Apróbase a concesión definitiva dos premios do VIII Concurso de Fotografía O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses



A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución do VIII Concurso de Fotografía O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. “Coa temática desta edición pretendíamos poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico destas Reservas da Biosfera que xestiona a Deputación, é que son unha das ferramentas importantes para o desenvolvemento da provincia”, explicou a Voceira socialista.

Os premiados deste 2025, segundo os criterios da Comisión Avaliadora, son: Javier Cabana Soengas, pola súa obra Arbóreo: Raíces dos Ancares, que recibirá o primeiro premio dotado con 800€; Ana María Taboada García, coa súa fotografía Crepúsculo no río Neira, será galardoado co segundo premio que está dotado con 500€; Iago Manoel Souto Lorenzo, que inmortalizouPota e forno de leña, tradición e patrimonio dos nosos fogares, acadará o terceiro premio que conta cun importe de 300€. Está previsto que o fallo saia publicado nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia.