Novas

  • Inicio
  • Novas
  • Articles Posted by andream andream
  •  ( Páxina 13 )

15.000 alumnos participarán nas actividades medioambientais do Goberno da Deputación nos colexios da provincia

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres nos xardíns do Pazo de San Marcos a 6ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que organiza a Deputación. No acto, participou tamén Llerena Perozo, autora dos manuais dos que disporán os centros de educación primaria da provincia co gallo dos días mundiais ...
Ler máis

Máis de 25 colectivos participan na Mesa de Turismo de Lugo organizada polo Goberno da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, mantiveron esta mañá en San Marcos un encontro cos máis de 40 participantes na Mesa de Turismo organizada polo Goberno da Deputación para debater sobre as oportunidades e ameazas do ...
Ler máis

O Goberno inicia a contratación para a xestión e mantemento dos Hortos Urbanos da Deputación na Reserva da Biosfera Terras do Miño

– Trátase dun contrato de servizos que contará coa supervisión de técnicos da Área de Medio Ambiente, que velarán polo correcto funcionamento do servizo – López Izquierdo destacou que “co contrato, dotado con 142.000 euros para 24 meses, buscamos mellorar o servizo e facelo máis eficiente, eficaz e participativo” – Son un total de 10.000 ...
Ler máis

Reunión dos xestores das 6 Reservas da Biosfera galegas no IBADER

O luns 6 de marzo celebrebouse no IBADER en Lugo unha reunión das 6 Reservas da Biosfera Galegas xunto co membro do Consello Científico responsable do seu seguimento, para realizar conxuntamente a avaliación de cada unha delas para o periodo 2015-2016, seguindo o Sistema de Indicadores aprobado polo Comité MaB español. A continuación, presentouse xunto ...
Ler máis

Máis de 350 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño

– Obradoiros de xaropes medicinais, fabricación artesanal de queixo fresco ou conferencias sobre cogomelos son só algunhas das actividades da nova programación – López Izquierdo lembrou que “durante este ano participaron máis de 1500 persoas de todas as idades a través dunha programación lúdica e formativa totalmente gratuíta” – O prazo de solicitude abrirá mañá ...
Ler máis

A Deputación celebrará xornadas técnicas para afondar na proliferación incontrolada do eucalipto en Terras do Miño

– No órgano de participación, posto en marcha pola Deputación, participaron un total de 27 representantes de colectivos e entidades sociais – No encontro acordouse estudar esta problemática en relación ao crecemento desta especies e que pode ameazar o equilibrio ecolóxico dos montes lucense – O órgano de participación decidiuse apoiar a reclamación dunha figura ...
Ler máis

Un proxecto do Campus Terra da USC para restauración de lagoas en Cospeito, premio Juana de Vega de Intervención na Paisaxe

O proxecto ‘Restauración das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, Cospeito-Lugo’, promovido por investigadores do Campus Terra da USC, gañou a primeira edición do Premio Juana de Vega en Intervencións na Paisaxe, na categoría de intervencións en espazos exteriores. O xurado encargado de fallar este galardón, dotado con 6.000 euros en metálico ...
Ler máis

Descóbrese na Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, un novo fungo para a ciencia

Xerocomellus poederi é o nome deste descubrimento, que demostra a gran riqueza e biodiversidade fúnxica existente nos ecosistemas desta Reserva Descóbrese na Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, un novo fungo para a ciencia A Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, foi o escenario dun novo achado para a ...
Ler máis

A Deputación convoca concursos de receitas con produtos de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

– López Izquierdo presentou o proxecto Receitas da Biosfera, unhapioneira iniciativa da Deputación para promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos – Inclúe dous concursos de receitas de tapas e menús con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos ...
Ler máis

A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

– O Presidente e a Deputada de Medio Ambiente presentaron o IV Campus de Emprendemento Sostible xunto a participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia – Por 1ª vez, o Campus chega aos centros con ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural para fomentar o ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.