Ciclistas amateurs percorren a Vía Romana XIX cunha ruta BTT entre as Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño

– Un grupo de ciclistas amateurs percorreron este sábado a Vía Romana XIX, unha ruta BTT organizada pola Asociación Bike Stop Lugo entre as Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño e que contou co apoio do Goberno da Deputación.

Trátase dunha iniciativa coa que o Goberno da Deputación da a coñecer e pon en valor o patrimonio histórico e natural das Reservas da Biosfera Os Ancares Lucenses e Terras do Miño. A cita deu comezo o sábado, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, no Concello de Cervantes, e prevese que finalice cara ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa.

É ademais, unha ruta coa que se promove un itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia: Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo), prolongándose ata Astúrica Augusta (Astorga), e que, nos nosos días, atravesa 6 concellos da provincia: Cervantes, Becerreá, Baralla, Castroverde, O Corgo e Lugo, todos dentro de Reserva da Biosfera

Vía Romana XIX

A Vía XIX era unha calzada romana da época de Augusto, descrita no Itinerario de Antonino, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga), Ponche de Lima, Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Rei), Iria, Martiae, Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).


This site is registered on wpml.org as a development site.