 horas e ata as 14:00 horas, e entre as 16:00 horas e as 19:00 horas.
Tamén haberá conferencias:
– O 12 setembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a conferencia Estudio De Contaminación Mariña, a cargo do Dr. Tony Butt. 40 prazas. A partires das 19:30 horas.
– O 18 de setembro, terá lugar a ultima conferencia deste trimestre, denominada Fungos Termófilos, a cargo do Dr. Julián Alonso Díaz. Ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño, para un total de 40 persoas.