Os usuarios dos hortos urbanos do Rato e de Paradai celebran a primeira festa da colleita



O Vicepresidente, participou nesta iniciativa “que ten como finalidade celebrar unha xornada de convivencia entre os diferentes usuarios, co fin de que poidan intercambiar experiencias e ao mesmo tempo, poidan desfrutar dun tempo de lecer entre eles”

Neste enclave de 10.000 m2, que engloba o Rato e Paradai, na Reserva da Biosfera Terras do Miño, participan preto de 130 usuarios que cultivan 50 tipos de produtos da horta

Durante este encontro os asistentes participaron nunha degustación de produtos elaborados polos propios usuarios e colleitados nos hortos

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo participou este venres na primeira festa da colleita que celebran os usuarios dos Hortos Urbanos da Deputación. Neste enclave de 10.000 m2, que engloba o Rato e Paradai, na Reserva da Biosfera Terras do Miño, participan preto de 130 usuarios que cultivan 50 tipos de produtos da horta. Durante este encontro os asistentes participaron nunha degustación de produtos elaborados polos propios usuarios e colleitados nos hortos. Ademais, durante esta xornada haberá sorteos, agasallos e sorpresas para todos os participantes.

Fernández Queipo explicou “que esta iniciativa ten como finalidade celebrar unha xornada de convivencia entre os diferentes usuarios, co fin de que poidan intercambiar experiencias e ao mesmo tempo, poidan desfrutar dun tempo de lecer entre eles”.

O Vicepresidente remarcou que “dende o Goberno da Deputación, dende fai anos, estamos comprometidos co proxecto do hortos urbanos, por este motivo decidimos investir preto de 120.000 euros a esta iniciativa que permite revalorizar espazos verdes da cidade e concienciar sobre a necesidade de levar a cabo un cultivo sostible e respectuoso coa terra na que vivimos. É fundamental educar aos rapaces dende pequenos no aproveitamento sostible dos recursos que nos ofrece o medioambiente, tan vital para o futuro da nosa provincia.”

Hortos urbanos da Deputación
Os hortos urbanos foi unha iniciativa pioneira do Executivo Provincial, posta en marcha no ano 2006 na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que ten como obxectivos fomentar un cultivo ecolóxico e respectuoso co medioambiente, impulsar a realización de actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, fomentar a participación cidadá e un desenvolvemento sostible, así como promover boas prácticas agrarias, unha alimentación e hábitos de vida saudables; e introducir a horticultura didáctica de cara á comunidade educativa. A día de hoxe, Agricultura y tecnología Agrotecnia, S. L. xestiona os máis de 10.000m2 de hortos urbanos do Río Rato e Paradai, repartidos en catro fincas diferentes que contan con 103 e 25 usuarios respectivamente.


This site is registered on wpml.org as a development site.