A Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera súmase o Día Internacional do Medio Ambiente con documentais, coloquios e contacontos



– Trátase da iniciativa coa que o Executivo Provincial ofrece gratuitamente 10 actividades medioambientais para máis de 300 persoas, que terán lugar os días 3 e 4 de xuño no C.I. Terras do Miño e no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
– Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou no 982 22 78 12
O Goberno da Deputación súmase o Día Internacional do Medio Ambiente con documentais, coloquios e contacontos

O Goberno da Deputación súmase o Día Internacional do Medio Ambiente ofrecendo unha programación de actividades medioambientais, completamente gratuítas e para toda as idades, que terán lugar os días 3 e 4 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño e no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Trátanse dun total de 10 actividades nas que poderán participar máis de 300 persoas, entre as que se atopan coloquios, documentais, contacontos e rutas polo Paseo do Río Rato. Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou no 982 22 78 12.

Programación
O 3 de xuño terá lugar “O extraordinario inventario da natureza”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación. A primeira función será ás 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 70 prazas. No C.I. Terras do Miño terá lugar a proxección do documental e coloquio En todas as mans, nun horario de 11:30 a 13:30 horas. Hai un total de 40 prazas. Pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, se celebrará o coloquio “Novas formas de consumo enerxético”, no que tamén hai 40 prazas.

O 4 de xuño celebrarase no Salón de Actos da Deputación o contacontos “Merenda con pan de millo”. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 100 prazas. No C.I. Terras do Miño hai programado un “Paseo guiado e observatorio de aves polo Río Rato”, nun horario de 11:30 a 13:30 horas. Hai un total de 40 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.