20 persoas aprenden no Rato alternativas ecolóxicas para crear xardíns verticais, nun obradoiro gratuíto da Deputación



20 persoas participaron este sábado no obradoiro gratuíto Xardíns ecolóxicos e verticais con materiais reciclados, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos participantes nocións básicas sobre as distintas posibilidades ecolóxicas existentes para a construción de distintos tipos de xardíns verticais ou muros con materiais ecolóxicos para o cultivo ornamental.

A través desta programación, a Deputación busca fomentar a participación cidadá e difundir entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, cara a un desenvolvemento sostible, ao tempo que se dá a coñecer a contorna natural que a rodea, co fin de aprender a respectala e coidala.

O obradoiro tivo unha duración de catro horas, sendo a primeira de carácter teórico, co fin de que os participantes se achegasen ao manexo de plantas e se familiarizases cos coidados como rego ou abonado. As tres horas restantes destináronse a pór en práctica as nocións adquiridas e a elaborar muros verdes con materiais reciclados, tales como como botellas, tubaxe ou cordas.


This site is registered on wpml.org as a development site.