Novas

  • Inicio
  • Novas
  • Articles Posted by andream andream
  •  ( Páxina 7 )

A Deputación abre mañá o prazo para inscribirse nas novas actividades gratuítas Reserva Terras do Miño

A programación arrancará o vindeiro luns, 7 de abril, cun obradoiro de artesanía en madeira con flores secas e inclúe un total de 15 propostas de lecer saudable e educación ambiental dirixidas a un público adulto, infantil e familiar As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 982 227 812, ao 982 305 ...
Ler máis

O Presidente e o Alcalde de Lugo entregan 89 hortos no Rato “cos que seguimos a promover a agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables”

Mantiveron un encontro este xoves coas persoas e entidades beneficiarias deste proxecto da Deputación “que ten moitísima demanda polo seu carácter gratuíto e polo servizo de formación que ofrecemos” Estes espazos concedidos por un período de dous anos, contan cunha dimensión de 30 metros cadrados cada un e forman parte das 140 parcelas que a ...
Ler máis

A Deputación destaca a súa estratexia de xestión sostible no acto da Federación de Veciños polo Día da Árbore

– O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou nesta xornada, que se celebrou no barrio de Galegos de Lugo, e para a cal a institución provincial colaborou achegando 18 exemplares de árbores autóctonas e 250 plantas para os asistentes O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado no acto organizado ...
Ler máis

A Deputación premiará as mellores imaxes sobre o patrimonio etnográfico das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses cun total de 1.600 euros

A Deputación de Lugo abre o prazo para a presentación de fotografías no VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Os interesados teñen de prazo ata o 20 de xaneiro ...
Ler máis

Un cento de persoas participa esta semana nas Xornadas Micolóxicas que organiza a Deputación na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, inaugurou este luns xunto ao Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, as Xornadas Micolóxicas que se desenvolven ata o 19 de outubro no Pazo de San Marcos polas tardes. Esta iniciativa, que se enmarca na programación gratuíta e de lecer sobre educación ambiental que desenvolve a Deputación ...
Ler máis

Os residentes dos centros de maiores da Deputación participan en actividades medioambientais deseñadas para mellorar o seu benestar

Os residentes dos Centros de Atención a Maiores (CAMs) da Deputación de Lugo participan en diferentes actividades deseñadas pola institución provincial para mellorar o seu benestar físico e mental. Un herbario de plantas autóctonas, a creación dun pequeno horto con fins terapéuticos, decoración floral ou un taller de plantas aromáticas son algunhas das iniciativas postas ...
Ler máis

Aberto o prazo para solicitar os 83 hortos urbanos da Deputación dispoñibles no Parque do Rato

A Deputación de Lugo ten aberto desde hoxe, martes, o prazo para solicitar os 83 hortos urbanos dispoñibles no Parque do Rato. Poden optar a estes espazos, de xeito gratuíto, as persoas maiores de idade, empadroadas nos concellos de Lugo, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín ou Outeiro de Rei que estean exentas ...
Ler máis

A Deputación aproba unha nova convocatoria para adxudicar 83 hortos urbanos no Río Rato

A Xunta de Goberno aprobou este venres unha nova convocatoria para adxudicar un total de 83 hortos urbanos da institución provincial que quedaron dispoñibles no Paseo do Río Rato. Así o anunciou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, trala reunión celebrada esta mañá no Pazo de San Marcos. “Trátanse da sexta fase ...
Ler máis

Dúas feiras, unha proba deportiva e dous espazos de interese recibirán os Premios á Excelencia de Turismo e Gastronomía da Deputación

A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este xoves no Salón de Plenos a reunión do Consello Provincial de Turismo na que se fallaron os sextos Premios á Excelencia de Turismo nas categorías de Lugo Cambia ao Turismo Lucense, e, …E ...
Ler máis

A Deputación impulsa as Reservas da Biosfera destinando 110.000€ a 41 proxectos medioambientais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a listaxe definitiva das entidades sen ánimo de lucro que resultaron beneficiarias da liña de axudas de concorrencia competitiva que convoca a institución provincial para desenvolver proxectos medioambientais nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia ...
Ler máis