Noticias

Éxito rotundo das actividades ambientais da Reserva Terras do Miño, que esgotaron case todas as prazas do 3º trimestre en só 30 minutos

A programación de actividades ambientais da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o 3º trimestre foi todo un éxito no seu primeiro día de inscricións. A Deputación de Lugo abriu esta mañá o prazo e, en tan só 30 minutos, esgotáronse case todas as prazas ofertadas. Das 80 prazas dispoñibles, actualmente só quedan libres ...
Leer más

O Presidente conmemora o Día do Medio Ambiente cos nenos e nenas que participan nun taller organizado pola Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves ás ducias de persoas que participaron no obradoiro familiar, organizado pola institución provincial, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Os cativos e cativas, acompañados polas súas familias, elaboraron diversos marcapáxinas a partir de plásticos reciclados, unha actividade de educación ambiental da ...
Leer más

A Deputación organiza un obradoiro para concienciar sobre a redución do uso de plásticos no Día Mundial do Medio Ambiente

A Deputación de Lugo organizará o día 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, un obradoiro de educación ambiental que se inclúe na programación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e que está destinado a concienciar á cidadanía sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos, promovendo a reutilización e a creatividade. ...
Leer más

A Deputación aproba o encargo a Tragsa dos traballos de recuperación da contorna do Río Rato

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres encargar á empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, a execución dos traballos para a recuperación do paseo do Río Rato na Reserva da Biosfera Terras do Miño, tras os danos provocados pola borrasca Oliver. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, ...
Leer más

O Presidente anuncia que a Deputación investirá máis de 175.000€ na restauración da contorna do Río Rato, na RB Terras do Miño

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este xoves que a institución provincial destinará máis de 175.000€ á restauración da contorna do Río Rato. Explicou que con motivo do “episodio meteorolóxico extremo” que viviu Lugo o pasado 11 de abril, as crecidas dos ríos Rato e Fervedoira causaron importantes estragos neste espazo natural que ...
Leer más

O alumnado do IES Pedregal de Irimia visita a Aldea das Formigas de San Clodio no marco do Campus de emprendemento sostible de Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, mantivo un encontro este xoves na Vida de aldea de San Clodio, en Outeiro de Rei, cos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia de Meira que participaron nunha nova xornada do Campus de Emprendemento Sostible, a iniciativa, que ten en marcha ...
Leer más

A Deputación de Lugo promociona as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses na feira Expovacaciones de Bilbao

A Deputación de Lugo participa estes días na 45 edición da feira Expovacaciones, que se celebra en Bilbao dende este venres ata o domingo, cun stand propio no que dá a coñecer a ampla e variada oferta turística da provincia. A institución provincial presenta en Euskadi un destino cheo de recursos naturais, paisaxes únicas, arte ...
Leer más

A Deputación abre o prazo para solicitar 340.000€ en axudas ás entidades das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

Son dúas liñas de subvencións: unha destinada a financiar actividades relacionadas co lecer saudable nas Terras do Miño e nos Ancares Lucenses; e outra nova convocatoria para apoiar accións que promovan a posta en valor do patrimonio destes territorios As peticións poderán presentarse vía electrónica ata o 23 de maio e a convocatoria así como ...
Leer más

A Deputación aproba triplicar este ano as axudas ao tecido asociativo das Reservas con 340.000€

A Xunta de Goberno sacou adiante unha nova convocatoria para que as entidades de Terras de Miño e Ancares poidan optar a subvencións de entre 2.000 e 12.000€ para financiar accións que promovan a posta en valor do patrimonio destes territorios Ademais deu luz verde a incrementar, nun 72%, a liña das achegas destinadas a ...
Leer más

A Deputación premiará as mellores imaxes sobre o patrimonio etnográfico das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses cun total de 1.600 euros

A Deputación de Lugo abre o prazo para a presentación de fotografías no VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Os interesados teñen de prazo ata o 20 de xaneiro ...
Leer más