Aberta a solicitude das actividades gratuítas para nenos da Deputación en AVIFAUNA



Aberta a solicitude das actividades medioambientais e gratuítas para nenos da Deputación de Lugo no parque zoolóxico Avifauna. Poderán participar máis dun cento de nenos e nenas. O número de prazas é limitado. Os interesados deberán anotarse no teléfono 982 242 053. O calendario é o seguinte:

25 de xuño
10:00-13:30 horas: Picos e patas. Adiviña quen vive aí.
A través deste obradoiro teórico-práctico, introduciranse entre os máis cativos conceptos como o da adaptación dos animais ao medio e a importancia que teñen os picos e as patas das especies como figura indicadora da súa forma de vida.

2 de xullo
10:00-13:30 horas: Para gustos…Cores.
Con esta iniciativa, explicarase aos nenos e nenas o porque do dimorfismo sexual que presentan moitas especias de aves, así como as diferenzas de cores entre machos e femias.

16 de xullo
10:00-13:30 horas: Están contentos en gaiolas?
Na xornada, trataranse os conceptos de conservación á hora de situar as coleccións zoolóxicas, afondando no benestar animal e como se aplica en AVIFAUNA.

23 de xullo
10:00-13:30 horas: Gardiáns do bosque. Salvemos ao Urogallo.
Obradoiro de carácter teórico-práctico enfocado a coñecer o Urogallo, o seu hábitat, as súas costumes… así como as ameazas que produciron a redución do número de exemplares, que a converteron nunha especie ameazada e en perigo de extinción.

30 de xullo
10:00-13:30 horas: Imos ao museo
Actividade no museo do parque AVIFAUNA, que funciona a modo de centro de interpretación de aves. Nela explicaranse aspectos como a paleontoloxía, taxonomía, morfoloxía ou comportamento de aves.


This site is registered on wpml.org as a development site.