Fallados os premios do concurso fotográfico de Bosques das Reservas

– A fotografía gañadora, que recibirá un premio de 800 euros, leva o nome de Entreaugas, e é a do lucense Óscar Abelleira Ferreirós.

– O segundo e terceiro premio son para Julia García Vizcaíno, coa obra Manto de Outono, e Luís Miguel López Ferreiro, con Mirando dende a ponte.

Fallados os premios do concurso fotográfico de medio ambiente Os Bosques nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, iniciativa organizada pola Deputación de Lugo dentro da súa liña de promoción e fomento da riqueza natural da provincia. O xurado reunido o pasado día 19 de decembro, decidiu que as fotografías premiadas son:

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 800 euros: Entreaugas, de Óscar Abelleira Ferreirós
SEGUNDO PREMIO, dotado con 500 euros: Manto de Outono, de Julia García Vizcaíno
TERCEIRO PREMIO, dotado con 300 euros: Mirando dende a ponte, de Luís Miguel López Ferreiro
Na paxina web www.deputacionlugo.gal atópase o banner do concurso no que xa aparecen reflexados os gañadores. Durante as vindeiras semanas comunicaráselle aos tres premiados do concurso o día para a entrega oficial dos premios, que será a cargo da Deputada de Medio Ambiente e Enexías Renovables, Sonsoles López Izquierdo.


This site is registered on wpml.org as a development site.