20 persoas participan no Centro de Interpretación Terras do Miño no obradoiro gratuíto sobre a cociña con plantas silvestres



20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Cociña con plantas silvestres, que ofreceu o Goberno da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño, enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do Executivo Provincial para o primeiro trimestre do ano. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou que “este era un obradoiro destinado a por en valor as plantas silvestres que nos rodean, aprendendo a apañalas, identificalas e utilizalas”.

Fernández Queipo subliñou que “as actividades medioambientais da Deputación buscan coñecer a contorna natural que nos rodea. Por iso, este curso fixo posible que 20 lucenses se familiarizaran cos beneficios de manter un equilibrio co sistema natural que nos ofrece alimentos ou medicinas”.

O obradoiro tivo unha duración de 8 horas nas que os participantes saíron ao campo para recibir recomendacións sobre as precaucións a tomar á hora de recoller as plantas, para prexudicar o menos posible a contorna. Trala ruta de identificación e colleita, realizouse un obradoiro de cociña, no que aprenderon distintas formas de preparar a plantas, co fin de sacarlles o máximo partido.


This site is registered on wpml.org as a development site.