Novas

  • Inicio
  • Novas
  • Articles Posted by andream andream
  •  ( Páxina 4 )

Expertos da Rede Española de Reservas da Biosfera coñecen experiencias de éxito en Terras do Miño e Ancares Lucenses

A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo mantivo un encontro, no Centro de Interpretación Terras do Miño, cos representantes de DialogosRB.net da Rede Española de Reservas da Biosfera que se achegaron á provincia para coñecer de primeira man as experiencias de éxito e boas prácticas que a Deputación desenvolve nas ...
Ler máis

Adxudicados os traballos de construción do carril para bicicletas no paseo do Rio Rato de 2,5 quilómetros

O Voceiro do Goberno en funcións, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, informaron este venres que a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou con 505.600 euros os traballos de construción no Paseo do Río Rato dun carril específico para bicicletas. Logo do proceso de contratación acadouse un aforro de 170.141 ...
Ler máis

275 persoas participarán gratis nas Actividades de Verán das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou este martes a nova programación das Actividades de Verán da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrarán durante os próximos meses na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e no Centro de Interpretación Terras do Miño. A programación inclúe cursos de ...
Ler máis

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle unha xornada sobre especies invasoras na Terra Chá

Este martes, o Centro de Interpretación Terras do Miño, acolleu a xornada sobre As especies invasoras na Terra Chá: inventario, alerta temperá e propostas de erradicación, na que participaron os biólogos e técnicos da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Roberto Hermida Lorenzo e Martiño Cabana Otero. Este encontro, achegou aos 9 participantes a información ...
Ler máis

Un Planetario Inchable concienciará a pequenos e maiores sobre o cambio climático na semana do Medio Ambiente

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres a programación que organiza o ente provincial ao redor do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o próximo mércores 5 de xuño. Fernández Queipo animou a todos os veciños a participar das actividades “ao tempo que ...
Ler máis

O SdeA da Deputación colabora co IES Terra Chá de Castro de Rei na gravación dun videoclip no castro de Viladonga

Alumnos do Centro de Formación de Audiovisuais do SdeA da Deputación (CFA) gravaron este xoves un videoclip no Castro de Viladonga na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Trátase dunha coreografía de percusión corporal, na que participaron preto de douscentos rapaces e profesores da ESO e BAC do IES Terra Chá José Trapero Pardo de ...
Ler máis

A Deputación leva a Portugal os recursos turísticos das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses no Expocidades 2019

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este xoves na inauguración de Expocidades 2019, a feira turística do Eixo Atlántico, que se celebra na localidade lusa de Braga do 30 de maio ao 2 de xuño e na que a Deputación conta cun stand propio ao formar parte desta entidade de colaboración ...
Ler máis

Continúa aberto o prazo de inscrición para a actividade Florecendo-retratando a natureza

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou que aínda quedan prazas dispoñibles para as próximas actividades medioambientais gratuítas que se levan a cabo no Centro de Interpretación das Terras do Miño. Trátase da actividade Florecendo-retratando a natureza, un curso fotográfico que se celebrará o vindeiro 25 e 26 de maio, o sábado en horario ...
Ler máis

A Reserva da Biosfera Terras do Miño amósase en Expovacaciones, o encontro internacional coa maior oferta turística do norte do Estado

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu á 40ª Feria Internacional de Turismo e Tiempo Libre Expovacaciones que, do 10 ao 12 de maio, terá lugar no Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo e no que a Deputación ten presenza cun stand propio para a promoción turística da provincia. Vidal Baamonde subliñou que “Expovacaciones é ...
Ler máis

Educación ambiental, nova actividade impulsada pola Deputación na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, informou, este xoves dunha nova actividade medio ambiental que se realizará na Reserva da Biosfera Terras do Miño o día día 4 de maio. É unha xornada sobre educación ambiental que se levará a cabo en Castroverde. Fernández Queipo subliñou que “dende o Goberno da Deputación continuamos apostando ...
Ler máis
This site is registered on wpml.org as a development site.