Comeza no Rato o primeiro obradoiro práctico de formación para os usuarios dos hortos urbanos da Deputación na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O primeiro obradoiro práctico do ano Toma de mostra de terra para análise e distinción de terra do cultivo e subsolo, enmarcado dentro do programa de formación de hortos urbanos da Reserva da Biosfera Terras do Miño, para os usuarios dos hortos da Deputación, celebrouse este xoves no Centro de Interpretación Terras do Miño. Así, este plan formativo para os máis de 100 usuarios que desfrutan dos terreos que a Deputación ten nas zonas do Rato e Paradai, está pensado para fomentar o interese pola agricultura ecolóxica e o respecto ao medio ambiente. Previamente, xa tiveron lugar dúas sesións teóricas neste mesmo escenario, coas que formar aos usuarios dos hortos.

As sesións prácticas, 5 en total, que continuarán a celebrarse ata o mes de xullo, estarán directamente relacionadas cos coidados dos cultivos e tratarán sobre diversos temas, tales como o cultivo mecanizado de parcelas, así como á identificación de pragas ou o uso da auga de rega. Ademais, estes obradoiro compleméntanse con outros tanto faladoiros nos que se darán nocións sobre abonado orgánico, a planificación do horto ou o tratamento preventivo e ecolóxico de pragas.

Os hortos urbanos foi unha iniciativa pioneira do Executivo Provincial, posta en marcha no ano 2006, que ten como obxectivos impulsar a realización de actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, fomentar a participación cidadá e un desenvolvemento sostible, así como promover boas prácticas agrarias, unha alimentación e hábitos de vida saudables; e introducir a horticultura didáctica de cara á comunidade educativa.


This site is registered on wpml.org as a development site.