A Deputación ofrece no primeiro trimestre do ano 14 novas actividades de educación ambiental gratuítas con 300 prazas



A Deputación de Lugo impulsa novas actividades de educación ambiental no primeiro trimestre do ano para difundir a reserva da biosfera Terras do Miño. Entre os meses de xaneiro e marzo, o Centro de Interpretación Terras do Miño, o Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito e o parque Rosalía de Castro de Lugo acollerán 14 actividades gratuítas con 300 prazas, entre elas, xornadas sobre consumo responsable, a calidade de augas e incendios, paseos guiados e cociña creativa, ademais de obradoiros de Entroido.

O prazo de inscrición para cada curso abrirase unha semana antes da realización do mesmo. A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en inscricions.deputacionlugo.org;a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org Poden tamén chamar ao teléfono 982.30.59.30 para obter máis información.As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

A programación
O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.

– Actividades para adultos
Xaneiro
11 de xaneiro –Plantas silvestres comestibles.De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

25 de xaneiro –Ungüentos e pomadas con plantas silvestres . Horario de 10:00 a 14:00 horas. 25 prazas.

Febreiro
1 de febreiro –Conservas artesanais de verduras. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

22 de febreiro –Produción e cultivo de plantas ornamentais . Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

Marzo
21 de marzo –Equinocio de primavera: a eclosión da naturaliza nas tarefas agrícolas Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

28 de marzo –Xornada introdución ás boas prácticas en fruticultura, o enxerto. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

– Actividades para familias
Xaneiro
18 de xaneiro –Consumo responsable e actividades tradicionais. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

Febreiro
29 de febreiro –Calidade de augas e incendios.Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

– Actividades infantís
Xaneiro
2,3 e 4 de xaneiro – Inverno no centro de interpretación. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas (6 a 13 anos).

Febreiro
24 e 26 de febreiro – Entroido no centro de interpretación. Horario de 10:00 a 14:00 horas. 25 prazas (5 a 14 anos).

Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito
O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, agás indicación contraria.

– Actividades para familias
Febreiro
15 de febreiro – Paisaxes sonoras da reserva: lagoas e campiña invernais. Horario de 10:00 a 14:00. 20 prazas.

Marzo
7 de marzo – Entre flores: o cuco manso e outros narcisos. Horario de 10:00 a 14:00. 20 prazas.

Parque Rosalía de Castro
O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Parque Rosalía de Castro, agás indicación contraria.

– Actividades para familias

Febreiro
8 de febreiro – Paseo guiado: os mundos do Miño. Horario de 10:00 a 13:00. 30 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.