Noticias

A Deputación involucra aos concellos e ao tecido asociativo no novo Plan de Xestión da Reserva Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este xoves nas mesas sectoriais sobre medio ambiente e desenvolvemento económico da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebraron nas Aulas de Formación anexas ao Pazo de San Marcos coa participación de 8 entidades, entre concellos e asociacións. Con estes encontros, a Deputación avanza no ...
Leer más

A Deputación amosa a 20 alumnos da USC a importancia da xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo amosou este mércores a 20 alumnos e alumnas da Universidade de Santiago de Compostela a importancia da xestión dun territorio tan valioso como as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para favorecer a súa protección e conservación, así como o seu desenvolvemento sostible. Na xornada, que se ...
Leer más

A Reserva da Biosfera Terras do Miño colabora co voluntariado ambiental na organización dunha recollida de residuos na Tolda en Lugo

A Reserva da Biosfera Terras do Miño colabora co voluntariado ambiental xunto con outros colectivos ecoloxistas na organización dunha actividade de recollida de residuos e dun obradoiro didáctico de pegadas e rastros de basuraleza en entornos naturais. Esta actividade de sensibilización medioambiental terá lugar no parque da Tolda de Lugo mañá, das 16:00 ás 20:00 ...
Leer más

Educación ambiental con el Miño como escenario

Una jornada de educación ambiental con la cuenca del río Miño (las Insuas do Miño y Ollos de Begonte) como escenario. Los valores de flora y de fauna de la Reserva da Biosfera Terras do Miño fueron explicados este sábado, dentro de una iniciativa que incluyó teoría y práctica. Uno de los apartados consistió en ...
Leer más

A Deputación, modelo de custodia do territorio nun foro sobre xestión ambiental das Baleares

Estes encontros, organizados por Iniciativa de Custòdia del Territori de les Illes Balears (ICTIB), tiveron lugar de forma online e participaron unha vintena de representantes de municipios e Consellos Insulares de Baleares O organismo provincial ten en marcha dende o ano 2014 un proxecto para dinamizar as zonas de alto valor ecolóxico e social da ...
Leer más

A Deputación acolle a presentación dun novo número da revista de micoloxía Micolucus

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu este mércores a presentación do número 6 da revista Micolucus, unha publicación anual especializada en micoloxía. O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, presentou o acto e agradeceu a labor divulgativa da Sociedade de Micoloxía Lucus. O Presidente da entidade, Julián Alonso, explicou que este ...
Leer más

As Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses apoian a candidatura da Ribeira Sacra a esta distinción

Na reunión da xerencia do espazo recoñecido pola UNESCO celebrada esta mañá en Lugo, na que participou o Presidente da Deputación,acordouse tamén solicitar a incorporación desta zona protexida no Consello Provincial de Turismo O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, e a deputada de ...
Leer más

Cereixas e moras nos bosques do Life

NA CONTORNA do humidal das Gándaras, situado entre os polígonos do Ceao e das Gándaras e onde nacen algunhas das fontes que dán auga ao río Rato, o Concello e a Escola Politécnica de Lugo plantaron hai pouco máis de dous anos uns 15.000 exemplares de árbores, arbustos e outras plantas, todas elas autóctonas, de ...
Leer más

Expertos da Rede Española de Reservas da Biosfera coñecen experiencias de éxito en Terras do Miño e Ancares Lucenses

A Deputada de Promoción Económica e Social en funcións, Sonsoles López Izquierdo mantivo un encontro, no Centro de Interpretación Terras do Miño, cos representantes de DialogosRB.net da Rede Española de Reservas da Biosfera que se achegaron á provincia para coñecer de primeira man as experiencias de éxito e boas prácticas que a Deputación desenvolve nas ...
Leer más

275 persoas participarán gratis nas Actividades de Verán das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou este martes a nova programación das Actividades de Verán da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrarán durante os próximos meses na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e no Centro de Interpretación Terras do Miño. A programación inclúe cursos de ...
Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.